José Ramón Barral: Político e contrabandista galego

José Ramón Barral Martínez, Nené, nado en Ribadumia a finais de decembro de 1943 e finado na mesma vila o 23 de novembro de 2023, foi un político e contrabandista galego, que foi alcalde de Ribadumia moitos anos.

Infotaula de personaJosé Ramón Barral
Biografía
Nacementodecembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Ribadumia, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Ribadumia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadumia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNené Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , contrabandista , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlianza Popular
Partido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Era socio do contrabandista Vicente Otero Pérez, Terito, nun concesionario de automóbiles. Ao falecer Otero, Barral continuaría co negocio, segundo sinalaron as investigacións posteriores.

Foi, durante 18 anos, alcalde do concello pontevedrés de Ribadumia polo PPdeG. Foi elixido alcalde tralas municipais de 1983, encabezando Alianza Popular e logrando a maioría absoluta. Revalidou a maioría nos comicios de 1987, 1991, 1995 e 1999. En outubro de 1998 anunciouse a súa retirada da carreira electoral en favor de Rafael Louzán. Porén, en abril de 1999 deu marcha atrás volvendo a encabezar a candidatura con Louzán de número 2.

Dimitiu en 2001 despois de ser detido, o 14 de maio, por contrabando de tabaco. Foi substituído na alcaldía por Salomé Peña Muñiz, número 3 da candidatura popular, e foi expulsado da formación política.

Candidatura de Independentes por Ribadumia

Nas municipais de 2003 encabezou os Independentes por Ribadumiaː empatou a 5 concelleiros co PPdeG, encabezado pola súa sucesora, ao quedar a tan só 2 votos de gañarlle; o BNG obtivera o outro concelleiro, e Peña seguiu na alcaldía trala abstención do edil nacionalista. Volveu concorrer ás municipais de 2007, pero nesta ocasión o PPdeG logrou un resultado máis contundente e a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2011, Independentes por Ribadumia non se presentou, tras unha escasa actividade ao longo da anterior lexislatura, aínda que volveu en 2015 encabezado por David Castro Mougán, sen unha influencia visible da Barral, e logrou a alcaldía grazas ao apoio dos grupos de esquerda.

Investigación

No ano 1996, comezara ser investigado como sospeitoso por contrabando de tabaco. Como consecuencia, no 2001 prendérono trala incautación de máis de 400 000 caixas de tabaco en colectores no Porto de Vigo, e dimitiu da alcaldía; porén, aos poucos días foi posto en liberdade. Vinte e un anos despois da súa detención, no verán de 2022, recomezou o xuízo pendente pero, finalmente, suspendeuse pola enfermidade dun dos intervintes e a nova vista quedou fixada para decembro de 2022. O fiscal pedíalle 10 anos de prisión e 15 millóns de euros polas acusacións de contabando, suborno e asociación ilícita, se ben el declarouse inocente.

En 2016, xa fora condenado por defraudar a Facenda máis de 300 000 euros, logo de chegar a un acordo coa acusación. Nunca chegou a ser xulgado por mor da súa enfermidade, un cancro de colon, do que acabaría falecendo a finais de 2023.

Predecesor:
Dolores Abuín Martínez
José Ramón Barral: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Alcalde de Ribadumia

1983 - 2001
Sucesor:
Salomé Peña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

José Ramón Barral TraxectoriaJosé Ramón Barral NotasJosé Ramón Barral Véxase taménJosé Ramón Barral1943202323 de novembroGaliciaRibadumia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EucaliptoTelevisión de GaliciaMalores VillanuevaJoseba ApaolazaCristovo ColónSalman RushdieEvencio FerreroOs demostrativos galegosJanja Lula da SilvaIulia DrúninaO reino medieval de Galicia na historiografíaMoldaviaCuruxa comúnA Escravitude, Cruces, PadrónCaralloNomenclatura binomialIndiaThe Notebook (filme)Eleccións municipais en TouroXAntía OteroClaudio Garrido MartínezLedicia CostasGonzalo DuránVicente RiscoÁreas sanitarias de GaliciaGuerschon YabuseleAgoladaDedaleiraFlora invasora de GaliciaVRCódigo QRCopa da CostaPrado, Morgadáns, GondomarXabarilFrancisco Arriví LópezHard GZAhí ven o maioMona SimpsonManuel López PoyOrtigueiraAbel CaballeroLareiraToquioDonicelaJohn HerschelManuel LourenzoPena Verde, Rebordondo, CualedroLabios (xenitais)ProxyHistoria da electricidadeEusebio Alonso VieitesIHeterosexualidadeO PinoPerbes, MiñoAlfonso MolinaFreixoPampallínRequiarioFernando AlonsoXosé MonteagudoA Pedreira, Leiro, RianxoOPatricia VázquezXoán (nome)Nava CastroPepa a LobaMiguel SolísLista de episodios de Shin ChanTamara AndrésUnión SoviéticaMichelle Jenner🡆 More