Key Largo: Filme de 1948 dirixido por John Huston

Key Largo é unha película estadounidense de 1948 coescrita e dirixida por John Huston, e protagonizada por Humphrey Bogart, Edward G.

Robinson">Edward G. Robinson, Lauren Bacall, Lionel Barrymore e Claire Trevor. Está baseada na obra de teatro homónima de Maxwell Anderson, estreada en Broadway o 27 de novembro de 1939. Key Largo foi a cuarta e derradeira película que amosaba á parella de actores casados Bogart e Bacall, despois de To Have and Have Not (1944), The Big Sleep (1946) e Dark Passage (1947).

Key Largo
Key Largo: Trama, Elenco, Produción
Cartel do filme.
Ficha técnica
DirectorJohn Huston
IntérpretesHumphrey Bogart
Edward G. Robinson
Lauren Bacall
Lionel Barrymore
Claire Trevor
MúsicaMax Steiner
FotografíaKarl Freund
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea16 de xullo de 1948
Duración101 minutos
OrixeEstados Unidos
XéneroPolicíaco
Cine negro
Orzamento$1.763.000
Recadación$3.219.000 (Estados Unidos)
$1.150.000 (internacional)
LinguaInglés
Na rede
IMDB: tt0040506 Filmaffinity: 600727 Allocine: 5700 Rottentomatoes: m/key_largo Allmovie: v27130 TCM: 598 TV.com: movies/key-largo-1948 Netlix: 667884Editar o valor em Wikidata
Tráiler de Key Largo.

Trama

O filme narra a violenta estancia dun grupo de gánsteres retidos nun hotel da costa de Florida por unha forte tormenta. Alí o "rei dos gánsters", Johnny Rocco (Edward G. Robinson), agóchase facéndose o amo do lugar e retendo a punta de pistola a Nora Amorne (Lauren Bacall), dona do hotel, ao seu sogro inválido (Lionel Barrymore) e ao veterano de guerra Frank McCloud (Humphrey Bogart). Con Rocco, está a súa noiva (Claire Trevor), que é unha cantante en época de decadencia. McCloud é o único home capaz de facer fronte ao belixerante Rocco. Pero a realidade do mundo despois da guerra fixo que o desilusionado ex-oficial do exército perdese as ganas de loitar.

Elenco

    Sen acreditar
  • Jay Silverheels é John Osceola.
  • Rodd Redwing é Tom Osceola.

Produción

O guión difire da obra de teatro, onde os gánsteres son bandidos mexicanos e Frank morre ao final.

As escenas do furacán foron aproveitadas dunha película anterior: Night Unto Night, un melodrama protagonizado por Ronald Reagan que produciu Warner Bros. en 1948.

O barco do final do filme chámase Santana, que era tamén o nome do veleiro de Bogart na vida real.

Recoñecementos

O American Film Institute nomeou no ano 2003 ao personaxe de Johnny Rocco para a lista 100 anos de AFI... 100 heroes e viláns, e en 2008 á película ao AFI's 10 Top 10 na categoría de "películas de gánsteres".

Premios Óscar

Claire Trevor, quen interpretou á cantante alcohólica Gaye Dawn, recibiu o premio Óscar á mellor actriz secundaria na 21.ª cerimonia dos Premios Óscar.

Categoría Persoa Resultado
Mellor actriz secundaria Claire Trevor Gañadora

Referencias

Tags:

Key Largo TramaKey Largo ElencoKey Largo ProduciónKey Largo RecoñecementosKey Largo ReferenciasKey Largo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Arianna d'OttoneLeirón rabudoA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesLista de países por superficieCúpulaMaruca do MediterráneoDaniel RicciardoXXIII dinastía exipciaCosta da MorteOsloIntrónLazaTom HanksAeroporto de TesalónicaA CoruñaBatoideaCarneiro (molusco)BananaPhilip GlassMacronOurenseIsabella BirdBloque Nacionalista GalegoSegunda República EspañolaPalabraGuerraFernando Salgado VarelaNós (revista)María I de InglaterraCOVID-19CentrocampistaCarlos GardelKagoshimaGuitarraForróDictionary of Greek and Roman Biography and MythologyPreposicionalOxalacetatoReino UnidoLei de vagos e maleantesLingua gregaLunfardoCastro de BorneiroSistema nervioso somáticoBalsa (árbore)BadalonaMaroon 5PárkinsonLingua indonesiaDavid M. WalkerFisioterapiaCastrelo do ValEmpalme do ARNRolls-Royce TrentDiteaFermentaciónLeicesterDon't ask, don't tellHistoria da ChinaWillie ColónMarcos PereiroVisbyWikipedia en waray-warayReconquista de VigoBelgradoCuzcoRoko (actriz)Florencia PeñaKaliningradoCopa do SarPeixes serraFasiánidosBill CosbyInés Arrimadas🡆 More