Gran Premio De San Marino De 1994

O Gran Premio de San Marino de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de maio de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia.

Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994.

Gran Premio De San Marino De 1994 Gran Premio de San Marino de 1994
Detalles da carreira
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.
Trazado do circuíto de Imola.
Trazado do circuíto de Imola.
Data 1 de maio de 1994
Nome oficial XIV Gran Premio de San Marino
Localización Autódromo Enzo e Dino Ferrari
Imola, Emilia-Romaña, Italia
Percorrido Circuíto permanente
4´933 km
Distancia 58 voltas, 286´114 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Gran Premio De San Marino De 1994 Ayrton Senna Williams-Renault
Tempo 1:21.548
Volta rápida
Piloto Gran Premio De San Marino De 1994 Damon Hill Williams-Renault
Tempo 1:24.335 na volta 10
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford
Segundo Italia Nicola Larini Ferrari
Terceiro Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Peugeot

Os sucesos ocorridos nesta carreira significaron un importante punto de inflexión tanto na tempada de 1994, como no desenvolvemento da Fórmula Un, sobre todo no que respecta á seguridade.

A fin de semana viuse empañada pola morte do piloto austríaco Roland Ratzenberger e a do triplo campión do mundo Ayrton Senna en distintos accidentes. Noutros incidentes resultaron feridos o piloto Rubens Barrichello e varios mecánicos e espectadores.

Michael Schumacher gañou a carreira despois do seu reinicio. Na conferencia de prensa logo da carreira, Schumacher dixo que el "non podía sentirse satisfeito, non podía sentirse feliz" coa súa vitoria logo dos acontecementos que ocorreran durante a fin de semana. Nicola Larini anotou os primeiros puntos da súa carreira, cando logrou a segunda posición do podio. Mika Häkkinen terminou en terceiro lugar.

A carreira deu lugar a unha maior énfase na seguridade no deporte, así como a reforma da Grand Prix Drivers' Association logo dun baleiro de 12 anos, e o cambio nos deseños dos circuítos e de moitos deseños de automóbiles. Tamén fixéronse numerosos cambios nas regulacións para limitar a velocidade dos coches de Fórmula Un e os novos circuítos, como Circuíto Internacional de Bahrain, incorporaron grandes áreas de escape para frear os coches antes de que choquen cos muros.

A Senna déuselle un funeral de Estado no seu país de orixe, Brasil, onde ao redor de 500.000 persoas saíron ás rúas para ver pasar o cadaleito. Os fiscais italianos acusaron de homicidio a seis persoas en relación coa morte de Ayrton Senna, todos os cales foron absoltos. O caso tardou máis de 11 anos en concluír debido a unha apelación e un novo xuízo tras o veredicto orixinal de non culpable.

Informe

Cualificación

Cualificación do venres

O venres, 29 de abril, durante a primeira sesión de cualificación para determinar a orde de saída para a carreira, Rubens Barrichello, un dos pilotos de Jordan, chocou contra o bordo da curva Variante Bassa a 225 km/h, lanzándoo polo aire. Golpeouse coa parte superior da barreira de pneumáticos , e perdeu o coñecemento. O seu coche deu varias voltas despois da aterraxe antes de deterse ao revés. Os equipos médicos tratárono no lugar do accidente, e foi levado ao centro médico. Volveu á concentración ao día seguinte, a pesar do seu nariz roto e un xeso no seu brazo polo que perdeu o resto da fin de semana.

Cualificación do sábado

Gran Premio De San Marino De 1994 
Roland Ratzenberger resultou mortalmente ferido durante a cualificación ao estrelarse despois dun fallo no alerón dianteiro.

Na última sesión de clasificación, Roland Ratzenberger non puido negociar a curva Villeneuve no seu Simtek, chocou case de fronte contra o muro de formigon oposto da barreira e resultou ferido de gravidade. A pesar de que a célula de supervivencia permaneceu intacta, a forza do impacto infrixiulle unha fractura na base do cranio. Ratzenberger, na súa primeira tempada como piloto de Fórmula Un, pasara por encima dun bordo na chicane Acque Minerali na súa volta anterior, se cre que o impacto danou o seu alerón dianteiro. En lugar de regresar á boxes, continuou noutra volta rápida. A 306 km/h o seu coche sufriu un fallo no alerón dianteiro, deixándoo incapaz de controlalo.

