Jon Favreau: Actor, guionista, produtor e director estadounidense

Jon Favreau, nado en Nova York o 19 de outubro de 1966, é un actor, guionista, produtor e director estadounidense.

Infotaula de personaJon Favreau
Jon Favreau: Traxectoria, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jonathan Favreau Editar o valor em Wikidata
19 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo e cristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónThe Bronx High School of Science (en) Traducir
Queens College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, dirección de cine e film screenwriting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Chicago Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de televisión , actor de cinema , produtor delegado , produtor creador , produtor de televisión , actor de xénero , actor de dobraxe , guionista , escritor , director de cinema , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoFicción especulativa e drama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMax Favreau (en) Traducir, Madeleine Favreau (en) Traducir, Brighton Rose Favreau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndy Favreau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0269463 Allocine: 24377 Rottentomatoes: celebrity/jon_favreau_2 Allmovie: p22880 TCM: 60239 TV.com: people/jon-favreau
Facebook: jonfavreau Twitter: Jon_Favreau Instagram: jonfavreau MySpace: jonfavreau Musicbrainz: 602a8f8f-cee9-45bf-afe2-bfdc38cde49e Discogs: 3318082 WikiTree: Favreau-76 Editar o valor em Wikidata
Jon Favreau: Traxectoria, Notas
Favreau promocionando Iron Man en México.

Traxectoria

Favreau naceu no barrio de Flushing no distrito de Queens, fillo de Madeleine, unha mestra de escola que morreu de leucemia en 1979, e Charles Favreau, un mestre de educación especial. Súa nai procedía dunha familia xudía de Rusia e seu pai era católico de orixe italiana e franco-canadense. Jon estudou nunha escola hebrea e tivo unha cerimonia Bar Mitzvah.

Logo de rematar a secundaria estudou no Queens College dende 1984 a 1987 pero acabou por abandonalo, e traballou por algún tempo en Bear Stearns de Wall Street antes de volver a Queens College durante o primeiro semestre de 1988 pero volveu deixalo. No verán de 1988 estableceuse Chicago para se dedicar á comedia, actuando en varios teatros dedicados á improvisación, como o ImprovOlympic e o Improv Institute.

Primeiros pasos como actor

Durante a súa estadía en Chicago Favreau actuou como extra en filmes pero a súa primeiro papel relevante foi como o adestrador D-Bob no filme Rudy protagonizado por Sean Astin en 1993. No ano seguinte apareceu no filme PCU con Jeremy Piven e nun episodio que se emitiu en 1994 de Seinfeld titulado "The Fire".

Tras instalarse nos Ánxeles escribiu, e protagonizou con Vince Vaughn, a comedia dramática independente Swingers (1996). En 1997 apareceu na serie de televisión Friends, facendo de Pete Becker – o mozo millonario de Monica Geller que compite no Ultimate Fighting Championship (UFC) – durante varios episodios, e tamén apareceu na serie de sketchs Tracey Takes On... en 1996 e mais en 1997

Volveu actuar con Piven en 1998 en Very Bad Things (1998) e en 1999 protagonizou o filme para televisión Rocky Marciano, baseada na vida do boxeador Rocky Marciano. No ano 2000 protagonizou Love & Sex con Famke Janssen e apareceu en The Replacements como o obseso linebacker Daniel Bateman, e en The Sopranos interpretouse a si mesmo no episodio "D-Girl"

Jon Favreau: Traxectoria, Notas 
Favreau, á dereita, promocionando con Kevin Feige, Robert Downey, Jr., Don Cheadle e Shane Black o filme Iron Man 3 na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2012.

2001-2015. Actor-director

En 2001 dirixiu o seu primeiro filme, Made, protagonizada por el mesmo e Vince Vaughn.

Dirixiu o derradeiro episodio do drama universitario Undeclared en 2001, e interpretou o avogado Foggy Nelson na película de 2003 Daredevil (2003). Protagonizou The Big Empty (2003) dirixido por Steve Anderson.

O seu primeiro éxito de recadación como director veulle no outono de 2003 coa comedia Elf interpretada por Will Ferrell, Zooey Deschanel, James Caan e Peter Dinklage. Tamén en 2003, Favreau tivo un pequeno papel en Cando menos o esperas como Leo, o asistente persoal de Harry Sanborn. En 2005 dirixiu a adaptación cinematográfica do libro Zathura de Chris Van Allsburg. Continuou a facer aparicións regulares en filmes e na televisión, co seu amigo Vince Vaughn deixouse ver na comedia románica The Break-Up e en My Name Is Earl encarnou un deplorable xerente dun negocio de comida rápida. Tamén apareceu no documental Wild West Comedy Show. Tamén en 2005, Favreau apareceu como xuíz convidado e representante executivo de Sony Corporation na quinta semana do programa da NBC, The Apprentice para xulgar os esforzos de dous equipos para deseñar e construír un carro triunfal para publicitar o seu filme Zathura: A Space Adventure.. Entre 2001 e 2005 presentou o programa de televisión Dinner for Five na canle por cable IFC.

