Gaston Bachelard, nado en Bar-sur-Aube o 27 de xuño de 1884 e finado en París o 16 de outubro de 1962, foi un filósofo da ciencia e da poesía francés.
Bachelard traballou en correos en París antes de estudar física e interesarse pola filosofía. Entre 1930 e 1940 foi profesor en Dijon.
Os estudos de Bachelard na historia e filosofía da ciencia como Le nouvel esprit scientifique e La formation de l'esprit scientifique baseáronse na súa visión da epistemoloxía histórica como unha clase de psicanálise da mente científica. Opúxose ao positivismo e ao neokantismo cun racionalismo no senso cartesiano, a ciencia constrúese contra a evidencia, contra as ilusión do coñecemento inmediato, é nese senso que fala dunha filosofía do non.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Gaston Bachelard, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.