Monte Athos

A República de Monte Athos (en grego Άγιο Όρος, Montaña Sagrada) é un estado monástico (República Athos) que se localiza nunha península na rexión de Macedonia e está baixo soberanía grega.

Mesmo pertencendo formalmente ao territorio da Grecia, que mantén unha especie de gobernador, é na verdade unha "entidade teocrática independente". Para entrar neste territorio é necesario un permiso especial, a pesar de que Grecia sexa parte da Unión Europea e teña abolido os controis fronteirizos.

Monte Athos
Monte Athos
Monte Athos
Monte Athos en Grecia
Monte Athos
Monte Athos
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísGrecia Grecia
Localización40°09′26″N 24°19′35″L / 40.15722, -24.32639
TipoMixto
CriteriosI, II, IV, V, VI, VII
Inscrición1988 (12ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador454
Monte Athos
Mapa de Grecia no que se resalta a localización do Monte Athos en vermello.

O territorio desta pequena república está situado na península Calcídica e é habitado por cerca de 1500 monxes ortodoxos distribuídos en vinte mosteiros principais. Cada un destes mosteiros elixe o seu propio superior e aos representantes para a Santa Asemblea, que exerce o poder lexislativo sobre todo o Monte Athos.

A única forma de chegar ao Monte Athos é por barco, partindo da cidade de Uranópolis. Tratándose dun territorio habitado exclusivamente por monxes, só poden entrar nel homes e animais do sexo masculino.

Monte Athos
Mosteiro de Símonos Pétra

Este pequeno enclave abriga preciosos tesouros artísticos: antigos manuscritos, iconas e frescos pintados polos máis ilustres representantes da pintura bizantina. Desde as súas orixes, a Montaña Sagrada hospedou místicos e mestres espirituais cuxos escritos foron recollidos no século XVIII nunha célebre antoloxía - a Filocalia - que influenciou profundamente o mundo ortodoxo.

Historia

Monte Athos 
Un modelo 3D de Athos

Antigüidade

Monte Athos 
Vista imaxinaria do monumento de Alexandre, proposta por Dinócrates. Gravado de Johann Bernhard Fischer von Erlach, 1725

Na mitoloxía grega, Athos é o nome dun dos Xigantes que desafiou aos deuses gregos durante a Xigantomaquia. Athos lanzou unha enorme pedra contra Poseidón que caeu no mar Exeo e converteuse no Monte Athos. Segundo outra versión da historia, Poseidón usou a montaña para enterrar ao xigante derrotado.

Homero menciona a montaña Athos na Ilíada. Herodoto escribe que, durante a invasión persa de Tracia no 492 a.C., a frota do comandante persa Mardonius naufragou con perdas de 300 barcos e 20.000 homes, por un forte vento do norte mentres intentaba rodear a costa preto do Monte Athos. Herodoto menciona a península, entón chamada Akte, dicíndonos que os Pelasgos da illa de Lemnos poboaban e nomea nela cinco cidades, Sane, Kleonai (Cleonae), Thyssos (Thyssus), Olophyxos (Olophyxus), e Akrothoon (Acrothoum). Estrabón tamén menciona as cidades de Dion (Dium) e Akrothoon. Eretria tamén estableceu colonias en Akte. Polo menos outra cidade estableceuse no período Clásico: Akanthos (Acanthus). Algunhas destas cidades acuñaron as súas propias moedas.

A península estaba na ruta de invasión de Xerxes I, quen pasou tres anos escavando a Canle de Xerxes atravesou o istmo para permitir o paso da súa frota invasora no 483 a.C. Despois da morte de Alexandre o Grande, o arquitecto Dinócrates (Deinocrates) propuxo esculpir na montaña enteira unha estatua de Alexandre.

Plinio o Vello afirmou no 77 d.C. que os habitantes do Monte Athos podían "vivir ata os catrocentos anos" debido ao feito de que comen a pel de víboras.

A historia da península durante as últimas idades está envolta pola falta de relatos históricos. Os arqueólogos non puideron determinar a localización exacta das cidades informadas por Estrabón. Crese que debían estar abandonadas cando os novos habitantes de Athos, os monxes, comezaron a chegar nalgún momento antes do século IX d. C..

