Jamie Lee Haden-Guest, Lady Haden-Guest (de solteira Curtis), nada en Santa Monica (California) o 22 de novembro de 1958, é unha actriz, escritora e activista estadounidense.
Curtis é a filla de Janet Leigh e Tony Curtis e está casada con Christopher Guest.
Curtis naceu en Santa Monica, California, filla do actor Tony Curtis e da actriz Janet Leigh. O seu pai era xudeu, fillo de emigrantes húngaros. Dous dos seus bisavós maternos eran dinamarqueses, mentres que o resto dos ascentros da súa nai eran alemáns e escoceses-irlandeses. Curtis ten unha irmá máis vella, Kelly Curtis, tamén actriz, e varios medios irmáns por vía paterna: Alexandra, a actriz Allegra Curtis, Benjamin e Nicholas Curtis (que faleceu en 1994 por mor dunha sobredose). Os pais de Curtis divorciáronse en 1962 e tralo divorcio, Curtis afirmou que o seu pai non estaba arredor e que "non estaba interesado en ser un pai".
Curtis asistiu á Westlake School nos Ánxeles e ao Beverly Hills High School, e graduouse por Choate Rosemary Hall. De volta a California en 1976, asistiu á mesma universidade que a súa nai, a Universidade do Pacífico en Stockton, California, para estudar dereito, mais deixouno despois dun semestre para procurar unha carreira como actriz.
O debut de Curtis no cinema tivo lugar no filme de terror de 1978 Halloween, en que interpretaba a Laurie Strode. O filme foi un grande éxito e foi considerado o filme independente de maior recadación do seu tempo. Curtis foi a partir de aí contratada para varios filmes de terror, recibindo o título de "raíña do berro".
O seu seguinte filme foi The Fog, tamén do director de Halloween, John Carpenter. Estreouse en febreiro de 1980 con críticas variadas, pero con éxito de público. Tras este participou en Prom Night, slasher canadense de baixo orzamento estreado en xullo de 1980. O filme, que lle valeu a Curtis unha candidatura aos premios Genie á mellor actriz estranxeira, recibiu críticas negativas. Ese mesmo ano, Curtis protagonizou tamén Terror Train, estreado en outubro tamén con críticas negativas. Ambos os filmes tiveron certo éxito de público.
Curtis interpretaba nos dous filmes unha personaxe similar: a protagonista, cuxos amigos eran asasinados e era practicamente a única que sobrevivía. O crítico Roger Ebert, que deu malas críticas aos tres filmes de Curtis de 1980, dixo que Curtis "é o exceso actual de filmes de terror o que Christopher Lee era no último ou Boris Karloff nos anos trinta". Curtis volveu á serie Halloween cinco veces, interpretando de novo a Laurie Strode nas secuelas Halloween II (1981), Halloween H20: 20 Years Later (1998), Halloween: Resurrection (2002) e Halloween (2018), e poñendo voz sen acreditar en Halloween III: Season of the Witch (1982).
O seu papel de 1983 en Trading Places axudou a Curtis cambiar a súa imaxe como raíña do terror e valeulle un premio da BAFTA como mellor actriz secundaria. En 1988, Un peixe chamado Wanda revelouna como unha grande actriz cómica e foi candidata ao BAFTA á mellor actriz. Gañou un Globo de Ouro polo seu papel en True Lies (1994). Outro papel foi no filme da Disney Freaky Friday (2003), con Lindsay Lohan, filmado en Palisades High School en Pacific Palisades, California, preto da residencia de Curtis e pola que foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.
En outubro de 2006, Curtis contou a Access Hollywood que pechara a súa etapa como actriz para centrarse na súa familia. Volveu actuar en xuño de 2007 no filme Beverly Hills Chihuahua. Tamén protagonizou a comedia de 2010 You Again, con Kristen Bell e Sigourney Weaver.
Xunto coa ilustradora Laura Cornell, Curtis escribiu varios libros infantís, todos publicados por HarperCollins Children's Books.
