José Luis Ábalos: Político español

José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas.

Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021)​ e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.

Infotaula de personaJosé Luis Ábalos
José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados
(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Luis Ábalos Meco Editar o valor em Wikidata
9 de decembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Torrent, España Editar o valor em Wikidata
José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados
8 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Minister of Transport, Mobility and Urban Agenda (en) Traducir
7 de xuño de 2018 – 11 de xullo de 2021
← Íñigo de la SernaRaquel Sánchez →
Nomeado por: Pedro Sánchez
José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 – Alicia Piquer Sancho (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputado no Congreso dos Deputados
21 de abril de 2009 – 27 de setembro de 2011
← Inmaculada Rodríguez-Piñero (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Deputy of Valencia province (en) Traducir
2003 – 2007
José Luis Ábalos: Traxectoria, Polémicas, Cargos desempeñados Concelleiro do Concello de Valencia
1999 – 2009 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia - diplomatura Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1981–2024)
Partido Comunista de España (1978–1981) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8636786 Facebook: jose.l.meco Twitter: abalosmeco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos: Formación

A súa familia procede de Carboneras de Guadazaón (provincia de Cuenca), mais el naceu o 9 de decembro de 1959 en Torrent (provincia de Valencia). É fillo do toureiro Heliodoro Ábalos, «Carbonerito», quen durante a Guerra Civil, ofrecía a súa participación de balde en festivais a prol da República.

Mentres estudaba no instituto traballaba nunha tenda de recordos e durante o Curso de Orientación Universitaria (COU) pasou a unha xestoría. Tamén colaborou no negocio familiar de bonecas artesanais xunto coas súas sete irmás.

Militante nas Xuventudes Comunistas dende 1976, en 1978 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e, en 1981, pasou ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Licenciouse en Maxisterio pola Universidade de Valencia, é profesor de primaria en situación de excedencia, e exerceu de docencia durante tres meses nun colexio de Quart de Poblet.

Principio da carreira política

En 1983, comezou a súa carreira política foi como xefe de gabinete do delegado do goberno na Comunidade Valenciá. Despois, pasou a se-lo xefe de gabinete do conseller valenciano de Traballo e converteuse en Director de Cooperación Internacional da generalitat valenciana entre 1989 e-1992.

En 1995, e até o ano 2000, converteuse en secretario xeral da Agrupación Socialista de Valencia, vence no congreso comarcal ao historiador Javier Paniagua. Máis tarde, no 1999, foi elixido concelleiro do Concello de Valencia, permanecendo até 2009. Durante este etapa na política local, tamén foi deputado provincial e voceiro do grupo municipal socialista no concello.​

No 2000, no congreso do PSPV-PSOE, presentouse como candidato á secretaría xeral do partido sendo derrotado por Joan Ignasi Plá mais, a pesar de todo, conseguiu a vicesecretaría xeral do partido; cargo que mantivo durante varios anos.

O 3 de decembro de 2009, tras a renuncia de Inmaculada Rodríguez-Piñeiro, accede ao Congreso dos Deputados por Valencia e renovou as actas de deputado nas eleccións posteriores. De 2012 a 2017, exerceu de secretario general do PSPV en Valencia.

Do 24 de maio de 2017, despois do proceso de primarias no PSOE no que apoiou a Pedro Sánchez, foi elixido voceiro do grupo socialista no Congreso dos Deputados de xeito interino até o 19 de xuño de 2017, en que tralo Congreso Federal do partido, foi substituído no cargo por Margarita Robles e el pasou a desempeñar a secretaría de organización do PSOE.

Ministro

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Fomento do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy (PP), que Ábalos coordinou. En xaneiro de 2020, foi nomeado Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Segundo Goberno de pedro Sánchez, e tomou posesión o día 13. Aínda que se mantiñan, basicamente, as mesmas competencias que no anterior Ministerio de Fomento, o cambio de denominación obedeceu á vontade de salientar cales eran os novos obxectivos do ministerio.

En 2020, durante a madrugada do 19 de xaneiro anunciouse unha reunión de Ábalos cunha delegación venezolana no aeroporto de Barajas, na que ademais do ministro de Turismo de Venezuela Félix Plasencia -axudante de FITUR- coincidiu coa vicepresidenta dese país, Delcy Rodríguez, que tiña prohibido entrar no espazo Schengen. Despois de negalo inicialmente, Ábalos admitiu ter unha conversación con Rodríguez, e engadiu que lle pediu a Rodríguez que tratase de non baixar do avión. Os partidos do PP e Cidadáns manifestaron entón a súa vontade de solicitar a comparecencia do ministro no Congreso dos Deputados para que explicase o encontro. Posteriormente, fíxose público que ese mesmo día tivo lugar unha segunda reunión de 20 minutos, nunha sala VIP da empresa Sky Vallet no aeroporto.

