Galsoft Linux

Galsoft Linux é unha distribución de GNU/Linux baseado en Lubuntu que ofrece un sistema GNU/Linux executable dende o medio de instalación e instalable, especialmente optimizado para desenvolverse eficazmente en equipos con poucos recursos de hardware.

Galsoft Linux
Galsoft Linux
DesenvolvedorEquipo de Galsoft Linux
Familia de S.O.GNU/Linux
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaGPL e outras
Última versión estable1.1 15 de setembro de 2012.
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webGalsoft Linux

Galsoft Linux está pensado para equipos portátiles e netbooks con baixos recursos de hardware e 512Mb o 1Gb de ram funcionando con moita rapidez.

Historia

Orixe

No verán de 2012, a raíz do proxecto Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, un grupo de mozos galegos decidiu realizar unha distribución propia de Linux, lixeira, rápida e con todas as aplicacións que se usan no día a día.

O resultado foi unha distribución Linux personalizada con Lubuntu con todos os drivers e aplicacións máis usadas dispoñibles como base e que corre en calquera tipo de equipo rápido e sen problemas.

A finais de agosto de 2012 o grupo Galsoft comezou a traballar na personalización e creación dunha distribución propia de Linux, e a principios de setembro lanzouse a Galsoft Linux 1.0.

Debido ás suxestións dos usuarios decidiuse incluír algunhas aplicacións adicionais non incluídas na versión inicial e soporte para reprodución de vídeos e arquivos multimedia, soporte para Java e Flash nos navegadores incluídos Mozilla Firefox e Chromium e outras melloras que se incluíron na nova versión Galsoft Linux 1.1.

Desenvolvemento

Durante o proceso de desenvolvemento, procurouse combinar un núcleo o máis lixeiro posible, ferramentas de baixos requisitos coas máximas prestacións posibles, un escritorio esteticamente amigable e uns requisitos de hardware e consumo mínimos. Así mesmo, buscouse que o sistema tivese as traducións ao castelán e o galego completas.

Galsoft Linux introduciu a posibilidade de traballar co formato ODF mediante a última versión de AbiWord. Para a xestión de fiestras utilizouse LXDE, e Krusader para a xestión de ficheiros e o escritorio. Ademais, moitas das ferramentas utilizadas tiñan as traducións ao castelán e o galego incompletas ─especialmente as deste último─, e tamén había bastantes aplicacións que non estaban nin tan sequera internacionalizadas ─non se podían traducir─, polo que durante o desenvolvemento do sistema tamén se realizaron intensos traballos de internacionalización e localización.

Entre as funcionalidades de Galsoft Linus cómpre salientar a escolla do galego como lingua por defecto no arranque livedvd e na instalación no disco duro.

Motivación

A motivación para o desenvolvemento desta distribución foi que os estudantes e mozos en xeral poidan dispoñer unha distribución Linux lixeira que se poida usar en calquera PC e coas aplicacións máis usadas incluídas.

Instalación

Como case calquera distribución de GNU/Linux, Galsoft Linux pode executarse dende o propio medio de instalación como Live DVD, ou instalarse no disco duro. O medio de instalación pode ser un DVD ou un dispositivo USB. Asemade, existen imaxes VDI para utilizar a distribución nunha máquina virtual de VirtualBox.

Notas

Véxase tamén

Distribución de GNU/Linux

Ligazóns externas

Tags:

Galsoft Linux HistoriaGalsoft Linux MotivaciónGalsoft Linux InstalaciónGalsoft Linux NotasGalsoft Linux Véxase taménGalsoft Linux Ligazóns externasGalsoft LinuxGNU/Linux

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Balea vascaInternational Statistical Classification of Diseases and Related Health ProblemsCallosobruchus chinensisJuan Carlos Rodríguez CebriánMila KunisSahelSistema Internacional de UnidadesInstrumentalBerberechoEtiopíaInés ArrimadasIndonesiaNiccolò MachiavelliCarboxiloDobre héliceBantengPonte de RandeProvincias de EspañaLisboaProteína ATMCarlos de Matos GomesDaniel RicciardoCobaiaAWStatsÁcido heptatriacontanoicoArianna d'OttoneDistritos de PortugalOcéano AtlánticoKingston, OntarioRianxoMaría I de InglaterraBalsa (árbore)Cangrexo comúnApodiformesGerardo Pardo de VeraSexo analArroazGalera (barco)DedativoJudy CollinsCalzada do XigantePericarditeCidadePThe ArtistXosé Antonio TouriñánGuerraNova OrleánsProvincia da CoruñaJulián MuñozRío AmazonasJoe BidenCobra viperinaEdgar de WahlMontederramoRick and MortyCharles LeclercÁcido palmíticoContactPierre GaslyMaruca do MediterráneoBoeing 767St. LouisFauna de GaliciaLarry BirdAmazonEudoxo de CnidoKeanu ReevesCarlito syrichtaPortugalAlbatros viaxeiroSanta Lucía, CaribeViktoryja AzarankaÁngel Pardo PuzoAfonso V de AragónA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesMarjorie Emory SimpsonÁcido sapiénico🡆 More