Juan Fernández Rivas: Arquitecto e escultor galego

Juan Manuel Fernández Rivas, coñecido como Juan Rivas e cos nomes artísticos de Peiss ou Peissman, nado en Moaña en 1968 e finado o 11 de febreiro de 2016 na Fraga (Moaña), foi un arquitecto e escultor galego.

Infotaula de personaJuan Fernández Rivas
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de febreiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
A Fraga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , escultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Juan Rivas licenciouse en arquitectura e traballaba en Moaña, a súa vila natal. Foi o autor de diversas obras públicas en Moaña, como as pasarelas das praias da Mona e Videira (Tirán), os traballos de amelloramento dos adros de San Martiño, San Bieito (Domaio) e A Peregrina (Meira), a remodelación da alameda de Moaña ou a remodelación da estación marítima da mesma vila. Tamén se debeu a Rivas o proxecto de construción dunha torre de 21 andares no Real, no centro da parroquia de Tirán, que finalmente non se levou a termo.

Como escultor, tiña preferencia pola reciclaxe de vidro, cos que despois facía obra artística. Entre as súas pezas máis coñecidas estaba a balea Anduriña, unha balea de 15 metros situada no paseo do Con, deseñada por Rivas e executada por Antón Salgueiro. Tamén son desta autoría colectiva O bufón, un choco xigante e O páxaro tolo, as dúas no paseo marítimo de Moaña. En 2013 abriu unha galería de arte en Moaña, a Miramart, no que fora o bar familiar case homónimo (Miramar), e onde expuña e vendía as súas esculturas de pedra policromada.

O corpo sen vida de Rivas foi atopado no río da Fraga. O seu coche estaba no viaduto que cruza o val.

Vida privada

Rivas foi parella da política María Martín Alonso, falecida en 2002.

Notas

Tags:

11 de febreiro19682016A Fraga, Moaña (Virxe do Carme), MoañaGaliciaMoaña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Hard GZEduardo IndaEva CárdenasSete SabiosLingua portuguesaEnsaio (literatura)Gonzalo Pérez JácomeLontreiraLingua inglesaHelsingin JalkapalloklubiO Pedrouzo, Arca, O PinoPúrpuraPalauPardo de CelaPapuxa das amorasManuel Lourenzo SobralVietnamMalena AlterioMovimento das Forças ArmadasGalaicosManuel Curros EnríquezDistritos de PortugalAlbert EinsteinLista de filmes coas maiores recadaciónsEuropaSegunda República EspañolaWikipediaJavier CasqueiroHÁlvaro CunqueiroPovoaçãoCamilo Díaz BaliñoPablo MartinezNarónÁlbum de la CaridadJuana AcostaLeonardo da VinciDelfínidosPosición do misioneiro invertidaGuillermo Alonso BarciaMeigaNacionalismo galegoLista de estacións de tren de GaliciaFollas novasMiguel de CervantesAustraliaPVicepresidencia do Goberno de EspañaIgnacio Rivera QuintanaFranciaJacinto BenaventeCharles DarwinDorothé SchubarthOs vellos non deben de namorarseSalgueiro MaiaEmilio Aragón ÁlvarezXeración dos 80Eduardo PondalDigital object identifierLista de castelos de PortugalRevolución dos caraveisBeraManuel Gago MariñoPrestigeSelección de fútbol de GaliciaBárbara ReyGoretti SanmartínFerroAtlánticaMondoñedoPaís Vasco (rexión histórica)Xurxo AyánProvincia da CoruñaDomingoPerífrases verbais galegasRacing Club de Ferrol🡆 More