Jesús Carballo García, tamén coñecido como Jesús Carvallo García e Jesús Carballo Taboada, nado en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1874 e finado en Santander o 30 de novembro de 1961, foi un músico e arqueólogo salesiano.
Traballou principalmente en Santander (Cantabria) durante máis de medio século.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1874 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de novembro de 1961 (87 anos) Santander, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo , espeleólogo (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Orde relixiosa | Salesianos |
Estudou orixinalmente a carreira eclesiástica como salesiano. Pasou logo á clerecía secular e foi incardinado no bispado de El Burgo de Osma. Formouse en Ciencias Naturais, en que chegou a doutorarse pola Universidade de Madrid.
Ademais de coñecido arqueólogo no ámbito local santanderino, foi tamén un virtuoso músico e políglota. Escribiu novelas históricas sobre escenarios prehistóricos e protohistóricos.
Á súa chegada a Santander foille encomendada a dirección do novo colexio salesiano, daquela aínda en construción. Creou en Santander a Sección de Espeleoloxía da Real Sociedad Española de Historia Natural. De feito, foi pioneiro en España en utilizar este termo para referirse ao estudo das cavidades naturais.
Nunha comunicación presentada en 1908 no Primeiro Congreso de Naturalistas Españois de Zaragoza afirmaba:
En España, a Espeleoloxía pasa desapercibida, malia o extraordinario incremento que vai tomando no estranxeiro, e apenas a coñecen quen estudan obras francesas ou alemás. As nosas xeoloxías e dicionarios universais descoñecen por completo esta palabra; por primeira vez soou este ano nun artigo meu, publicado con este fin no Boletín da Real Sociedad Española de marzo 1908 (...) O incremento extraordinario que nestes tempos tomaron as Ciencias Naturais, obrigounos a dividir cada unha delas en varios ramos, co fin de especificar e afondar máis as investigacións. Así (...) a xeología, que hai un século se limitaba a un conxunto de puras hipóteses, abrangue hoxe tan vasto campo de acción, que se viu obrigada a dividirse en Paleontoloxía, Mineraloxía, Estratigrafía e despois en Sismoloxía, Oceanografía, Vulcanografía, Hidroloxía etc., formando cada unha destas unha nova ciencia coas súas necesarias subdivisións. E agora o estudo das cavernas adquire tal desenvolvemento, que debe forzosamente separarse independente da súa nai a xeoloxía. Non debe confundirse con esta, porque se limita ao estudo completo das cavernas sen que investigue o mar, nin os desertos, nin os glaciales, nin os volcáns, como fai aquela. Outros confúndenna coa Prehistoria, sendo cousa moi diversa, porque esta se ocupa tan só do concerniente ao home, mentres que a Espeleoloxía comprende, ademais disto, o estudo dos fenómenos hidrolóxicos, químicos, biolóxicos etc., das cavernas".
Unha das súas principais achegas culturais foi a creación do actual Museo Regional de Prehistoria y Arqueología de Cantabria, inaugurado en 1926. Estudou diversas covas e xacementos paleolíticos, protohistóricos e romanos, e algúns xacementos paleontolóxicos do Cuaternario, principalmente de Cantabria. Son destacables as súas intervencións na Cova de El Pendo (xunto co doutor Blas Larín) e na cidade romana de Xulióbriga (coa colaboración do arqueólogo Vicente Ruiz Argilés), ambas en Cantabria. Nunha das súas viaxes por motivos de saúde descubriu unha serie de pinturas na Cova de Ibeas, na Serra de Atapuerca (Burgos).
Foi membro do Centro de Estudios Montañés, comisario provincial de escavacións arqueolóxicas, director do Museo Provincial de Prehistoria e membro de entidades relacionadas co patrimonio arqueolóxico.
Morreu en Santander o 30 de novembro de 1961 tras unha longa e prolífica traxectoria profesional e literaria, de destacada vocación divulgadora. A cidade propuxo en 2007 trasladar os seus restos ó Panteón de Hombres Ilustres do camposanto santanderino.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Jesús Carballo Taboada, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.