Gwyllyn Samuel Newton Ford, nado no Quebec o 1 de maio de 1916 e finado en Beverly Hills (California) o 30 de agosto de 2006, foi un actor canadense nacionalizado estadounidense coñecido como Glenn Ford.
Ford era fillo dos anglo-quebequeses Hannah Wood Mitchell e Newton Ford, condutor de ferrocarrís. A través do seu pai era sobriño neto do primeiro Primeiro Ministro do Canadá Sir John A. Macdonald. Aos oito anos a familia mudouse a Santa Monica (California) e nacionalizouse estadounidense en 1939.
Tras graduarse do instituto comezou a traballar en pequenos grupos de teatro. Entre outros traballos, foi xinete para Will Rogers. En 1939 foi contratado por Columbia Pictures, adoptando o seu nome artístico, adaptado da localidade de nacemento do seu pai, Glenford, Alberta.
Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira cinematográfica para ingresar como voluntario nos marines. Tivo que abandonalos en 1944 por mor dunha úlcera duodenal que o tivera hospitalizado varios meses.
O papel que o deu a coñecer foi en Gilda con Rita Hayworth. A súa carreira floreceu nas décadas de 1950 e 1960 e chegou ata a de 1980, especialmente na televisión. O seu papel no filme Superman como Jonathan Kent, pai adoptivo de Clark Kent deuno a coñecer entre as novas xeracións. Na escena final de Ford neste filme escóitase a canción de Blackboard Jungle, "Rock Around the Clock", na radio dun coche.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glenn Ford |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Glenn Ford, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.