A nobreza constitúe un grupo social exclusivo comunmente de carácter hereditario cun status privilexiado recoñecido pola autoridade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Na Europa preindustrial era un dos tres estamentos medievais e do Antigo Réxime, xunto co clero e o terceiro estado e como estamento privilexiado da sociedade baseaba eses privilexios nunha suposta superioridade moral ou racial.
No estado feudal, nobre era que posuía un feudo, e que estaba unido aos seus servos por relacións de vasalaxe, mas na Idade Moderna os reis adxudicaron numerosos títulos sen terras ou dominios asociados. O instauración da nobreza supuxo a imposición nas sociedades romanizadas da antiga división social indoeuropea longo tempo desaparecida, mas que se conservou polos pobos xermánicos. Esta división estruturaba a sociedade en tres grupos hereditarios de guerreiros, sacerdotes e traballadores. Tanto a sociedade romana como moitas das anteriores sobre as que se impuxo a súa cultura xa perderan esta estruturación e deran lugar a certa mobilidade social.
Outro criterio é o que distingue:
A condición de señor dun señorío ou feudo, dependendo do tamaño ou riqueza deste, normalmente daba os recursos necesarios para manter unha forma de vida compatíbel coa nobreza: é dicir, o non traballar. O grao de cabaleiro, que normalmente coincidía coa pertenza a unha Orde Militar ou Orde de Cabalaría, podía proporcionar rendas suficientes ou non (había cabaleiros de mogollón, aos que había que manter na sede da orde). Outras situacións polas que un nobre podía adquirir rendas que lle permitisen acceder á alta nobreza eran a posición na Corte -nobreza cortesá-, ou na guerra, aínda que a función militar da nobreza, moi importante na Idade Media, perdeuse na Idade Moderna co exército profesional ou mercenario.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Nobreza, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.