O ano 2008 logrou coa transposición da banda deseñada ao cinema das aventuras do millonario e superheroe Tony Stark Iron Man, con estrea o 2 de maio un éxito mundial de crítica e público, o que consolidou a reputación de Favreau como director . O filme foi a primeira película de Marvel producida tras a súa alianza coa Paramount, e ademais de director, Favreau serviu como produtor executivo e apareceu nunha das primeiras escenas como Happy Hogan, o chofer de Tony Stark. Tamén escribu dous números dunha serie da Marvel Knights titulada Iron Man: Viva Las Vegas que se presentou en setembro de 2008 pero que se cancelou xa en novembro. En 2008 encarnou a Denver, o grande irmán do protagonista, Vince Vaughn, no filme de Nadal Four Christmases.

En 2009 dirixiu a secuela das aventuras de Tony Stark, Iron Man 2 que tivo a estrea mundial nos Ánxeles o 26 de abril de 2010 e foi tamén un éxito de crítica e público.

Escribiu e protagonizou a comedia romántica Couples Retreat xunto con Vince Vaughn, e Kristin Davis como a súa muller. Deulle voz a Pre Vizsla en varios episodios da serie de animación Star Wars: The Clone Wars.

Foi produtor executivo do filme de Joss Whedon The Avengers. En 2011 dirixiu o filme Cowboys & Aliens, mestura audaz de película do oeste e mais de ciencia ficción pero que foi unha decepción comercial e de crítica . Favreau dirixiu o episodio piloto da serie de Revolution, serie da NBC e tamén foi un dos seus produtores xunto con J. J. Abrams

En 2013 realizou outro episodio piloto, desta volta dunha serie baseada na novela About a Boy do británico Nick Hornby, pero no que a acción se desenvolve en San Francisco.

Dende 2016 continuación do éxito

En 2016 dirixiu e produciu a adaptación de The Jungle Book para a Walt Disney Pictures que tivo a súa estrea o 15 de abril de 2016 con recoñecemento de crítica e de público. Volveu encarnar a Happy Hogan no filme Spider-Man: Homecoming (2017), e foi produtor executivo de Avengers: Infinity War (2018). Non obstante, filmar unha escena da película, non se incluíu na exhibición en salas, pero si ao saír en formato Blu-Ray. En 2017 dirixiu o piloto da nova serie da CBS Young Sheldon. Favreau tamén apareceu na secuela de Homecoming, Spider-Man: Far From Home

En xullo de 2019 foi a estrea da adaptación de animación por ordenador do filme de Disney The Lion King, dirixindo por primeira volta un musical, ademais de producilo. O 29 de xullo a película superou a The Jungle Book como o filme con maior recadación da súa carreira, e tamén superou a recadación do filme orixinal.

Notas

Tags:

Jon Favreau TraxectoriaJon Favreau NotasJon Favreau19 de outubro1966Estados Unidos de AméricaNova York

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Luis Rodríguez ZapateroIsabel Díaz AyusoBipartito galegoMomia de ManchesterRoberto VerinoBloque Nacionalista GalegoRibadeoIsaac NewtonAeroporto de VigoAna Luísa BouzaSalvador IllaRebel MoonShinovaDonald TrumpManuel Curros EnríquezCarrizo (paxaro)LareiraJackson PollockLista de emperadores romanosAmancio OrtegaPablo MartinezBenito MussoliniAmy WinehouseCohesiónDorothé SchubarthSri LankaBoyanka Kostova (grupo musical)MeigaXXXTentacionPablo EcheniqueBella ciaoSobreiraReino UnidoGonzalo MellaManuel Lourenzo SobralAliança CatalanaHorteláMoinanteSete Sabios de GreciaRataJesús Vázquez AlmuíñaRaquel AtanesYolanda CastañoCharles Whitepxhj6Bob DylanEspañaAmieiroManuel MurguíaCristiano RonaldoSuízaFingeringLandraFabiola GarcíaXunta Suprema do Reino de GaliciaDavid PerdomoPunta UmbríaReino de GaliciaFauna de GaliciaRaposo comúnAdrenalinaLino LópezGabriel AlénLista de ríos de GaliciaZeca AfonsoLeninOs adverbios galegosLista de xentilicios de concellos galegos🡆 More