José Santiago Temprano: Guerrilleiro antifranquista galego

José Santiago Temprano, coñecido como Moisés, Henares ou Hornaca, nado na Coruña en 1916 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJosé Santiago Temprano
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1948 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHenares
Hornaca Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Carpinteiro e militante do Sindicato de Carpiteros da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en 1937. Xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio con Luis Rufilanchas e 23 encartados máis, foi condenado a cadea perpetua. Preso no Cárcere da Coruña, saíu en liberdade condicional en xullo de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1941.

Despois de dúas detencións incorporouse á guerrilla en xaneiro de 1946 con Emilio Golás Rodríguez, no Destacamento Eduardo Xaneiro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. Foi ferido nun tiroteo coa Garda Civil en Cestaños (Parada, Ordes) cando ía con Pedro Rodríguez Gómez e Enrique Ferreirós Candamo, que tamén resultou ferido; no tiroteo morreu Antonio Recouso Boquete. Foi reclamado en abril de 1946 polo xuíz militar da Coruña como encartaddo na causa 75/46 xunto con Ángel Asareo Rivas, Marcelino Fernández Villanueva, Marcelino Rodríguez Fernández, Rafael Casabella Souto, Guillermo Lozano, Víctor López Rodríguez, Marcelino Fernández Fernández, José Castro Veiga, José Basanta Basanta, Luis Sánchez Vázquez, León Araújo, Ciriaco Arroyo, Ángel Álvarez Rego e Antonio Somoza.

En novembro de 1946 desertou e refuxiouse na súa casa da Coruña. Decidiu intentar cruzar a fronteira francesa co obxectivo de marchar a Arxentina. O 30 de xuño de 1947 emprendeu a viaxe en distintos trens de mercadorías pasando por Venta de Baños, Miranda de Ebro e Castejón, cruzou as vilas de Sos del Rey Católico, Navardún e Ruesca, ata que foi detido na ponte de Artieda o 14 de xullo. Trasladado a Coruña, foi salvaxemente torturado. Xulgado en consello de guerra sumarísimo con Pedro Rodríguez Gómez o 4 de novembro de 1948, acusado do desarme duns somaténs da Baña e do intento de asalto ao cuartel da Garda Civil de Vimianzo no que morreu un dos gardas civís, foi condenado a pena de morte. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña o 9 de decembro de 1948.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

José Santiago Temprano TraxectoriaJosé Santiago Temprano NotasJosé Santiago Temprano Véxase taménJosé Santiago Temprano191619489 de decembroA CoruñaPobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PaspallásReal Club Celta de Vigoc70mgSubgrupoOs adverbios galegosRoberto Vidal BolañoLiteratura galegaPosición aconchegadaLisboaPosicións sexuaisMarcelo CaetanoGalaicosLista de deuses celtasDoenza de Paget de mamaParadigmas dos verbos irregulares galegosMiguel Ángel Zabalza BerazaPere Pau Ripollès AlegreAntónio de SpínolaToniña comúnJéssica BouzasXosé Neira VilasDiáspora galegaRebeliom do InframundoBipartito galegoRéptilesAlcaldes da CoruñaPúrpuraOrdesDaniel de la TorreGoogleGrupo SargadelosEuropaIrene FerrerasXabier DeiveBibTeXVichelocregoPontevedraSexo analSri LankaEva CárdenasOTANCristiano RonaldoO comparativo galegoMergullón cristadoBenito MussoliniBatalla das Termópilas (-480)PalmaAsunta Basterra PortoCunnilingusFigueresManuel Lourenzo SobralCubaManuel MurguíaÁnxel Casal28 de decembroLista de nomes masculinos en galegoMiguel SolísFesta da Palabra SilenciadaRusiaFala de EstremaduraCarlos CasaresJuana AcostaRevolución dos CaraveisValenciaCamilo Nogueira RománGonzalo LouzaoLeninismoMamen MendizábalBreogán2003Elena CandiaVietnamLareira🡆 More