Industrialización

Coñécese como industrialización o proceso polo que un Estado ou comunidade territorial pasa dunha economía baseada na agricultura, a unha fundamentada no desenvolvemento industrial, e no que este representa: o sostén fundamental do Produto Interior Bruto e a oferta de traballo á maioría da poboación.

En cada Estado os procesos de industrialización se deron en momentos diferentes. A clave a nivel global en Europa e América encóntrase a finais do século XVIII e o XIX, nos que a primeira revolución industrial, coa incorporación de novas tecnoloxías á explotación agrícola e a superación dos traballos artesanais para a industria mediante produción en masa, cambiaron drasticamente o modo económico e social.

  • As características fundamentais da industrialización son:
  1. Abandono do medio rural por amplas capas de poboación en busca de traballo ás cidades.
  2. Expansión e crecemento das urbes en torno ás cales se instalan as grandes empresas industriais.
  3. Emerxencia da burguesía como clase social detentadora dos medios de produción e que defenderá o liberalismo na creación de empresas e o comercio.
  4. Aparición da cultura do proletariado e, con ela, do movemento obreiro que encontra a súa expresión sociolóxica e filosófica no marxismo.
  5. Progresiva desaparición dos modos ilustrados e da nobreza como detentadores da titularidade dos recursos económicos e do poder político.

Por extensión fálase de industrialización para referirse a calquera modo de sociedade moi desenvolvida, se ben dende a década dos 50 do século XX. As sociedades con maior poder económico son aquelas que posúen uns altos niveis de desenvolvemento tecnolóxico.

Industrialización
Localización das áreas industriais máis importantes

Véxase tamén

Tags:

AgriculturaEconomíaEstadoIndustriaProduto Interior Bruto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tariku NovalesAlicia BorrásÁgatha Ruiz de la PradaA CoruñaLeonardo da VinciBurgosNacho CastañoJeremy CorbynGheadaO divino saineteDe NinghuresAC-440Lila (planta)Día das Letras GalegasMaría CastroSara Vila AlonsoSeseoVladimir PutinAntón Losada TrabadaDwayne JohnsonInés HernandCatarina de SienaMachu PicchuDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolDaniel BasteiroHelena SalgueiroOs PinosImperio RomanoMonte ApoJosé Antonio Vázquez TaínGrândola, Vila MorenaDolores IbárruriÁcido oleicoGarfieldFlora invasora de GaliciaManuel MaríaEuropaCarta xeométrica de GaliciaLingua neerlandesaSnookerMadridGalipediaFrancisco Porto ReyGaliciaSéchu SendeAntónio de Oliveira SalazarÓpera de SydneyJorge PeteiroRepartimento de ÁfricaWikiRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaADP-ribosilaciónFruit NinjaMercedes MiláCinema pornográficoO Vintecatro, Oeste, CatoiraLista de castelos de PortugalMartin Luther KingAmazonÁlvaro CunqueiroVacalouraJason StathamRoberto Carlos da SilvaMariano RajoyBoiroCélula pancreática acinarManuel Leiras PulpeiroMaría Antonieta de AustriaPedro J. RamírezPegaRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Haiku🡆 More