Grupo De Coordinación Internacional Para Kosovo

O Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG) é unha organización formada de acordo co Plan Ahtisaari sobre o proceso do estatuto de Kosovo, configurado para guiar o desenvolvemento democrático e promover a boa gobernanza de Kosovo, a súa multietnicidade e o mantemento do Estado de dereito.

Grupo De Coordinación Internacional Para Kosovo
Kosovo

O grupo é responsábel da supervisión do Representante Especial da Unión Europea para Kosovo (REUE), nomeado polo Consello da Unión Europea, como representante Civil Internacional para Kosovo (ICR).

O ICR é a autoridade final en Kosovo en canto á interpretación do Plan e ten a "capacidade de anular decisións ou leis aprobadas polas autoridades de Kosovo e de sancionar e destituír a funcionarios públicos cuxas accións sexan contarias aos obxectivos do Plan. O primeiro responsábel do ICR e a REUE en Kosovo foi o diplomático Pieter Feith.

Na Declaración de indpendencia de Kosovo en 2008 aceptábanse totalmente as obrigas do Plan Ahtisaari. A reunión inaugural tivo lugar o xoves 28 de febreiro de 2008. O grupo foi declarado "ilegal" por Serbia e condenado por Rusia.

O 10 de setembro de 2012, o Grupo de Coordinación Internacional terminou formalmente a súa supervisión.

Membros

Hai 25 países que son membros do Grupo de Coordinación, dos cales 15 estaban xa na súa formación, e outros 10 que se uniron máis tarde. Todos os países do grupo recoñecen a declaración de independencia de Kosovo.

No proxecto do plan de Ahtisaari o ISG estaba composto por:

  • Francia
  • Alemaña
  • Italia
  • Rusia
  • Reino Unido
  • Estados Unidos
  • Unión Europea
  • Comisión Europea
  • OTAN

O grupo está composto actualmente por 20 estados membros da UE e cinco países non comunitarios:

  • Alemaña
  • Austria
  • Bélxica
  • Bulgaria
  • Croacia (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
  • Dinamarca
  • Eslovenia
  • Estados Unidos
  • Estonia
  • Finlandia
  • Francia
  • Hungría
  • Irlanda
  • Italia
  • Letonia
  • Lituania (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
  • Luxemburgo
  • Noruega (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
  • Países Baixos
  • Polonia
  • Reino Unido
  • República Checa
  • Suecia
  • Suíza
  • Turquía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Grupo De Coordinación Internacional Para Kosovo MembrosGrupo De Coordinación Internacional Para Kosovo NotasGrupo De Coordinación Internacional Para Kosovo Véxase taménGrupo De Coordinación Internacional Para KosovoKosovo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Edward R. MurrowSongkickRubén CelaArco da vellaNeornithesEtanolThe New York TimesMitocondriaMarjorie Emory SimpsonCisma de OccidenteLuis ZaheraMadama ButterflyMundial de Fútbol de 1982ClanARN mensaxeiroArvicola amphibiusÁcido succínicoPili PampínTAG HeuerOsloGran Premio de Bahrain de 2018MetabolismoWalt WhitmanCastro de Punta do BicoChamaeleo chamaeleonInés ArrimadasChipreAnxo (cristianismo)Anna Maleras ColoméReggio de CalabriaPeixes serraPolpa dentariaÁcido graxo esencialSistema nervioso somáticoLingua zazakiPimpíns de DarwinMasideLista de episodios de DoraemonPortugalReino UnidoEguaPigmento biolóxicoXinzo de LimiaMySQLBacteria gramnegativaBorschLingua erzyaRosario Porto OrtegaDeportivo da CoruñaJosé Luis GilEurocopa de FútbolErgocalciferolMaría do Socorro Ortega RomeroAntonio BanderasNoitevellaVoo 140 de China AirlinesTeixido, CedeiraVocalización das avesCopa do SarBudismoLogroñoFusión do ADNLingua birmanaAeroporto de TesalónicaViktoryja AzarankaCangrexo comúnXeoloxíaGuerra civil rusaIlla de NadalBadalona🡆 More