A sesión suspendeuse mentres que os médicos asistian a Ratzenberger. A sesión renovouse aproximadamente 25 minutos máis tarde, pero os equipos, incluídos Williams e Benetton, non participaron. Máis tarde no hospital anunciouse que Ratzenberger morrera como resultado das súas múltiples lesións. A súa morte marcou o primeiro morto nun fin de semana na Fórmula Un desde que no Gran Premio do Canadá de 1982 morrera Ricardo Paletti e oito anos desde a morte de Elio de Angelis probando un Brabham no Circuíto Paul Ricard. O profesor Sid Watkins, o entón xefe do equipo médico de pista da Fórmula Un, recordou nas súas memorias a reacción de Ayrton Senna cando recibiu a noticia, afirmando que "Ayrton derrubouse e chorou no meu ombreiro". Watkins tratou de persuadir a Senna de non correr o día seguinte, preguntando "Que máis necesitas facer? Es tres veces campión mundial, e obviamente, o piloto máis rápido. Abandona e imos pescar", pero Ayrton insistiu, dicindo: "Sid, hai certas cousas sobre as cales non temos control. Non podo abandonar, teño que seguir adiante".

Senna logrou a pole position, por diante do líder do campionato Michael Schumacher. Gerhard Berger cualificou 3º, e o compañeiro de equipo de Senna Damon Hill comezou desde a cuarta posición. O tempo realizado por Ratzenberger antes do seu fatal accidente sería suficiente para entrar na carreira partindo do posto 26 e último da grella.

Carreira

Primeira saída

Gran Premio De San Marino De 1994 
A morte do tres veces campión do mundo Ayrton Senna durante a carreira cambiou permanentemente o deporte

No inicio da carreira, J.J. Lehto quedou parado co seu Benetton na grella. Pedro Lamy, que partia desde máis atrás na grella, non puido esquivalo e golpeou a parte traseira do coche de Lehto, e saíu voando polo aire. Varias partes do coche bateron contra o valo de seguridade deseñado para protexer aos espectadores na liña de saída, causando feridas leves a nove persoas. O incidente causou a saída do coche de seguridade, que foi utilizado por todos os demais competidores para manter a posición detrás del mentres viaxaba a unha velocidade reducida. Durante este período, e como resultado de circular a baixas velocidades, as temperaturas dos pneumáticos reduciuse. Ao informar aos pilotos, Senna, xunto con Gerhard Berger, expresaron a súa preocupación porque o coche de seguridade (reintroducido na F1 en 1993) non ía o suficientemente rápido como para manter as altas temperaturas dos pneumáticos. Unha vez que a pista quedou libre de cascallos, o coche de seguridade retirouse e a carreira reiniciouse cunha saída lanzada. Na segunda volta logo da continuación, con Ayrton Senna diante de Michael Schumacher, o coche de Senna saíuse da pista na curva Tamburello, e logo dunha desaceleración de 306 km/h a 211 km/h, golpeou o muro de formigón.

Gran Premio De San Marino De 1994 
Curva de Tamburello, Lugar do Accidente de Senna

Ás 2:17 pm hora local, foi mostrada a bandeira vermella para indicar que a carreira detíase e Sid Watkins chegou ao lugar para tratar de Senna. Cando unha carreira detense por unha bandeira vermella os coches deben diminuír a velocidade e facer o seu camiño de regreso á boxes ou a grella de saída ata novo aviso. Isto protexe aos comisarios de carreira e ao persoal médico na escena do accidente, e permite un acceso máis fácil para os coches médicos ao incidente. Aproximadamente 10 minutos despois do accidente de Senna, un erro do equipo Larrousse permitiu a un dos seus pilotos, Érik Comas, saír dos pits, a pesar de que o circuíto estaba pechado baixo bandeiras vermellas. Os comisarios déronlle avisos freneticamente mentres se achegaba ao lugar do accidente circulando a "velocidade máis ou menos completa". O comentarista de Eurosport John Watson describiu o incidente como "a cousa máis ridícula que vin en calquera momento a miña vida". Comas evitou atropelar as persoas ou vehículos que se atopaban no circuíto, pero logo de pasar preto da escena do accidente de Senna, sentiuse tan deprimido polo que viu que se retirou da carreira . As imaxes que se mostran de Senna sendo tratado no chan (fornecidas polo radiodifusor anfitrión a RAI) eran moi gráficas, e a BBC cambiou á súa propia cámara e centrouse no pit lane. O comentarista da BBC Murray Walker con frecuencia falou do molesto que era ter que falar cos espectadores, evitando toda mención ás estremecedoras imaxes, que podía ver na emisión mundial. Senna foi sacado do destruído Williams e levado en helicóptero ao Hospital Maggiore nas proximidades de Boloña. Os equipos médicos seguiron tratandoo durante o voo. Trinta e sete minutos despois do accidente, ás 2:55 pm hora local, a carreira reiniciouse.

