Merostomados: Clase de artrópodos

A dos merostomados (Merostomata) é unha pequena clase de artrópodos do subfilo dos quelicerados, moi próximos aos arácnidos.

O que diferencia á clase dos merostomas da clase dos arácnidos é a función do prosoma (parte anterior do corpo) e do opistosoma (parte posterior do corpo). O prosoma dos merostomas está formado por un grande escudo indiviso, e o opistosoma está constituído por varios seegmentos con apéndices birrámeos.

Todos os seus membros (na actualidade só se coñecen catro especies viventes) están comprendidos na orde dos xifosuros.

Características

Ao igual que os arácnidos, teñen un par de quelíceros xunto á boca e o corpo dividido en dúas rexións, o prosoma (cefalotórax) e o opistosoma (abdome). Porén, diferéncianse dos arácnidos pola falta de pedipalpos, que foron substituídos por outro par de patas marchadoras, polo que teñen 5 pares de patas en lugar de 4.

O opistosoma divídese, como nos escorpións, en dúas seccións, chamadas respectivamente mesosoma (ou preabdome) e metasoma (ou postabdome).

En todos os casos trátase de animais acuáticos, con branquias, aínda que algunhas especies dos extintos euriptéridos eran probabelmente anfibias.

Os únicos merostomas actuais, con moi poucas especies, son os xifosuros, coñecidos popularmente como "potas das Molucas" e "cangrexos de ferradura". A escasa representación actual do grupo non dá a medida da súa importancia no pasado.

Taxonomía

Merostomados: Características, Taxonomía, Notas 
Limulus polyphemus, segundo Haeckel.
Merostomados: Características, Taxonomía, Notas 
Anatomía dun Eurypterus.
Merostomados: Características, Taxonomía, Notas 
Un xigantostráceo.

Descrición

A clase dos merostomados foi descrita en 1866 polo Wiki Galegoxeólogo inglés Henry Woodward, na súa obra Monograph of the British Fossil Crustacea, Order Merostomata.

O termo foi utilizado orixinalmente por James Dwight Dana para referirse só aos Xiphosura, pero foi emendado por Henry Woodward para comprender a ambos os grupos.

Etimoloxía

O nome Merostomata está formado polos elementos do latín científico mero- e -stomata derivados do grego antigo μηρός merós, "coxa", e στόμα stóma, "boca", facendo referencia a que etes animais teñen apéndices que son pezas bucais no seu extremo proximal, pero patas natatorias no seu extremo distal.

Clasificación

Os merostomados clasificáronse tradicionalmente en dous grupos coa categoría de subclase: os xifosuros (Xiphosura) e os euriptéridos (Eurypterida). Estes últimos extinguíronse ao final do paleozoico.

Actualmente discútese a conveniencia de seguir reunindo estes dous grupos nunha clase, visto que os euriptéridos parecen estreitamente relacionados coa orixe dos escorpións, na base do clado dos arácnidos.[Cómpre referencia]

Xifosuros

Os xifosuros inclúen só catro especies viventes, sendo a máis común Limulus polyphemus, o cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si. Considéranse fósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 450 millóns de anos de existencia (aparecen por primeira vez no rexistro fósil o ordovícico inferior).

Euriptéridos

Os euriptéridos ou xigantostráceos extinguíronse ao final do paleozoico. Eran acuáticos ou anfibios, e destacan por ter alcanzado os maiores tamaños entre os artrópodos (até 2,5 m de lonxitude).

Adoitan coñecerse vulgarmente co pouco afortunado nome de escorpións mariños, xa que a parte posterior do corpo recorda á dos escorpións por presentaren un metasoma máis estreito que o prosoma, pero carecían de glándula velenosa; os euriptéridos non son escorpións, nin están emparentados con eles. Coñécense máis de 300 especies fósiles.

Clasificación actual

Segundo o ITIS, a clasificación actual dos merostomados é a seguinte:

Clase Merostomata

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrates. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology, 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Merostomados CaracterísticasMerostomados TaxonomíaMerostomados NotasMerostomados Véxase taménMerostomadosArtrópodosArácnidosClase (bioloxía)FiloQuelicerados

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de ríos de GaliciaMullerXPontevedraGalizaNairaMúsica tradicional galegaEstrutura secundaria das proteínasSão PauloCampo da RataEvencio FerreroEleccións municipais en ArteixoLeonardo da VinciAndorraYPneumáticaFirefly LaneAntonio López DíazLaura FalcóObxectivos de Desenvolvemento SostíbelBiblioteca Galega 120Ácido fólicoBenito KamelasSantiago de CompostelaGalipedia6RexurdimentoLista de palabras galegas de orixe celta8Irmandades da FalaCatión de amonio cuaternarioBirimbao (instrumento musical)Golfiño comúnCopa España (fútbol)OríxenesCachenaMiñocaBerensonBlas García PiñeiroLe VilliCampus de SerantesChanfaina galegaFreixoPesticidaAnticorpoQueixoLeyma1999Pardo de CelaLotaríaXosé BallesterosEncyclopædia BritannicaRomán Rodríguez GonzálezPepo SuevosOrquídeaHHans Staden (filme)Feliciano RolánQuintaIsabel I de InglaterraJosé Luis Sanmartín MatoAgostoXosé Luís BernalMarta DacostaHerexíaSan Miguel de Presqueiras, ForcareiAníbal MalvarEscola Universitaria Politécnica de FerrolConcellos de GaliciaCantigas de Santa MaríaMiguel Ángel Zabalza BerazaLista de monarcas de Galicia🡆 More