Sepp Blatter

Joseph Sepp Blatter, nado en Visp o 10 de marzo de 1936 é un dirixente de fútbol suízo, que foi presidente da FIFA entre 1998 e 2015.

Infotaula de personaSepp Blatter
Sepp Blatter
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Josef «Sepp» Blatter Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1936 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Visp, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dictator of fifa (en) Traducir
8 de xuño de 1998 – 8 de outubro de 2015
← João HavelangeGianni Infantino →
Secretary General of FIFA (en) Traducir
1981 – 1998
← Helmut Käser (en) TraducirMichel Zen-Ruffinen (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaZürich Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo suízo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lausana - título de grao (–1959)
HEC Lausanne (pt) Traducir - general economics (en) Traducir (–1958) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario deportivo , político , economista , xogador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua inglesa, Lingua alemá de Suíza, lingua francesa, lingua italiana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol
hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Sepp Blatter Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1349808 Twitter: SeppBlatter Olympic.org: mr-joseph-s-blatter Editar o valor em Wikidata

Procedente dos negocios, as relacións públicas e a administración deportiva, Blatter converteuse en secretario xeral da FIFA en 1981 e foi elixido presidente no 51.º congreso o 8 de xuño de 1998, sucedendo a João Havelange, que presidira a organización dende 1974. Blatter foi reelixido en 2002, 2007, 2011 e 2015. Igual que o seu predecesor, Blatter buscou incrementar a influencia dos estados africanos e asiáticos no mundo do fútbol coa expansión dos equipos participantes en varios torneos da FIFA.

Foi perseguido persistentemente por acusacións de corrupción e mala xestión financeira. O dominio de Blatter supuxo unha ampla expansión dos ingresos xerados pola Copa do Mundo da FIFA, acompañada polo colapso da compañía de mercadotecnia International Sport and Leisure e numerosas alegacións de corrupción no proceso de adxudicación dos torneos da organización.

O 2 de xuño de 2015, seis días despois de que o goberno dos Estados Unidos imputou varios dirixentes da FIFA e compañías de mercadotecnia por subornos e lavaxe de cartos, Blatter anunciou que convocaría eleccións para elixir un novo presidente da FIFA e que non se presentaría ás eleccións, pero que permanecería no seu posto ata que o congreso extraordinario puidese ser organizado. Anunciáronse procedementos criminais pola oficina do fiscal xeral suízo o 25 de setembro de 2015 por "mala xestión delituosa ... e malversación".

En outubro de 2015, Blatter e outros altos cargos da FIFA foron suspendidos en medio da investigación, e en decembro o independente Comité Ético da FIFA expulsou a Blatter do cargo e prohibiulle tomar parte de calquera actividade da organización nos seguintes oito anos. O 24 de febreiro de 2016, un comité de apelación da FIFA mantivo a suspensión mais reduciuna de oito anos a seis. Issa Hayatou actuou como presidente ata o congreso extraordinario que se celebrou a finais de febreiro, e no que se elixiu a Gianni Infantino como noveno presidente da FIFA.

Controversias

  • A súa elección sobre o presidente da UEFA Lennart Johansson estivo marcada pola controversia. O seu mandato caracterizouse polos rumores de irregularidades financeiras e transaccións secretas, culminando en 2002 coas acusaciones directas de suborno feito na prensa por Farra Ado, vicepresidente do federación somalí dunha oferta de 100 000 dólares por votar a favor de Blatter.
  • O vicedirector de Sepp Blatter, Michael Zen-Ruffinen, preparou un expediente que perfila as alegacións de mal manexo financeiro e corrupción dentro da FIFA. O expediente declarou que a bancarrota en 2001 da compañía auspiciante de FIFA, International Sport and Leisure (ISL), levara ao déficit e ás perdas de ata 100 millóns de dólares baixo a administración de Blatter. As alegacións foron apoiadas polo xefe da UEFA, Lennart Johansson. O expediente foi entregado ás autoridades suízas, mais non se tomou ningunha acción. Zen-Ruffinen foi expulsado por Blatter inmediatamente antes da Copa Mundial da FIFA de 2002.
  • En novembro de 2017, a futbolista Hope Solo acusou a Blatter de agresión sexual na cerimonia dos premios Balón de Ouro da FIFA de 2013. Durante unha entrevista co xornal portugués Expresso, Solo afirmou que "Sepp Blatter agarrou o meu traseiro" xusto antes de que os dous presentasen xuntos o premio a Abby Wambach. Afirmou que "estaba en shock e completamente confundida. Tiven que xuntar esforzos para entregar á miña compañeira o maior premio da súa carreira e celebralo con ela naquel momento, así que centreime completamente en Abby". O voceiro de Blatter Thomas Renggli afirmou que "esta alegación é ridícula".

Honores

Blatter recibiu numerosos premios, medallas, graos honoríficos e cidadanías de estados, corpos de goberno deportivos, grupos especiais, universidades e cidades.

O seu grao honorario da Universidade De Montfort foi revogado pola institución en outubro de 2015, que lle fora entregado en recoñecemento da súa conduta ética.

Vida privada

A primeira esposa de Blatter foi Liliane Biner. A parella tivo unha filla, Corinne, e divorciáronse pouco despois. En 1981, Blatter casou con Barbara Käser, filla de Helmut Käser, predecesor de Blatter como secretario xeral da FIFA. O matrimonio durou dez anos, ata que Barbara faleceu por complicacións tras unha operación. En 1995, Blatter comezou unha relación con Ilona Boguska, amiga polaca da súa filla, da que se separou en 2002.

Blatter casou por terceira vez o 23 de decembro de 2002 con Graziella Bianca, adestradora de golfiños que era amiga da súa filla. O matrimonio acabou en divorcio en 2004. Dende 2014 é parella de Linda Barras.

Blatter foi criado como católico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Sepp Blatter ControversiasSepp Blatter HonoresSepp Blatter Vida privadaSepp Blatter NotasSepp Blatter Véxase taménSepp Blatter10 de marzo1936FIFAFútbolSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CamariñasEstrasburgoTesalónicaAmancio OrtegaVacaPartido políticoNoite de San Xoán (Fonoteca 92)Arturo Fernández (xornalista)Vilanova dos Infantes, CelanovaBen AffleckAeroporto de Newark LibertyBucetaShirley ChisholmNacionalsocialismoLista de paísesAustraliaXXX edición dos Premios GoyaMatriz (matemáticas)Bud SpencerÓscar García PatiñoAndorraLiberdadeOs camiños da vidaLeedsMichelangelo AntonioniJean Shinoda BolenGaliciaCopa do SarPonte das PíasSvalbardProciónidosHindemburg Melão Jr.Manuscrito VoynichFonemaManuel AntonioTom HanksMandalaFútbol americanoOs ÁnxelesNacionalismoSikhEdiciones AgoeiroManuel Gago MariñoBob MarleyFonoteca 92Alfonso MolinaCulturaFudbalski Klub Crvena ZvezdaJosé Luis Iglesias LagoXosefina de BeauharnaisForzas armadasVichyMáximo común divisorPanteón de RomaRoscón de CaldasImperialismoDaniel de la TorreSylvester StalloneAWStatsBenidormTomás IribarrenRamón Otero PedrayoTarazonaMelideShinovaA VeigaLisboaSan Xosé de Ribarteme, As NevesFátima PegoHuelvaRosalía de CastroBoyanka Kostova (grupo musical)Lerma, Burgos🡆 More