Cristianismo primitivo

Monte Athos 
A península vista desde o cumio do Monte Athos

Segundo a tradición athonita, a Virxe María navegaba acompañada por San Xoán Evanxelista desde Jope ata Chipre para visitar Lázaro. Cando o barco desviouse do rumbo cara ao entón pagán Athos, viuse obrigado a fondear preto do porto de Klement, preto do actual mosteiro de Iviron. A Virxe chegou á costa e, abafada pola marabillosa e salvaxe beleza natural da montaña, bendiciuna e pediulle ao seu Fillo que fose o seu xardín. Escoitouse unha voz que dicía: "Ἔστω ὁ τόπος οὗτος κλῆρος σὸς καὶ περιβόλαιον σὸν καὶ παράδεισος, ἔτι δὲ καὶ λιμὴν σωτήριος τῶν θελόντων σωθῆναι" (Tradución: "Que este lugar sexa a túa herdanza e o teu xardín, un paraíso e un remanso de salvación para os que buscan salvarse"). Desde ese momento a montaña consagrouse como xardín da Nai de Deus e quedou fóra do alcance para todas as demais mulleres.

Os documentos históricos sobre a historia do antigo Monte Athos son moi poucos. É certo que os monxes levan alí dende o século IV, e posiblemente dende o III. Durante o reinado de Constantino I (324–337) tanto cristiáns como seguidores da relixión tradicional grega vivían alí. Durante o reinado de Xuliano (361–363), as igrexas do Monte Athos foron destruídas, e os cristiáns agocháronse nos bosques e lugares inaccesibles.

Máis tarde, durante o reinado de Teodosio I (379–395), os templos da relixión tradicional grega foron destruídos. O lexicógrafo Hesiquio de Alexandría afirma que no século V aínda había un templo e unha estatua de "Zeus Athonita". Despois da conquista islámica de Exipto no século VII, moitos monxes ortodoxos do deserto exipcio intentaron atopar outro lugar tranquilo, algúns deles chegaron á península de Athos. Un documento antigo afirma que os monxes "construían cabanas de madeira con tellados de palla [...] e recollían froitos das árbores silvestres facendo comidas improvisadas".

Os vinte mosteiros autónomos

Monte Athos 
Mapa do Monte Athos
  1. Megísti Lávra
  2. Vatopédi
  3. Iviron
  4. Chilandariou
  5. Dionysiou
  6. Koutloumousiou
  7. Pandokratoros
  8. Xiropotamou
  9. Zografou
  10. Dochiariou
  11. Karakalou
  12. Philotheou
  13. Simonos Petras
  14. Agiou Pavlou
  15. Stavronikita
  16. Xenofondos
  17. Osiou Grigoriou
  18. Esfigmenou
  19. Agiou Panteleimonos
  20. Konstamonitou

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Monte Athos HistoriaMonte Athos Os vinte mosteiros autónomosMonte Athos NotasMonte Athos Véxase taménMonte AthosGreciaLingua gregaMacedonia, GreciaUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lapa (molusco)ArceEsvásticaSantiago de CompostelaGabriel García MárquezQuímicaQLeón, EspañaKarl MarxSete Sabios da Fraga de BambúMarcos PereiroVictoria Núñez LópezMazáSalgueiroTimothée ChalametMonomitoNintendo DSO divino saineteRocco SiffrediGarbiñe MuguruzaXabarín ClubAndorraRebeliom do InframundoParáfraseEthan HawkeGala Murguía de CastroAlmibreGuerraMalores VillanuevaManuel María Puga PargaVisigodosCaldas de ReisSokramExeria (escritora)Río MiñoGranma (iate)Fala de EstremaduraReconquistaNino BravoSancho GraciaPosición do canVilalbaReal Academia GalegaXosé Luís Franco GrandeOurenseGalería de imaxes de flores de GaliciaGlobo aerostáticoChubby CheckerAntonio Fernández RivadullaAna PeleteiroBárbaroShōgunVigoEmilia Pardo BazánMartiño de DumioElvira Fernández BalboaOs PinosAna BelénAntón Villar PonteHórreo24 de abrilLista das árbores de GaliciaNacho CastañoDeus, porque es tan fato!Normativa oficial do galegoLingua betawiEllen DeGeneresPilar AbellaRacing Club de FerrolChantadaMiss Vaca (certame)Ana Turpin🡆 More