Misión Bepicolombo

A misión BepiColombo é unha misión de observación e exploración do planeta Mercurio levada a cabo en colaboración entre as axencias espaciais europeas (ESA) e xaponesa (JAXA)..

Traxectoria animada da misión.
Traxectoria animada da misión.

Características

Foi lanzada cun Ariane 5 dende a base da ESA en Kourou, representando unha carga de lanzamento de 4100 kg.

A misión componse de dúas naves, Mercury Planetary Orbiter (MPO), liderado pola ESA, e o Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO), liderado por JAXA, transportadas ata destino polo Mercury Transfer Module (MTM), construído pola ESA:

  • Mercury Planetary Orbiter acubilla 11 experimentos cos seus correspondentes instrumentos nunha nave estabilizada nos tres eixos e tendo como referencia ó Nadir.
  • Mercury Magnetospheric Orbiter transporta unha carga de cinco instrumentos nunha nave xiratoria.

Lanzada en outubro de 2018, aproveita o tirón gravitacional para chegar a destino, orbitar Mercurio en decembro de 2025, despois de sobrevoar por nove veces diversos planetas:

  • Un sobrevoo á Terra en abril de 2020; aproximación a 12 700 km de altura ás 06:24:58 hora oficial en España (CEST), atravesando o ceo de leste a oeste cunha magnitude de 8. Supón unha ralentización de case 5 km/s na súa velocidade.
  • Dous a Venus en 2020 e 2021;
  • Mercurio, seis veces entre 2021 e 2025. A primeira aproximación a Mercurio, a tan só 199 km, produciuse o 1 de outubro de 2021.

Correccións suplementarias son efectuadas polo sistema de propulsión iónico de MTM.

Na viaxe a destino segue unha órbita de transferencia heliocéntrica, e en Mercurio as dúas naves seguirán órbitas diferentes:

  • MPO: órbita polar de 400 × 1508 km, cun período de 2,3 h
  • MMO: órbita polar de 400 × 11 824 km, cun período de 9,3 h

A duración prevista da misión arredor de Mercurio é dun ano.

Notas

Tags:

Axencia Espacial EuropeaAxencia Xaponesa de Exploración AeroespacialMercurio (planeta)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Google ChromeComarcas de GaliciaEuropaLleidaMosteiro de Santa María de OseiraEzio Flavio BazzoMéxicoDiáspora galegaAgora RepúblicasIndonesiaPoloniaFernão de MagalhãesEnid BlytonEsvásticaDaniel de la SotaCreative CommonsLista das aves de Galiciad05oxGuepardoKanye WestMaría Jamardo2004A EstradaPatricia VázquezAda NegriRibadeoUS AirwaysLiam NeesonForzas armadasKaty PerryEminemO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesJosé María BesteiroFundación WikimediaApartheid2024Miguel Ángel Zabalza BerazaSupremme de LuxeLista de concellos de PontevedraBucetaCarqueixaPartido Comunista pola República GalegaAlcaldes da CoruñaAntolín FaraldoManuel AntonioMasturbación coas mamasPenélope CruzMediaWikiJake GyllenhaalSalviaDeportivo da CoruñaRepública Social ItalianaGustave MoreauParroquias de GaliciaDune (filme de 2021)1869Democracia OurensanaBloque Nacionalista GalegoRosendo SalvadoLeonardo DiCaprioJosé Luis Iglesias LagoTarazonaO IrixoMarta DarribaMandiocaBasilio Río BrenllaManuel MongeCamariñasNacionalsocialismoCallitriche hamulataCelanovaA.C. Milan🡆 More