Mósquidos

A dos mósquidos (Moschidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes coñecidos vulgarmente como cervos almiscreiros.

Mósquidos
Moschidae
Cervos almiscreiros
Mósquidos
Moschus moschiferus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Moschidae
(Gray, 1821)
Xénero: Moschus
(Linnaeus, 1758)
Especies
    Véxase o texto

A familia está conformada por un só xénero, Moschus, que á súa vez integra a sete especies.

Características

Mósquidos 
Cranio de Moschus moschiferus.

Os mósquidos son parentes primitivos dos cérvidos (Cervidae), dos que se diferencian por careceren de hastas e por posuíren, os machos, unha glándula caudal que segrega almiscre.

Esta substancia odorífera, segregada no período de celo, acumúlase nunha bolsa situada no abdome.

Cada macho de máis de tres anos produce uns 30 g de almiscre.

Os dentes cairos superiores dos machos son moi grandes e curvados, e están dirixidos cara a abaixo e cara ao exterior da boca.

Hábitat e distribución

Os cervos almiscreiros, todos asiáticos vivem principalmente en hábitats boscosos e matogueiras alpinas nas montañas do sur de Asia. Antigamente distribuíanse pola India, Paquistán, Tíbet, Siberia, Mongolia e a China.

Pero na actualidade estes animais encóntranse tan só en Siberia, no Himalaia e no Tíbet.

Clasificación

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray (1800-1865).

Está integrada por varias especies, todas do xénero Moschus. A taxonomía á variábel segundo os autores.

Especies

A maioría dos autores recoñecen as seguintes sete especies:

  • Moschus anhuiensis
  • Moschus berezovskii
  • Moschus chrysogaster
  • Moschus cupreus
  • Moschus fuscus
  • Moschus leucogaster
  • Moschus moschiferus

Ao bordo da extinción

Os cervos almiscreiros están ameazados de extinción porque os machos foron cazados (e aínda son hixe) para beneficiar o almiscre, substancia que se usa en perfumaría e, ademais, moi empregado na medicina tradicional chinesa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ellis, Richard (2005): Tiger Bone & Rhino Horn: The Destruction of Wildlife for Traditional Chinese Medicine. Washington, D.C.: Island Press. ISBN 978-1-55963-532-5. Resumo Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  • Guha S.; Goyal, S. P, & Kashyap, V. K. (2007): Molecular phylogeny of musk deer: a genomic view with mitochondrial 16S rRNA and cytochrome b gene. Mol Phylogenet Evol 42 (3): 585-97.
  • Hassanin A. & Douzery, E. J. (2003): Molecular and morphological phylogenies of ruminantia and the alternative position of the moschidae. Syst Biol. 52 (2): 206-28.
  • Jang, K. H. & Hwang, U. W. (2010): Mitochondrial genome of the Korean musk deer Moschus moschiferus (Artiodactyla, Ruminantia, Moschidae). Mitochondrial DNA 21 (3-4): 65-7.
  • Qisen Yang, Xiuxiang Meng, Lin Xia & Zuojian Feng (2003): Conservation status and causes of decline of musk deer (Moschus spp.) in China. Biological Conservation 109: 333-342.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mósquidos CaracterísticasMósquidos Hábitat e distribuciónMósquidos ClasificaciónMósquidos Ao bordo da extinciónMósquidos NotasMósquidos Véxase taménMósquidosArtiodáctilosFamilia (bioloxía)MamíferosRuminantes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bob MarleyJake GyllenhaalAs NevesHenrique VIII de InglaterraO IrixoPaz Lamela VilariñoPablo PicassoCapela SistinaBiblioteca Básica SalvatAgustín Reguera OcampoGmailGotemburgoSindicalismoÁlex FidalgoNordés (vento)XapónLiberalismoBud SpencerRubén Lois GonzálezC. TanganaProciónidosÁlvaro MorataPatacaAndorraGran Premio do Canadá de 2014Macizo GalaicoMaribel VerdúLontreiraHermann Heinrich GossenA.C. MilanAnthony GiddensAstrolabioLista das aves de GaliciaLiberdadeEl LuísIbai LlanosFinados en 2024ConnellitaMicciónPerúXosé Luís BernalSplicingJorge C. AlonsoLucía VeigaElvira Fernández BalboaBasilio Río BrenllaVilanova dos Infantes, CelanovaUnión do Povo GalegoEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Pedrafita do CebreiroGoogleAlfredo GuisadoManuel MongeCantiga de amigoPosición do canMasturbación coas mamasA EstradaDinastía ValoisPaspallásVicente RiscoCasa de BonaparteForzas armadasMaría JamardoArturo Fernández (xornalista)CervantesRafael LouzánEnid BlytonAtlético de RiveiraImperialismoRachel WeiszLista de episodios de Dragon Ball Z KaiNacionalismo galego🡆 More