Segunda saída

O resultado da carreira veu determinado pola suma dos tempos da primeira carreira suspendida e a segunda carreira. Desde o reinicio, Gerhard Berger tomou a dianteira na pista, pero Schumacher lideraba a carreira, debido á ventaxe que tiña antes da suspensións da carreira. Schumacher tomou a dianteira na pista na volta 12, e catro voltas máis tarde, Berger retirouse da carreira con problemas na dirección. Larini tomou brevemente o liderado cando Schumacher fixo o seu Pit Stop pero a orde foi restablecido cando Larini tivo que facer a súa propia parada en boxes. A dez voltas do final a roda traseira dereita desprendeuse do Minardi de Michele Alboreto, cando saía da rúa de boxes, golpeando a dous mecánicos de Ferrari e a dous de Lotus, que necesitaron tratamento no hospital. Michael Schumacher gañou a carreira por diante de Nicola Larini e Mika Häkkinen, dándolle un máximo de 30 puntos logo de 3 carreiras na tempada de Fórmula Un de 1994. Foi o único podio da carreira de Larini, e a primeira das dúas ocasións nas que anotou puntos no campionato do mundo. A cerimonia do podio, por respecto a Roland Ratzenberger e Ayrton Senna, non se celebrou derramando champaña.

Logo da carreira

Gran Premio De San Marino De 1994 
O trazado do circuíto modificouse despois dos dous accidentes mortais da carreira de 1994.

Dúas horas e 20 minutos despois de que Schumacher cruzara a meta, ás 6:40 pm hora local, a Dra. María Teresa Fiandri anunciou que Ayrton Senna morrera. A hora oficial da morte foi as 2:17 pm local, o que significa que Senna morreu instantaneamente. A causa da morte establecida pola autopsia foi que unha peza da suspensión do coche atravesoulle o casco e o cranio.

O deseño do circuíto de Imola de 1994, vixente desde 1981, nunca volveu ser utilizado de novo para unha carreira de Fórmula Un. O circuíto foi modificado en gran medida logo da carreira, incluíndo un cambio na curva de Tamburello, tamén escenario dos graves accidentes de Gerhard Berger en (1989) e Nelson Piquet en (1987), convertendo a curva de alta velocidade nunha chicane moito máis lenta. A FIA tamén cambiou a normativa da Fórmula Un que regulaba os deseños dos coches, ao punto de que os Regulamentos de 1995 esixían que todos os equipos crearan deseños totalmente novos, xa que os seus coches de 1994 non podía ser adaptados a eles. A preocupación exposta na conferencia de pilotos na mañá da carreira, por Senna e Berger, levaría á reforma da Grand Prix Drivers' Association na seguinte carreira, o Gran Premio de Mónaco de 1994. A GPDA, que fora fundada en 1961, disolverase en 1982. O propósito principal da reforma foi permitir aos pilotos discutir temas de seguridade co fin de mellorar o nivel a raíz dos incidentes en Imola. Os dous primeiros postos da grella no Gran Premio de Mónaco dese ano, foron pintados con bandeiras do Brasil e Austria, e deixaronse baleiras en memoria dos dous pilotos que perderan as súas vidas, mentres que Williams e Simtek competiron con só un coche cada un. Ademais, foi gardado un minuto de silencio antes da carreira.

