Heriberto Pérez Proenza: Xornalista e sindicalista galego

Heriberto Pérez Proenza, nado en Ourense o 8 de novembro de 1883, foi un político, sindicalista e xornalista galego.

Infotaula de personaHeriberto Pérez Proenza
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1883 Editar o valor em Wikidata (140 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Socialista e sindicalista, vinculouse ao movemento agrarista. Marchou a Biscaia, afiliouse á UGT e foi membro da Agrupación Socialista de Abanto Zierbena, onde foi concelleiro en 1911. Foi desterrado a Ourense por inxurias a un sacerdote. En Ourense foi presidente da Sociedade de Dependencia Mercantil, presidente da Agrupación Socialista de Ourense (1913) e director de El Vértigo. Foi elixido secretario da Federación Provincial de Sociedades Obreiras de Ourense en abril de 1914 presidida por José Conde Vide. En 1916 foi condenado pola Audiencia Provincial de Ourense con Manuel Lustres Rivas por inxurias ao presidente da Deputación de Ourense Emilio Morenza. Pola súa participación na folga xeral de 1917, foi detido en outubro. Participou na campaña para a elección de Luis Antón del Olmet como deputado por Verín nas eleccións de febreiro de 1918, onde foi detido, aínda que rapidamente liberado. En outubro de 1919 solicitou permiso para publicar un semanario co título Los Rojos, que non chegou a ver a luz. Nomeado secretario do Concello de San Amaro en marzo de 1922, foi destituído aos poucos días polo gobernador civil. Foi secretario xeral da CRAG e dirixiu El Agro en 1923.

Nos anos da República trasladouse á Pontraga (Tordoia) para traballar como vixilante das obras do ferrocarril Coruña-Santiago. Presentou o mitin do Partido Galeguista en Ordes o 4 de setembro de 1932. Presidente da Federación Agraria del Partido de Órdenes en 1933, foi detido en Ordes en agosto de 1933 cos veciños de Parada Manuel Souto Galano, Manuel Remuiñán Filgueira, Antonio Soto Pena e Juan Río, acusados de poñer un petardo na máquina desgranadora de Pedro Pampín del Río, un veciño que non quería ingresar na sociedade agraria. Volveu ser detido en 1934 e xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1935, acusado de reunión clandestina; defendido por Juan Jesús González, foi absolto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Heriberto Pérez Proenza TraxectoriaHeriberto Pérez Proenza NotasHeriberto Pérez Proenza Véxase taménHeriberto Pérez Proenza18838 de novembroOurensePobo galego

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dereitos humanosPantera RodríguezA LarachaMoncho ReboirasCemiterio de Santo Amaro da CoruñaCampo da RataTokusatsuMaría KodamaPedro Froilaz de TrabaHarvard University PressTVGEspazo ComúnLiechtensteinReino UnidoCampus de EsteiroRebentaboisLepa MladjenovicParísFranciaIrmandiñosSuomen JääkiekkoleijonatBox Office MojoREC (filme)EuroPablo DíazContinenteManuel FragaCatedral de BurgosAndrea MaceirasLareiraLuis VilariñoAgricultura ecolóxicaSenén PousaEmiratos Árabes UnidosArtur BordaloCesáreo Sánchez IglesiasArroazMAX AsiaLingua francesaNarónO incerto señor Don HamletGerardo Pardo de VeraCaxade (grupo)Jaime Fraiz FernándezCelso Emilio FerreiroSerbia1963Obxectivos de Desenvolvemento SostíbelPenerbosa, Negrelos, RodeiroBenito KamelasA borracheira na cultura popular galegaFausto CercignaniDeidadeRubén ArroxoLucía Rodríguez VázquezEugenia Osterberger5Lista de países por poboaciónPepe CoiraFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaCalendario persaWikiEstatua de Che Guevara en OleirosXosé BallesterosAlcaldes da CoruñaSingular e plural en galegoLingua árabeEl Correo GallegoMerlíOutonín, San Cristovo de Lóuzara, SamosVenresLimoeiroAWStatsMucha e Nucha🡆 More