Ill Niño

Ill Niño é un grupo estadounidense de latin metal formado en Nova Jersey a comezos do ano 2000.

Tódolos integrantes do grupo teñen orixe latinoamericana, sendo orixinarios ou descendentes de países coma Perú, Guatemala, Venezuela, Brasil, México e República Dominicana.[Cómpre referencia]

Ill Niño
Ill Niño
Concerto en Praga
OrixeUnion City, Nova Jersey, Ill Niño
Período2000 - presente
Xénero(s)latin metal, metal alternativo, nu metal, metalcore.
Selo(s) discográfico(s)Victory, Cement Shoes, Roadrunner
MembrosCristian Machado
Lazaro Pina
Diego Verduzco
Ahrue Luster
Dave Chavarri
Oscar Santiago
Antigos membrosJorge Rosado
Marc Rizzo
Jardel Martins Paisante
Roger Vasquez
Daniel Couto
Artistas relacionadosSoulfly, Hatebreed, 40 Below Summer, Ankla, Deftones, Spineshank, Machine Head, Emmure, Terror Universal
Na rede
illnino.com
Facebook: Officialillnino Twitter: officialillnino MySpace: illnino Spotify: 1xJ6l1VXgGuyZ0uhu27caF Last fm: Ill+Niño Musicbrainz: 91e2e08f-abd7-44d6-9a84-b8a4afa8a265 Songkick: 24084 Discogs: 465285 Allmusic: mn0000087741 Deezer: 2183 Genius: Ill-nino Editar o valor em Wikidata

Historia

O grupo creouse no ano 1998, ano no que gravaron un EP, sendo Jorge Rosado o vocalista, có título de El Niño. Este era tamén o nome do grupo nos seus comezos, facendo referencia ao fenómeno meteorolóxico do mesmo nome. En 1999 o grupo formalizouse oficialmente. Trala marcha de Jorge Rosado do grupo, El Niño firmou coa discográfica Roadrunner Records no ano 2000, pero tiveron que mudar o nome do grupo á Ill Niño xa que o anterior xa o tiña outro grupo.

O seu primeiro álbum, Revolution Revolución, saíu ao mercado o 18 de setembro do 2001. A banda formou parte das xiras Ozzfest e Jägermeister en 2002. A comezos do 2003 Marc Rizzo deixou o grupo, por conflitos persoais e o desexo de perseguir proxectos diferentes, e Danny Couto uniuse ao grupo. Pouco antes da saída ao mercado de Confession, Ahrue Luster, anteriormente membro de Machine Head, uniuse ao grupo.

Confession foi lanzado ao mercado o 30 de setembro de 2003. O álbum debutou no número 37 na lista Billboard 200. O single principal do disco, "How Can I Live", incluíuse na banda sonora do filme Freddy vs. Jason, e foi o seu primeiro single que chegou a lista Billboard. O álbum vendeu máis de 110,000 copias nos Estados Unidos nos seus primeiros 5 meses no mercado.

O seu terceiro disco, One Nation Underground, saíu á venda o 27 de setembro do 2005. O grupo anunciou que remataba o seu contrato coa discográfica Roadrunner Records o 15 de xullo do 2006, e asinou un novo acordo co selo discográfico Cement Shoes Records.

Tras asinar coa nova discográfica, o grupo gravou un EP de cinco temas, The Under Cover Sessions, o 7 de novembro do 2006. Tres dos temas eran versións, incluíndo a canción do grupo Faith No More "Zombie Eaters", "Territorial Pissings" de Nirvana e "Red Rain" de Peter Gabriel. Vendeu 1,300 copias na súa primeira semana no mercado.

O cuarto álbum do grupo, Enigma, tiña como data de saída ao mercado o 9 de outubro do 2007, pero atrasouse varias veces, saíndo finalmente o 11 de marzo do 2008.

No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood xunto a God Forbid e Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.[Cómpre referencia]

En marzo de 2010 o grupo anunciou o seu acordo con Victory Records para a gravación dun novo álbum producido por eles mesmos e os co-produtores Sahaj Ticotin e Clint Lowery. O álbum foi titulado Dead New World e publicouse o 25 de outubro de 2010.[Cómpre referencia]

En febreiro de 2012, Ill Niño anunciou o comezo da gravación do que sería o seu sexto álbum de estudio, de novo baixo o selo de Victory Records. Este novo álbum foi gravado en estudios de Hoboken, Austin e Denver, e foi finalmente publicado o 22 de outubro de 2012 baixo o título Epidemia.[Cómpre referencia] Posteriormente, o 1 de outubro de 2013 o percusionista Daniel Couto deixou o grupo, sendo substituído por Oscar Santiago, e o 22 de xullo de 2014 o grupo publicou un novo álbum de estudio, titulado Till Death La Familia.[Cómpre referencia]

Membros

Discografía

  • Revolution Revolución (2001)
  • Confession (2003)
  • One Nation Underground (2005)
  • Enigma (2008)
  • Dead New World (2010)
  • Epidemia (2012)
  • Till Death, La Familia (2014)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ill Niño HistoriaIll Niño MembrosIll Niño DiscografíaIll Niño NotasIll Niño Véxase taménIll NiñoBrasilEstados Unidos de AméricaGuatemalaLatin metalMéxicoNova JerseyPerúRepública DominicanaVenezuelaWikipedia:Cómpre referencia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArtemisaMediana (xeometría)BudapestJulio IglesiasCanle (enxeñaría)RusiaEdicto de MilánLarry BirdAir AustralFernando Salgado GarcíaAncaraMullerClanDune (filme de 2021)Ácido isovaléricoTroitaTerreo (xeoloxía)Selección de fútbol do UruguaiDólar estadounidenseCangrexo comúnMTartaruga xigante das GalápagosPonferradaSandra ÍnsuaADN ZKenneth III de EscociaDonicelaRosario Porto OrtegaMitocondriaMarineraEdgar EndeTimothée ChalametXoves Santo1801OxalacetatoGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezXVI dinastía exipciaMúsicaPlovdivAeroporto de Beauvais-TilléÁreas lingüísticas do galegoJosé Luis GilAsnoSegunda República EspañolaMasturbación coas mamasSevillaCristina TapiasTeoría de númerosMustela nigripesThe BeatlesEnciclopedia Galega UniversalAnimalToledoFauna de GaliciaElvis PresleyLingua islandesaVoo 140 de China AirlinesAllarizCastrelo do ValLuca (filme de 2021)Víctor DupláLista de reis de BabiloniaVilariño de ConsoGuamGrupo EroskiVilar de SantosÁcido graxoAlbert LuqueCronoloxía da segunda guerra mundialBostonThe ArtistWikipediaGrafenoGotemburgoAustraliaTurco🡆 More