A Senna déuselle un funeral de Estado, en São Paulo, Brasil o 5 de maio de 1994. Aproximadamente 500.000 persoas saíron ás rúas para ver pasar o cadaleito. O eterno rival de Senna Alain Prost foi un dos portadores do féretro. A maioría da comunidade da Fórmula Un asistiu ao funeral de Senna, pero o presidente do organismo reitor do deporte, a FIA, Max Mosley asistiu ao funeral de Ratzenberger que tivo lugar o 7 de maio de 1994 en Salzburgo, Austria. Mosley dixo nunha conferencia de prensa dez anos máis tarde, "fun ao seu funeral porque todos fóron ao de Senna. Pensei que era importante que alguén fose ao seu."

En outubro de 1996 a FIA dedicouse á investigar un sistema de retención da cabeza dos pilotos nos impactos, en colaboración con McLaren e Mercedes-Benz. Mercedes contactou cos responsables do dispositivo de HANS (soporte para cabeza e pescozo), con miras á súa adaptación para a Fórmula Un. O dispositivo HANS foi presentado por primeira vez en 1991 e foi deseñado para suxeitar a cabeza e o pescozo no caso dun accidente e evitar a fractura da base do cranio, a lesión que causou a morte Ratzenberger. As probas iniciais resultaron un éxito e no Gran Premio de San Marino de 2000, publicouse o informe final que chegou á conclusión de que o uso do HANS era recomendable. O seu uso fíxose obrigatorio desde o inicio da tempada 2003.

Senna segue sendo o último piloto en morrer nun accidente na Fórmula Un, aínda que dous comisarios de pista morreron como resultado directo de accidentes deste tipo: Paolo Ghislimberti no Gran Premio de Italia de 2000, e Graham Beveridge no Gran Premio de Australia de 2001.

Xuízo

Os fiscais italianos presentaron unha demanda xudicial contra seis persoas en relación coa morte de Ayrton Senna. Eran Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey de Williams; Fedrico Bendinelli que representaba aos propietarios do Autódromo Enzo e Dino Ferrari ; Giorgio Poggi como director do circuíto e Roland Bruynseraede, que era o director da carreira e aprobou o circuíto. O veredicto do xuízo foi emitido o 16 de decembro de 1997, declarando a inocencia dos seis acusados dos cargos de homicidio. O tribunal estableceu que a causa do accidente de Senna foi a ruptura da columna de dirección. A columna fora cortada e soldada de novo, a petición de Senna, co fin de que estar máis cómodo no coche.

Tras a decisión do tribunal, foi presentado un recurso de apelación polo fiscal do estado contra Patrick Head e Adrian Newey. O 22 de novembro de 1999, a corte de apelación absolveu a Head e Newey de todos os cargos, afirmando que non había novas probas (faltaban datos da gravadora da caixa negra do coche de Senna, debido aos danos e 1´6 segundos de vídeo da cámara de a bordo do coche de Senna non estaban dispoñibles debido a que a emisora cambiou a outra cámara do coche xusto antes do accidente), polo que en virtude do artigo 530 do Código Penal italiano, a acusación tivo que ser declarada como "non existe ou o feito non subsiste". Este resultado da apelación foi anulado en xaneiro de 2003, xa que o Tribunal de Casación cre que o artigo 530 fora mal interpretado, e foi ordenado un novo xuízo. O 27 de maio de 2005, Newey foi absolto de todos os cargos, mentres que o caso de Head "prescribiu" en virtude dun estatuto de limitacións. O Tribunal de Apelación italiano, o 13 de abril de 2007, declarou o seguinte na senténcia número 15050: "Determinouse que o accidente foi causado por un fallo da columna de dirección. Este fallo foi causado por modificacións mal deseñadas e mal executadas, a responsabilidade disto recae na cabeza de Patrick, culpable de omitir o control". O responsable do accidente de Senna, Patrick Head, non foi detido porque en Italia, o prazo de prescrición por homicidio é de 7 anos e 6 meses, e o veredicto final foi pronunciado 13 anos despois do accidente.