Curtis casou con Christopher Guest o 18 de decembro de 1984. Viu unha imaxe del do filme This Is Spinal Tap en Rolling Stone e dixo á súa amiga Debra Hill, "Oh, vou casar con este tío", casando realmente cinco meses despois. A parella ten dous fillos adoptados, Annie (nda en 1986, e Thomas, nado en 1996. Curtis é a madriña do actor Jake Gyllenhaal.
Cando o seu sogro faleceu o 8 de abril de 1996, o seu marido converteuse no 5.º barón Haden-Guest, converténdoa en baronesa co título The Right Honourable The Lady Haden-Guest. Curtis rexeita a idea de empregar este título dicindo que "non ten nada que ver comigo".
Curtis é unha alcohólica recuperada e foi adicta aos calmantes que comezou a empregar tras un procedemento cirúrxico cosmético rutineiro. Está sobre dos opiáceos dende 1999 logo de ler un artigo de Tom Chiarella sobre a adicción, e mantén que a súa recuperación é o maior logro da súa vida.
Trala morte do seu pai Tony Curtis descubriu que toda a súa familia, incluídos os seus irmáns foran suprimidos do testamento.
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1978 | Halloween | Laurie Strode | |
1980 | The Fog | Elizabeth Solley | |
1980 | Prom Night | Kim Hammond | |
1980 | Terror Train | Alana Maxwell | |
1981 | Roadgames | Pamela "Hitch" Rushworth | |
1981 | Halloween II | Laurie Strode | |
1982 | Halloween III: Season of the Witch | Telephone Operator | Voz, sen acreditar |
1982 | Coming Soon | Narradora | Documental |
1983 | Trading Places | Ophelia | |
1984 | Love Letters | Anna Winter | |
1984 | Grandview, U.S.A. | Michelle "Mike" Cody | |
1984 | The Adventures of Buckaroo Banzai Across the 8th Dimension | Sandra Banzai | Na versión estendida |
1985 | Perfect | Jessie Wilson | |
1987 | A Man in Love | Susan Elliot | |
1987 | Amazing Grace and Chuck | Lynn Taylor | |
1988 | Dominick and Eugene | Jennifer Reston | |
1988 | Un peixe chamado Wanda | Wanda Gershwitz | |
1990 | Aceiro azul | Megan Turner | |
1991 | Queens Logic | Grace | |
1991 | My Girl | Shelly DeVoto | |
1992 | Forever Young | Claire Cooper | |
1993 | Mother's Boys | Judith "Jude" Madigan | |
1994 | My Girl 2 | Shelly DeVoto Sultenfuss | |
1994 | True Lies | Helen Tasker | |
1996 | House Arrest | Janet Beindorf | |
1997 | Fierce Creatures | Willa Weston | |
1998 | Homegrown | Sierra Kahan | |
1998 | Halloween H20: 20 Years Later | Laurie Strode / Keri Tate | |
1999 | Virus | Kelly Foster | |
2000 | Drowning Mona | Rona Mace | |
2001 | The Tailor of Panama | Louisa Pendel | |
2001 | Daddy and Them | Elaine Bowen | |
2001 | Rudolph the Red-Nosed Reindeer and the Island of Misfit Toys | Queen Camilla | Voz |
2002 | Halloween: Resurrection | Laurie Strode | |
2003 | Freaky Friday | Tess Coleman / Anna Coleman | |
2004 | Christmas with the Kranks | Nora Krank | |
2005 | The Kid & I | Ela mesma | |
2008 | Beverly Hills Chihuahua | Vivian Ashe | |
2010 | You Again | Gail Byer Olsen | |
2011 | The Little Engine That Could | Beverly "Bev" | Voz |
2012 | Kokuriko-zaka Kara | Ryoko Matsuzaki | Voz, dobraxe en inglés |
2014 | Veronica Mars | Gayle Buckley | |
2015 | Spare Parts | Principal Karen Lowry | |
2018 | Halloween | Laurie Strode | |
2018 | An Acceptable Loss | Rachel Burke | |
2019 | Knives Out | Linda Drysdale-Thrombrey | |
2020 | Halloween Kills | Laurie Strode |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Jamie Lee Curtis, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.