Un imperio (do latín: imperium), é un estado con dominio sobre extensos territorios gobernado por un emperador etnicamente e/ou culturalmente diversos sendo alén dun poder hexemónico en certa área de influencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Tamén se denomina Imperio ao conxunto dos territorios que rexe un estado imperial. Por extensión, "Imperio" pode referirse tamén á etapa histórica onde un país tomou esta política ou ben a potencia que exerce unha forte influencia política, económica e cultural.
Actualmente enténdese como Imperio non só un Estado que abarca varias nacións étnicas, senón a todo Estado que inflúe sobre a soberanía doutros Estados, non só aproveitándose deles, no sentido do colonialismo español, inglés, francés, holandés etc, senón formándoos segundo a súa propia imaxe. Así, poderían interpretarse aos Estados Unidos e a extinta Unión Soviética como Imperios, a pesar de non conquistaren territorios.
No século XX o termo do imperialismo adquiriu a connotación pexorativa que actualmente ten, en parte grazas a Lenin, quen no seu libro O imperialismo: a fase superior do capitalismo, dicía:
Nesta obra temos probado que a guerra de 1914-1918 ten sido, dos dous lados belixerantes, unha guerra imperialista (isto é, unha guerra de conquista, de bandidos e de roubos), unha guerra pola repartición do mundo, pola partilla e a nova repartición das colonias, das "esferas de influencia" do capital financeiro etc.
A partir do ano 1949, cando o que fora o imperio chinés se converteu na actual República Popular da China debido á Revolución Cultural de Mao Tse Tung, iníciase unha nova época onde a palabra Imperio é substituída por palabras politicamente mais correctas como "seguranza nacional" ou "posicionamento de bloqueo", xorden os imperialismos (palabra que, a pesar do parecido, moi pouco ten que ver co que representa a palabra Imperio), que representan a suma de todas as agresións ao Dereito Internacional, dereito ironicamente creado por estas mesmas potencias imperialistas e condensado na creación da Organización das Nacións Unidas (ONU).
O último Estado que oficialmente levou ese nome foi o Imperio Xaponés. O país alterou a súa denominación despois da drástica alteración da súa política exterior desde o final da segunda guerra mundial que lle impiden implementar un expansionismo con trazos imperialistas. Posteriormente, en 1976 o xeneral centroafricano Jean-Bédel Bokassa proclamouse soberano do Imperio Centroafricano que durou menos de tres anos, até o seu destronamento e a restauración da república.
Ademais, os monarcas británicos levaron o título de emperadores da India desde 1877 até 1947 e o título do soberano etíope tamén era traducido usualmente como emperador, até 1975. Actualmente só o xefe de Estado xaponés se lle segue chamando no Occidente de emperador.
O xefe supremo dun Imperio é xeralmente chamado emperador.
Desde a antigüidade até hai ben poucos anos houbo moitos Imperios na Europa, tales como:
Na África:
Na Asia:
Nas Américas:
Na actualidade, o único país oficialmente no cal o emperador é o xefe de estado é o Xapón.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Imperio, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.