Lingua Zulú

O zulú (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú.

Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.

Zulú
isiZulu
Falado en: Suráfrica, Cimbabue, Lesoto, Malaui, Mozambique, Eswatini
Rexións: KwaZulu-Natal, leste de Gauteng, leste do Estado Libre, sur de Mpumalanga
Total de falantes: 11,97 millóns (2011)
15,7 millóns (2002) como segunda lingua
Familia: Níxer-congo
 Atlántico-congo
  Benue-congo
   Bantoide meridional
    Bantú
     Bantú meridional
      Nguni
       Zunda
        Zulú
Escrita: Latina
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sudáfrica Suráfrica
Regulado por: Pan South African Language Board
Códigos de lingua
ISO 639-1: zu
ISO 639-2: zul
ISO 639-3: zul
Mapa
Lingua Zulú
Status
Lingua Zulú
O zulú está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Distribución xeográfica

O zulú fálase nas provincias de KwaZulu-Natal (81% dos habitantes), Mpumalanga (26%) e Gauteng (21%). Tamén se fala noutros países africanos, como Lesotho e Eswatini. As linguas ndebele, falada en Cimbabue, e swazi e máis a fala nguni de Malawi son moi próximas ao zulú. O xosa, lingua predominante no Cabo Oriental, e o zulú son mutuamente intelixíbeis.

Normativa

En 1859 apareceu a primeira gramática da lingua zulú.

Actualmente a institución encargada de regular a lingua escrita é o Zulu Language Board" (Instituto da Lingua Zulú) de KwaZulu-Natal.

Fonoloxía

  • Ten 7 sons vocálicos: os 5 fonemas simples [a], [e], [i], [o], [u], ademais do e neutro e o o aberto.
  • Dúas semivogais ([w], [j]).
  • Entre as consoantes son característicos os 15 sons aspirados ou nasalizados denominados clics.
  • É unha lingua tonal, o que implica que o significado dunha palabra depende do ton con que se pronuncie.

Algúns aspectos gramaticais

  • A orde da frase é tipo SVO: suxeito + verbo + obxecto (complemento).
  • Morfoloxicamente é unha lingua aglutinante.
  • O substantivo consta de prefixo e radical: hai 15 prefixos diferentes, 13 dos cales se usan actualmente e os outros dous son arcaísmos. O plural expresase cun prefixo, por exemplo: inja "can" – izinja "cans".
  • Verbo:
    • No tempo de presente, os verbos regulares acaban en -a: sebenza "eu traballo".
    • No tempo pasado, o verbo acaba en -e: umlimi ulime izinsimu "O labrador cultiva os campos".
    • O futuro indícase coa partícula zo infixada no verbo: Abafundi bazofunda amabhuku "Os estudantes lerán os libros".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Doke, C.M. (1947) Text-book of Zulu grammar. Londres: Longmans, Green e Co.
  • Wilkes, Arnett, Teach Yourself Zulu. ISBN 0-07-143442-9
  • Nyembezi, C.L.S. (1957) Learn Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0237-1
  • Nyembezi, C.L.S. (1970) Learn More Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0278-9
  • Doke, C.M. (1958) Zulu-English Vocabulary. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 0-85494-009-X
  • Dent, G.R. e Nyembezi, C.L.S. (1959) Compact Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0760-8
  • Dent, G.R. e Nyembezi, C.L.S. (1969) Scholar's Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0718-7
  • Doke, C.M. (1953) Zulu-English Dictionary. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 1-86814-160-8

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Zulú Distribución xeográficaLingua Zulú NormativaLingua Zulú FonoloxíaLingua Zulú Algúns aspectos gramaticaisLingua Zulú NotasLingua Zulú Véxase taménLingua Zulú1994BantúSuráfricaZulúsÁfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sonsoles EspinosaJesús Vázquez AlmuíñaPCharles DarwinVincent van GoghPaulino PereiroJuana AcostaLalínLedicia CostasMalena AlterioCarles PuigdemontCSusana FortesPere Pau Ripollès AlegreUniversidade de Santiago de Compostela25 de abrilNúmero piSantiago de CompostelaElena CandiaJosé Luís Valladares FernándezTelevisión de GaliciaVerbos galegos ser, estar e irXXXTentacionPosición do misioneiro invertidaJuan CorralMoscovaMecanismo de AnticiteraLesakaTribadismoCamiño de SantiagoManuel Lourenzo SobralIndonesiaSonDeSeuGonzalo Pérez JácomePello OtxandianoAdolfo SuárezLeitzaVómito (grupo musical)Sonia MéndezLeonardo da VinciEsther EstévezLLista de programas de Televisión EspañolaVertoArroazBeraFC Ilves (feminino)VáknerCataluñaO Pedrouzo, Arca, O PinoCristina MaróO incerto señor Don HamletPadrónAmérica LatinaMiguel de CervantesSalgueiroBronceEspañaCoco (bacteria)System of a DownNordés (vento)Manuel RivasFerroAtlánticaSan PetersburgoRacing Club de FerrolSete Sabios🡆 More