Clasificación

Cualificación

Pos Piloto Equipo Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza
1 2 Gran Premio De San Marino De 1994  Ayrton Senna Williams-Renault 1:21.548 sen tempo
2 5 Gran Premio De San Marino De 1994  Michael Schumacher Benetton-Ford 1:22.015 1:21.885 +0.337
3 28 Gran Premio De San Marino De 1994  Gerhard Berger Ferrari 1:22.113 1:22.226 +0.565
4 0 Gran Premio De San Marino De 1994  Damon Hill Williams-Renault 1:23.199 1:22.168 +0.620
5 6 Gran Premio De San Marino De 1994  JJ Lehto Benetton-Ford 1:22.717 1:24.029 +1.169
6 27 Gran Premio De San Marino De 1994  Nicola Larini Ferrari 1:22.841 1:23.006 +1.293
7 30 Gran Premio De San Marino De 1994  Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 1:23.119 sen tempo +1.571
8 7 Gran Premio De San Marino De 1994  Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 1:23.611 1:23.140 +1.592
9 3 Gran Premio De San Marino De 1994  Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:24.000 1:23.322 +1.774
10 29 Gran Premio De San Marino De 1994  Karl Wendlinger Sauber-Mercedes 1:23.788 1:23.347 +1.799
11 10 Gran Premio De San Marino De 1994  Gianni Morbidelli Footwork-Ford 1:23.663 1:24.682 +2.115
12 4 Gran Premio De San Marino De 1994  Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 1:23.703 1:23.831 +2.155
13 8 Gran Premio De San Marino De 1994  Martin Brundle McLaren-Peugeot 1:24.443 1:23.858 +2.310
14 23 Gran Premio De San Marino De 1994  Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:24.078 1:24.423 +2.530
15 24 Gran Premio De San Marino De 1994  Michele Alboreto Minardi-Ford 1:24.276 1:24.780 +2.728
16 9 Gran Premio De San Marino De 1994  Christian Fittipaldi Footwork-Ford 1:24.655 1:24.472 +2.924
17 25 Gran Premio De San Marino De 1994  Éric Bernard Ligier-Renault 1:24.678 1:40.411 +3.130
18 20 Gran Premio De San Marino De 1994  Érik Comas Larrousse-Ford 1:26.295 1:24.852 +3.304
19 26 Gran Premio De San Marino De 1994  Olivier Panis Ligier-Renault 1:24.996 1:25.160 +3.448
20 12 Gran Premio De San Marino De 1994  Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 1:25.114 1:25.141 +3.566
21 15 Gran Premio De San Marino De 1994  Andrea de Cesaris Jordan-Hart 1:25.234 1:25.872 +3.686
22 11 Gran Premio De San Marino De 1994  Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 1:26.453 1:25.295 +3.747
23 19 Gran Premio De San Marino De 1994  Olivier Beretta Larrousse-Ford 1:27.179 1:25.991 +4.443
24 31 Gran Premio De San Marino De 1994  David Brabham Simtek-Ford 1:27.607 1:26.817 +5.269
25 34 Gran Premio De San Marino De 1994  Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 1:27.732 1:27.143 +5.595
26 32 Gran Premio De San Marino De 1994  Roland Ratzenberger Simtek-Ford 1:27.657 1:27.584 +6.036
27 33 Gran Premio De San Marino De 1994  Paul Belmondo Pacific-Ilmor 1:28.361 1:27.881 +6.333
28 14 Gran Premio De San Marino De 1994  Rubens Barrichello Jordan-Hart 14:57.323 Sen tempo +13:35.775
Fonte:

