Mercados Emerxentes

Un mercado emerxente é unha economía de mercado relativamente retardada mais en proceso de rápida industrialización ou crecemento.

Porén, non hai unha definición única ou universal. En xeral, os mercados emerxentes non inclúen aqueles países altamente industrializados ou desenvolvidos nin tampouco aqueles que aínda non comezaron o camiño cara ó desenvolvemento dos seus mercados.

Mercados Emerxentes
Malia que non hai un número determinado de economías emerxentes, neste mapa amósanse os países que son recoñecidos maioritariamente coma tales.

O termo, que se popularizou durante a década de 1980 grazas ó economista Antoine van Agtmael do Banco Mundial, emprégase a miúdo como sinónimo de "economía emerxente", malia que fai referencia normalmente a aquelas economías en transición ó desenvolvemento. Os mercados emerxentes tiveron un nivel de madureza nas súas institucións de mercado e non só unha renda per capita superior á dos países subdesenvolvidos; deben ter unha poboación relativamente elevada, con moitos recursos, e deben ser participantes críticos dos acontecementos económicos da súa contorna.

Non hai un número determinado de mercados emerxentes, mais os dez meirandes son: México, o Brasil, a Arxentina, Suráfrica, Polonia, Turquía, India, Indonesia, a República Popular da China e Corea do Sur.

Segundo Goldman Sachs as oito economías emerxentes e en desenvolvemento máis grandes, xa sexa polo PIB nominal ou axustado á inflación so os países BRIC (o Brasil, Rusia, a India e a China), así coma os MIST (México, Indonesia, Corea do Sur e Turquía).

A Área de Libre Comercio ANSA-China púxose en marcha o 1 de xaneiro de 2010, sendo o meirande mercado rexional emerxente do mundo.

Notas

Tags:

País desenvolvido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Martín SarmientoUniversidade de Santiago de CompostelaFrancisco Varela OuroPablo EscobarA gaita gallega (libro)Xabier DíazMariano RajoyBreogánHindemburg Melão Jr.Beatriz LuengoRías Baixas (serie de televisión)Ollos de augaCarrizo (paxaro)Oman AirSupermanPere Pau Ripollès AlegreAs leis de CelavellaEstados Unidos de AméricaDepartamento de ApurímacRevolución dos CaraveisÁlvaro Porto DapenaXosé Manuel PiñeiroManuel Lourenzo SobralNacho VegasMauro ScaloniClint EastwoodGonzalo LouzaoSerés, Serés, CastroverdeXurxo AyánHolocaustoGame Boy Advance SPAC-456Aliança CatalanaLista de programas de Televisión EspañolaAires da miña terraPedro RieloVincent van GoghGaliciaBolboretaHarvey WeinsteinCarlos de Matos GomesTransformador HLA-DMFelaciónLista de episodios de Shin ChanXeración dos 80As dúas MaríasRepública Democrática do CongoDeserto do SáharaXestaCharles WhiteAdrenalinaDelfínPortadaFesta da Palabra SilenciadaAlcaldes da CoruñaSílvia OrriolsMoinante2020Ibn al-AbbarJosé Luis Rodríguez ZapateroBandeira de GaliciaCarmen LovelleGuerraJohannes VermeerUniversidade de ManchesterPosición do misioneiro invertidaSonia MéndezMaría a BalteiraPablo Iglesias Turrión🡆 More