Lucía De Siracusa: Mártir cristiá (283-304)

Lucía, nada en Siracusa, Italia, no ano 283 e finada se cadra no 304, é unha santa mártir da Igrexa católica e Ortodoxa.

A súa festividade celébrase o 13 de decembro, a noite máis longa do ano segundo o primeiro calendario xuliano, e é a santa patroa dos cegos e dos males de vista.

Infotaula de personaLucía de Siracusa
Lucía De Siracusa: Vida, Día de conmemoración, Iconografía
Biografía
Nacementoc. 283 Editar o valor em Wikidata
Siracusa Editar o valor em Wikidata
Morte304 Editar o valor em Wikidata (20/21 anos)
Siracusa Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaVenecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de decembro Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoOllo, estilete (pt) Traducir, espada, martyr's palm (en) Traducir, Ferida e lâmpada a óleo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lucía De Siracusa: Vida, Día de conmemoración, Iconografía
Santa Lucía

Vida

Nacida en Siracusa, entón cidade da provincia romana de Sicilia, Lucía era de pais nobres e ricos e foi educada na fe cristiá, de acordo coa tradición.

Perdeu ao seu pai durante a nenez, consagrou a súa vida a Deus e fixo un voto de virxindade. A súa nai, de nome Eutiquía, estaba enferma e comprometeuna a casar cun mozo pagán pero ela, para librarse dese compromiso, persuadiuna para que fose rezar á tumba de Ágata a fin de curar as súas feridas. A súa nai curou e Lucía pediulle que abandonase o compromiso, que se lle deixase consagrar a súa vida a Deus e que doase a súa fortuna aos máis pobres. A súa nai accedeu pero o seu pretendente acusouna ante o procónsul Pascacio debido a que era cristiá, en tempos do emperador Diocleciano.

Lucía De Siracusa: Vida, Día de conmemoración, Iconografía 
Xuízo de Santa Lucía

Sometéuselle a un xuízo, durante o cal intentouse que abandonase a fe cristiá e adorase aos deuses pagáns, pero Lucía non accedeu, polo que foi decapitada o 13 de decembro de 304.

É a patroa da vista debido a unha lenda da idade media que dicía que, cando estaba no tribunal, ordenaron aos gardas que lle sacasen os ollos, pero ela seguiu vendo. Tamén é patroa dos pobres, os cegos, dos nenos enfermos e das cidades de Siracusa, Venecia e de Pedro do Monte, así como patroa dos campesiños, electricistas, choferes, afiadores, cortadores e escritores.

O nome da santa, que significa a que porta luz e a data en que se commemoraba o seu martirio, explicarían a orixe desa lenda posterior sobre os seus ollos.

Día de conmemoración

As igrexas católica, ortodoxa e luteranas escandinavas celebran a súa festa o día 13 de decembro.

Durante a Idade Media, debido ao atraso acumulado polo Calendario Xuliano, a festividade de Lucía coincidía co solsticio de inverno e, xa que logo, era o día máis curto do ano. De aí o refrán Por santa Lucía mengua a noite e medra o día, que só tería sentido antes dese cambio.

Lucía De Siracusa: Vida, Día de conmemoración, Iconografía 
Imaxe de Santa Lucía

Iconografía

Represéntaselle normalmente con dous ollos nun prato, cunha espada que lle atravesa o pescozo, unha palma, un libro ou unha lámpada de aceite.

Veneración dos seus restos

Segundo a lenda:

O corpo de Lucía, mártir siracusana (13-12-304), conservado intacto ata os nosos días, logo de ser cedido a Constantinopla (1040) foi novamente traído a Italia durante a cuarta cruzada. Desde hai máis de sete séculos, Venecia gárdao celosamente. En 1965, por expreso desexo do Patriarca Cardeal Roncalli (futuro Xoán XXIII), o rostro da santa foi cuberto cunha máscara de prata.

O sarcófago de cristal exposto baixo o altar, atópase na Igrexa dos Santos Xeremias e Lucía. En moitos mapas e planos de Venecia, a Igrexa figura só co nome de San Geremia, na praza do mesmo nome. Os restos da santa foron trasladados a esta igrexa en 1861, cando a dedicada a ela foi demolida para construír a estación de ferrocarril, que leva por iso o seu mesmo nome e está situada moi preto.

Festa de Santa Lucía en Suecia

Debido a unha festa cuxos orixes remontar á idade media, iniciada nos séculos XVI e XVII en Suecia, ao comezo da tempada de advento comezouse a celebrar formalmente en Estocolmo unha festa, na que se come e bebe. Á mañá seguinte, os nenos regalan aos pais fotos de nenas virxes como Lucía e rezan por todas elas. Logo enfornan en familia uns pasteliños con forma de ollos, decorados así e lévanos a xuíces e políticos da rexión para que desexarlles sorte e que sexan xustos nos seus labores. Unha moza en particular é elixida como "Raíña de Lucía de Suecia" (Sveriges Lucia) e é coroada o 13 de decembro en Skansen.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ottavio Garana: Santa Lucia di Siracusa. Siracusa, 1955
  • Sigebert von Gembloux: Acta Sanctae Luciae, ed. Tino Licht, Heidelberg 2008 (=Editiones Heidelbergenses 34), ISBN 978-3-8253-5368-1
  • Maria-Barbara von Stritzky: Lexikon der Heiligen und der Heiligenverehrung. 2. Band. Herder, Freiburg i. B. 2003, ISBN 3-451-28190-2
  • Otto Wimmer, Hartmann Melzer, Josef Gelmi (Bearb.): Lexikon der Namen und Heiligen. Nikol, Hamburg 2002, ISBN 3-933203-63-5

Outros artigos

Tags:

Lucía De Siracusa VidaLucía De Siracusa Día de conmemoraciónLucía De Siracusa IconografíaLucía De Siracusa Veneración dos seus restosLucía De Siracusa Festa de Santa Lucía en SueciaLucía De Siracusa Véxase taménLucía De Siracusa13 de decembro283304Calendario xulianoIgrexa OrtodoxaIgrexa católicaItaliaMártirSiracusa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gran Muralla ChinesaPripyatYolanda DíazAlberte PagánGran Guerra IrmandiñaLista de cidades de IsraelFrancisco Porto MellaRamón Alonso MartínezLos MotoresThibaut CourtoisToxo arnalMiguel SolísValladolidEva Iglesias MiguénsAlexia PutellasBieito RubidoLareiraAbrilModelo OSISantiago de CompostelaPadre CasaresDiego Martínez PenasFrancisco Castro VelosoProxyVerónica ForquéSistema operativoPrimeira guerra mundialPartido Comunista de EspañaEstíbaliz EspinosaÑuContactCirco de los MuchachosCharles de GaulleMiguel de CervantesSociedad Civil y DemocraciaMoisés Rodríguez PérezGheadaPornografíaDaniel de la TorreSéculos EscurosPastora Dominga González ViéitezTeresa CasalÁngel CarracedoLisboaJohn TravoltaDover (banda)Posición do canLista das árbores de GaliciaFerroAtlánticaJosito PortoNormandíaPeer-to-peerBoyanka Kostova (grupo musical)CaralloDies iraePedro RieloChristopher WalkenPirámide de necesidades de MaslowTaylor SwiftPachi VázquezA ira dos mansosAna BotellaTesouro de Saddle RidgeGame Boy AdvanceISBNCandela PeñaMarta DahlgrenManuel OuteiriñoVimianzoXabier FortesLugares de ArteixoIsabel PantojaNacionalismo galego🡆 More