Ilusionismo

O ilusionismo é unha arte escénica, tamén chamada maxia ou prestidixitación.

Consiste en, por distintos medios (suxestión etc) crear a ilusión de que algo imposible está acontecendo. Adoitan ser aparicións, desaparicións, transformacións, unións, lecturas da mente, e diversos fenómenos que rompen as leis da física e da lóxica, desafiando a explicación racional.

O ilusionista

Ilusionismo 
Jean Eugène Robert-Houdin, que é considerado o primeiro mago moderno.

Un ilusionista, prestidixitador ou mago é a persoa que realiza xogos de maxia, creando ilusións nun ou máis dos sentidos (visual, auditivo etc.) e a mente, facendo parecer realidade o imposible.

Os artificios do ilusionismo existiron dende o principio dos tempos, utilizándoo, por exemplo, os xamáns para demostraren a súa condición de feiticeiros. Porén, a profesión de ilusionista ganou prestixio durante o século XVIII, e foi pasando por diversas modas ata converterse nunha das formas máis populares de entretemento.

O ilusionismo moderno débelle unha gran parte das súas orixes a Jean Eugène Robert-Houdin (1805-1871), de profesión reloxeiro, que abriu un teatro de maxia en París na década de 1840.

O célebre mago e/ou escapista do século XIX (e posiblemente de todos os tempos) Harry Houdini (1874-1926), tomou o seu nome profesional de Harry Keller e do susodito Robert-Houdin, e desenvolveu unha serie de ilusións de maxia escénicas, baseadas moitas delas na arte do escape.

A finais do século XX, o ilusionismo volvou ter certo auxe da man de Doug Henning primeiro, e David Copperfield despois, a través dos especiais televisivos, espectáculos en Broadway, e xiras mundiais.

Tipos de ilusionismos

Adóitase clasificar o ilusionismo segundo diferentes conceptos.

En función da distancia en relación ao número de espectadores, número deles, e situación da presentación:

  • Maxia de preto: efectos feitos a curta distancia, a menos dunha ducia de espectadores (algúns magos utilizan pantallas xigantes para representalos perante un teatro enteiro). Empréganse case sempre naipes, moedas, e outros obxectos cotiáns e de pouco tamaño. Tamén chamada close up. A nivel mundial podemos nomear, entre os máis recoñecidos polos seus colegas, a Dai Vernon, Martin Nash, Eugene Burger, e máis a René Lavand.
  • Maxia e salón: xogos de maxia visibles para un grupo que poden ir desde unhas quince a cen persoas. Entre outros elementos, empréganse sogas, panos, aros, e diversos accesorios de tamaño medio. É a que acostuman a empregar os magos en festas e eventos.
  • Maxia de escena: lévase a cabo sobre un escenario, maiormente nun teatro. Nela desenvólvese as grandes ilusións, e as manipulacións. No século XX sobresaíron Cardini, Fred Kaps e Channing Pollock, entre outros.
  • Maxia da rúa: realízase na rúa. Ten moitos séculos de historia, e o seu máximo expoñente moderno é Jeff Sheridan, que actuaba na década de 1970 no Central Park de Nova York.
  • Maxia óptica: ilusións ópticas, fan ver o imposíbel (aparecer cores, movementos e dobre ou máis sentidos dalgún obxecto). Sempre se empregan fotos ou debuxos, onde a lóxica non ten sentido.

En función dos obxectos empregados:

  • Numismaxia: maxia con moedas.
  • Cartomaxia: maxia con naipes.
  • Maxia con animais: aparición, desaparición ou transformación de pombas, coellos e outros animais.
  • Grandes ilusiones: maxia na que persoas son cortadas, desaparecidas, encerradas en sitios estreitos, voan etc.

En función dos tipos de efectos:

  • Maxia cómica
  • Mentalismo
  • Maxia de manipulación
  • Escapismo
  • e outros

Basicamente existen Principios empregados na maxia:

  • Produción: facer aparecer algo do nada.
  • Desaparición: esvaecer algo ou a un mesmo.
  • Transformación: transformar algo noutra cousa, non necesariamente o obxecto, tamén pode ser a cor, a forma etc.
  • Restauración: restaurar algo roto ou danado.
  • Teletransportación: transportar algo dun lugar a outro, dunha forma imposible.
  • Levitación: suspender algo no aire simulando ausencia de gravidade.
  • Penetración: atravesar un obxecto con outro e que se restaure dunha forma imposible.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ilusionismo O ilusionistaIlusionismo Tipos de ilusionismosIlusionismo Véxase taménIlusionismoArteFísicaLóxicaMaxia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Creative CommonsRocco SiffrediXúpiterMaría do Socorro Ortega RomeroGotemburgoPartido Comunista pola República GalegaEra da informaciónEuropaAníbal MalvarMoinanteHenrique VIII de InglaterraTapa (peixe)ZendayaEncoro de PortodemourosCatch Me If You CanPartido Popular de GaliciaAlbert CamusMacizo GalaicoAtlético de RiveiraHarry PotterIsabel PerónPalas de ReiLucas TorreiraFernão de MagalhãesCoímbraBeatriz SerénParadoxo de TeseoMosteiro de Santa María de OseiraChantadaCastro de Punta do BicoCarlos de Matos GomesLiberalLingua casteláArzúaChen Shui-bianPosición aconchegadaClase (bioloxía)Brahim DíazWikipediaSantuario de Nosa Señora da PenedaO IrixoFC Rubín KazánAustraliaEliseo Seoane BardancaPablo PicassoVirusGerardo Pardo de VeraExaculaciónLuísa VillaltaJulian AssangeRepública Popular da ChinaCloroformoDinastía ValoisBetanzosPedro RieloOleirosRaxáBragaSegunda guerra mundialConnellitaComunistaSantiago GenovésGheadaRamón CabanillasLleidaNatalia JunqueraRaposo comúnA.C. MilanContactDarío Caramés RuzaCabeza de Manzaneda🡆 More