O 10 de xullo de 2021, anunciouse a súa saída do equipo de goberno de Pedro Sánchez. O 30 de setembro de 2021 asumiu a presidencia da Comisión de Interior no Congreso dos Deputados.

Polémicas

En outubro de 2020, durante as restricións por mor da pandemia de COVID-19, foi fotografado fumando no Congreso dos Deputados coa voceira do PSOE, Adriana Lastra, e sen respecta-la distancia de seguridade cuns periodistas; o, daquela, ministro admitiu os feitos, argumentando que "non podía actuar doutro xeito" e que estaban os dous a fumar nun recuncho cando se achegaron varios xornalistas. Esa conduta foi denunciada por Toni Cantó, quen tuiteou que “xa que están feitos doutra pasta, as normas non van con eles”.

En novembro de 2021, o xornal dixital The Objective publicou unha serie de noticias, elaboradas pola periodista Ketty Garat, que provocaron polémica ao acusar ao exministro Ábalos de levar unha "escura dobre vida" insinuando a participación de festas con mulleres e que, esas actividades, serían a causa pola que foi destituído como ministro polo presidente Pedro Sánchez. O exministro foi entrevistado no programa Todo es verdad, presentado por Risto Mejide en Cuatro, negando tódolos feitos e anunciando unha querela penal.

Cargos desempeñados

  • Xefe de Gabinete do delegado do Goberno na Comunidade Valenciana (1983-1987)
  • Xefe de Gabinete do conselleiro de Traballo da Generalitat Valenciana (1988-1991)
  • Director de Cooperación Internacional da Generalitat Valenciana (1989-1992)
  • Concelleiro no Concello de Valencia (1999-2009)
  • Deputado nas Cortes Valencianas (2003-2007)
  • Deputado por Valencia no Congreso dos Deputados (2009-actualidade)
  • Secretario de Organización del PSOE (2017-actualidade)
  • Ministro de Fomento (2019-2020)
  • Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (xaneiro 2020-xullo 2021)

Vida persoal

Casou en tres ocasións e ten cinco fillos, entre cinco e trinta e oito anos de idade. En maio de 2020, trala difusión do seu enderezo familiar por parte do periodista Javier Negre, a familia sufriu un escrache no domicilio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

José Luis Ábalos TraxectoriaJosé Luis Ábalos PolémicasJosé Luis Ábalos Cargos desempeñadosJosé Luis Ábalos Vida persoalJosé Luis Ábalos NotasJosé Luis Ábalos Véxase taménJosé Luis Ábalos19599 de decembroEspañaGoberno de EspañaMinisterio de Fomento de EspañaMinisterio de Transportes, Mobilidade e Axenda UrbanaPartido Socialista Obrero EspañolPolítico, políticaProvincia de ValenciaTorrent, Valencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArceEva CárdenasÁcido dipicolínicoRacing Club de FerrolAC-211José SaramagoGame Boy Advance SPMamen MendizábalTECOR societarioAdolf HitlerVigoAFederico Jiménez LosantosTeixugoEditorial GalaxiaGerardo Pardo de VeraLandraFrancisco FrancoTeresa González CostaJéssica BouzasManuel Lourenzo SobralJosé Luís Valladares FernándezCoordenadas xeográficasGuerraBoyanka Kostova (grupo musical)Miss Vaca (certame)Avenida da Liberdade (Lisboa)Antón LamazaresLola FloresTGuerra civil españolaMergullón cristadoPeer-to-peerRevolución dos caraveisGres, Vila de CrucesRepública Democrática do CongoBucetaLeninRías Baixas (serie de televisión)Manuel MaríaPanxermanismoMarta Fernández-TapiasTwitterBritney SpearsUniversidade de ManchesterNava CastroMercedes QueixasBatalla das Termópilas (-480)Lorenzo VarelaMilánEscáncerLista de presidentes da República PortuguesaDaniel de la TorreGoizuetaVicepresidencia do Goberno de EspañaMoulin RougePedro SánchezIrene JunqueraDiego González RivasMaría Jesús MonteroMichael JacksonVox populiLucie IdloutReal Club Celta de VigoNoiaXogos floraisSubgrupoOTANGuillermo Alonso BarciaIrmandiños🡆 More