Canción Imagine

Imagine é unha canción composta e interpretada polo músico inglés John Lennon.

«Imagine»
sinxelo de John Lennon
do álbum Imagine
Lanzamento 11 de outubro de 1971
Formato vinilo de 7" e 12"
Gravada maio - xullo de 1971
Xénero musical soft rock, pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:03
Discográfica Apple Records
Produtor(es) Phil Spector, John Lennon e Yoko Ono
Escritor(es) John Lennon
Cronoloxía
«"Power to the People"» «Imagine» «"Happy Xmas (War Is Over)"»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

É o sinxelo máis vendido de toda a súa carreira e a súa letra anima ao oínte a imaxinar un mundo en paz sen as barreiras das fronteiras ou divisións de relixión ou nacionalidade, e a considerar a posibilidade de que a humanidade debería centrarse en ter unha vida sen atarse a posesións materiais.

Lennon e Yoko Ono co-produciron a canción e o álbum do mesmo nome con Phil Spector. A gravación comezou no estudio caseiro de Lennon en Tittenhurst Park, Inglaterra, en maio de 1971, realizando os overdubs finais no estudio Record Plant, en Nova York, durante o mes de xullo. Un mes despois do lanzamento do LP en setembro, Lennon publicou "Imagine" como sinxelo nos Estados Unidos; o tema chegou ao número 3 da lista Billboard Hot 100 e o álbum foi número 1 na lista británica en novembro, converténdose posteriormente no máis exitoso de toda a súa carreira. Aínda que orixinalmente non foi editado como sinxelo no Reino Unido, lanzouse en 1975 para promocionar un recompilatorio e acadou o número 6 das listas ese ano. Dende entón a canción vendeu máis de 1,6 millóns de copias no Reino Unido; chegaría ao primeiro posto tras o asasinato de Lennon en decembro de 1980. En 1985, instalouse un memorial nunha parte de Central Park cun mosaico onde se pode ler "Imagine" na honra a Lennon.

Notas

Tags:

John Lennon

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Golda MeirLeBron JamesHTML5Liga de Unidade e Ação RevolucionáriaAna Belén FortesLeitzaldeaAllarizAraitzAspiradoraMiguel Ángel Zabalza BerazaMónica García PérezBiblioteca Gabriel García MárquezForo (contrato)David BustamanteCarlos II de EspañaNico HülkenbergEduardo Paredes RodríguezCastañolaFran AlonsoAranésPornografíaThe RapantsDiego Martínez PenasURevolución dos CaraveisXabier DíazLekunberriFernando AlonsoJosé Luis ValladaresFala de EstremaduraIsaac Díaz PardoJennifer LopezEleccións municipais de 2015 en GaliciaA CoruñaDaniel BasteiroArmando RequeixoXXX edición dos Premios GoyaPartido Nazonalista Republicán de OurenseOs vellos non deben de namorarseJava (linguaxe de programación)SevillaLeninNieves NeiraCarballoBorussia DortmundYouTubeManuel González LópezDiego Rivas RegoJosé Pablo del Bado RivasLucas VázquezCantanteEdward John SmithMoscovaXosé Ramón Fernández-OxeaPirámide de necesidades de MaslowDios ke te crewSupermartesVillarmentero de CamposHaxixFerrolPantera RodríguezRede privada virtual1890Fauna de GaliciaMarineda CityCharles de GaulleXabier DeiveAccidente de ChernóbilPilar AbellaInstagramLiteratura galega do século XXPoloniaVulvaTamara CanosaNormandíaLista de palabras galegas de orixe celta🡆 More