Jean Des Esseintes: Personaxe literario

Jean Floressas des Esseintes é un personaxe de ficción creado por Joris-Karl Huysmans como protagonista da novela A contrafío (1884).

Características

Trátase dun esteta consumado, talvez inspirado na figura real de Charles de Monstesquieu,que procede dunha liñaxe nobre e que polo tanto conta cunha copiosa fortuna, se ben asiste impotente á disolución da súa familia. Á idade de 30 anos perde todo contacto coa sociedade en prol dunha vida illada e sustentada sobre unha sensualidade experimental. É en boa medida un alter ego do autor. Este personaxe é "esteticamente sutil e refinado (...) mantén unha postura de brutal oposición á mediocridade, á superficialidade e ao conformismo co herdado, outorgándolles á arte e á fantasía un papel destacado". Así mesmo, cabe cualificalo de misóxino.

Des Esseintes, un antiheroe, o último elo dunha cadea patolóxica perversa da novela À Rebours de J.-K. Huysmans [...], tenta crear un lugar propicio para o seu método de gozo perverso nun ambiente privado, regresivo e estético, para poder sobrevivir. Nesa soidade, transmite a súa patoloxía e padecementos psíquicos, as súas vivencias conscientes e inconscientes, e tamén o funcionamento intersubxectivo e transxeracional da súa familia por medio de lembranzas, fantasías e soños. Demostra como cadaquén pode ser á vez protagonista e vítima dun tecido patolóxico impregnado de violentas transmisións inter e transxeracionais.

Tanto a obra, A contrafío, coma o personaxe protagonista mereceron o eloxio dos membros da Xeración Nós. O escritor Vicente Risco dedicáballe palabras coma estas á figura de Des Esseintes:

O tipo [o dandi / o inadaptado] deuse adoito na fin do século derradeiro, e atopou cecais a máis nidia expresión literaria no Des Esseintes de Huysmans. O tíduo da novela de Huysmans dío todo: À rebours; porque eso é o que son os inadaptados, os que van a contrafío do seu tempo, os que non acaen cos seus contemporáneos. Des Esseintes é realmente un chiflado, porque evidentemente a eisaxeración do tipo pode ser morbosa, mais por máis que sexa un chiflado, non perde endexamáis a nobreza.

Nunha de moitas críticas aparecidas na prensa da época, o escritor e xornalista católico Firmin Boissin definía así o personaxe:

Abonda con que diga que este tolo [Des Esseintes], que non sabe nin o que odia nin o que ama, chega, abatido pola hipocondría, alterado pola apatía, a alimentarse só con lavativas. O tema carecería de calquera interese se o autor non o adobiase con xuízos literarios, apreciacións estéticas e reflexións filosóficas, políticas e sociais que fan de À Rebours unha estraña macedonia de blasfemias e actos de fe, de feitos crueis e ideais, de misticismo e de sadismo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Jean Des Esseintes CaracterísticasJean Des Esseintes NotasJean Des Esseintes Véxase taménJean Des EsseintesA contrafíoJoris-Karl Huysmans

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Intercity, RenfeTaylor SwiftLonga distancia RenfePexegoSabela (Operación Triunfo)Galván en SaorAlexandre BóvedaFala de EstremaduraLiteratura galegaMatriz cadradaMonomitoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeTeixugoXosé Ramón Fernández-OxeaMartín SarmientoMércoresÁlvaro CunqueiroPrimeira guerra mundialLuka ModrićJessica AlbaLista de estacións de tren de GaliciaSalamancaMy Little PonyJosé Antonio ArmadaRías Baixas (serie de televisión)ProsobranquiosViquingos en GaliciaSobreiraRefraneiro galego sobre o panJosé Luis Rodríguez ZapateroTelexornalArco da vellaNetiquetaFachada do ObradoiroFrancisco FumegaBoyanka Kostova (grupo musical)BSonsoles EspinosaJesús Hidalgo BermejoDavid PerdomoO sabor das margaridasMiguel Pampín RúaRoberto Vidal BolañoGalicia20 de setembroLingua casteláSegunda guerra mundialOs vellos non deben de namorarseCoprofiliaProvincia de PontevedraLeninismoAntonio Posse RoybanesMeg RyanDon Quixote da ManchaOs posesivos galegosPena de morteAP-9Diurno (Renfe)Kendji GiracConfederación Española de Derechas AutónomasCRibadeoO incerto señor Don HamletPortadaBetanzosCatedral de OurenseMarçal MolinéAlberto Núñez FeijóoJavier CasqueiroIraqA Bandeira, Manduas, Silleda🡆 More