Carreira

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Gran Premio De San Marino De 1994  Michael Schumacher Benetton-Ford 58 1:28:28.642 2 10
2 27 Gran Premio De San Marino De 1994  Nicola Larini Ferrari 58 +54.942 segs 6 6
3 7 Gran Premio De San Marino De 1994  Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 58 +70.679 segs 8 4
4 29 Gran Premio De San Marino De 1994  Karl Wendlinger Sauber-Mercedes 58 +73.658 segs 10 3
5 3 Gran Premio De San Marino De 1994  Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 57 +1 volta 9 2
6 0 Gran Premio De San Marino De 1994  Damon Hill Williams-Renault 57 +1 volta 4 1
7 30 Gran Premio De San Marino De 1994  Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 57 +1 volta 7
8 8 Gran Premio De San Marino De 1994  Martin Brundle McLaren-Peugeot 57 +1 volta 13
9 4 Gran Premio De San Marino De 1994  Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 56 +2 voltas 12
10 12 Gran Premio De San Marino De 1994  Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 56 +2 voltas 20
11 26 Gran Premio De San Marino De 1994  Olivier Panis Ligier-Renault 56 +2 voltas 19
12 25 Gran Premio De San Marino De 1994  Éric Bernard Ligier-Renault 55 +3 voltas 17
13 9 Gran Premio De San Marino De 1994  Christian Fittipaldi Footwork-Ford 54 Trompo 16
Ret 15 Gran Premio De San Marino De 1994  Andrea de Cesaris Jordan-Hart 49 Trompo 21
Ret 24 Gran Premio De San Marino De 1994  Michele Alboreto Minardi-Ford 44 Roda 15
Ret 10 Gran Premio De San Marino De 1994  Gianni Morbidelli Footwork-Ford 40 Motor 11
Ret 23 Gran Premio De San Marino De 1994  Pierluigi Martini Minardi-Ford 37 Trompo 14
Ret 31 Gran Premio De San Marino De 1994  David Brabham Simtek-Ford 27 Trompo 24
Ret 34 Gran Premio De San Marino De 1994  Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 23 Motor 25
Ret 19 Gran Premio De San Marino De 1994  Olivier Beretta Larrousse-Ford 17 Motor 23
Ret 28 Gran Premio De San Marino De 1994  Gerhard Berger Ferrari 16 Suspensión 3
Ret 2 Gran Premio De San Marino De 1994  Ayrton Senna Williams-Renault 5 Accidente mortal 1
Ret 20 Gran Premio De San Marino De 1994  Érik Comas Larrousse-Ford 5 Retirado 18
Ret 6 Gran Premio De San Marino De 1994  JJ Lehto Benetton-Ford 0 Colisión 5
Ret 11 Gran Premio De San Marino De 1994  Pedro Lamy Lotus-Mugen-Honda 0 Colisión 22
NTS 32 Gran Premio De San Marino De 1994  Austria Roland Ratzenberger Simtek-Ford Accidente mortal na cualificación
NSC 33 Gran Premio De San Marino De 1994  Paul Belmondo Pacific-Ilmor
NSC 14 Gran Premio De San Marino De 1994  Rubens Barrichello Jordan-Hart Lesionado
Fonte:

Posicións logo da carreira

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Pacífico de 1994
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1994
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1994
Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1993
Gran Premio de San Marino Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1995

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Gran Premio De San Marino De 1994 InformeGran Premio De San Marino De 1994 XuízoGran Premio De San Marino De 1994 ClasificaciónGran Premio De San Marino De 1994 Posicións logo da carreiraGran Premio De San Marino De 1994 NotasGran Premio De San Marino De 1994 Véxase taménGran Premio De San Marino De 1994Autódromo Enzo e Dino FerrariCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1994Fórmula UnImolaItalia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AS-12Manuel TurizoVigoProfeta Habacuc (Donatello)Carlos NegroInfolibreSéchu Sende163Vicente RiscoFran AlonsoXosé Neira VilasXabarín ClubMiguel de CervantesIlustración en GaliciaFruit NinjaDe factoNósSeseoGrupo RompentePortugalOurense Club de FútbolLugoHLA-FSeixoXosé Manuel PiñeiroCristina PichelPorto do Souto, A Canda, PiñorCarbohidratoVladimir PutinXXX edición dos Premios GoyaEl NiñoÁ lus do candilLa Matanza de AcentejoMagnitude aparenteListenbourgFC Bayern MünchenXestaCatedral de Santiago de CompostelaEva CárdenasLupus eritematoso sistémicoTorre de HérculesAustraliaLapa (molusco)Faro de VigoGuillermo VicenteBidueiroManuel Núñez SingalaEmilio Quiroga LosadaAna Belén FortesA CoruñaIrmandiñosXoán XardónLista das canles de YouTube máis subscritasBurgosA Sexta AngustiaRock HudsonMártires de CarralLuís García MañáFeniciosXurxo AyánLondresVillarrobledoGúgolModelo OSIClaudia SheinbaumNacho VidalCarlo AncelottiMiranda de EbroCentro penitenciario de TeixeiroTesouro de BaltimoreEra ComposteláManuel RomayGarfieldYongzhou🡆 More