Morgana En Esmelle: Obra literaria de Begoña Caamaño

Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012.

Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.

Morgana en Esmelle
Autor/aBegoña Caamaño
CubertaEdward Burne-Jones
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 308
Tema(s)Materia de Bretaña
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2012
FormatoRústica con lapelas
Páxinas220
ISBN978-84-9865-412-7
editar datos en Wikidata ]

Trama

Morgana En Esmelle: Trama, Narración, Notas 
A sedición de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).

No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenevra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.

Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Camelot para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenevra non é tal, posto que Xenevra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.

Narración

A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.

A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda na obra Merlín e familia. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na web de Editorial Galaxia.

Tags:

Morgana En Esmelle TramaMorgana En Esmelle NarraciónMorgana En Esmelle NotasMorgana En Esmelle Véxase taménMorgana En Esmelle

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Catedral de Santiago de CompostelaRías Baixas (serie de televisión)Emilio Aragón BermúdezPortolamoso, Curtis, CurtisLeitzaldeaPosición do misioneiroPovoaçãoTotó GarcíaMiguel SolísLeninismoMarmelo (doce)Grupo RompenteDelfínRevolución galega de 1846Manuel FragaCuruxa comúnVictoria Núñez LópezAlfonso Basterra CamporroPalauJackson PollockBandeira de GaliciaAlcaldes da CoruñaCÁnxel CasalGuerraTeoría de númerosCambadosPunta UmbríaDavid BeckhamXosé Ramón GayosoAntónio de Oliveira SalazarFigueresRibadeoAdrenalinaDomingoCarballoMauro ScaloniMario CaneiroFlora invasora de GaliciaMark Lewis JonesCorzoAmérica do NorteLontreiraNightmare Alley (filme de 2021)OurenseBeatriz LuengoInfinitivo conxugadoPedro SánchezFesta da Palabra SilenciadaManuel Gago MariñoPalmaBerrogüettoHolocaustoCessna T-37 TweetPablo EcheniqueCharles DarwinFrancisco Porto MellaIsabel II do Reino UnidoNoelia ReyCunnilingusOldhamPastora Dominga González ViéitezBlogQueiroaVertoÁlbum de la CaridadPerífrases verbais galegasEmilio Aragón ÁlvarezFran AlonsoRamón CabanillasMaría Pita🡆 More