Francesc Macià: Político e militar catalán

Francesc Macià i Llussà, nado en Vilanova i la Geltrú o 21 de outubro de 1859 e finado en Barcelona o 25 de decembro de 1933, foi un político e militar catalán de ideoloxía republicana e independentista catalá.

Foi tenente coronel do exército de terra, 122º Presidente da Generalitat de Cataluña (sucedido por Lluís Companys i Jover) e un dos fundadores dos partidos Estat Català e Esquerra Republicana de Catalunya.

Infotaula de personaFrancesc Macià
Francesc Macià: Político e militar catalán
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Francesc Macià i Llussà Editar o valor em Wikidata
21 de setembro de 1859 Editar o valor em Wikidata
Vilanova i la Geltrú, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Apendicite Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc, plaça de la Fe 41°21′21″N 2°09′17″L / 41.355869, 2.154688 Editar o valor em Wikidata
Francesc Macià: Político e militar catalán Deputado nas Cortes republicanas
19 de novembro de 1933 – 25 de decembro de 1933

Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) Traducir
Francesc Macià: Político e militar catalán 122º Presidente da Generalitat de Cataluña
14 de decembro de 1932 – 25 de decembro de 1933
← Josep de Vilamala (en) TraducirLluís Companys →
Francesc Macià: Político e militar catalán Deputado do Parlamento de Cataluña
1932 – 1933
Francesc Macià: Político e militar catalán Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Lérida (en) Traducir
Francesc Macià: Político e militar catalán Deputado nas Cortes republicanas
9 de xullo de 1931 – 31 de agosto de 1931 – Pedro Rahola (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona (capital) (en) Traducir
Francesc Macià: Político e militar catalánPresidente de Esquerra Republicana de Catalunya
22 de febreiro de 1931 – 25 de decembro de 1933
← sen valor – Lluís Companys →
Francesc Macià: Político e militar catalán Deputado das Cortes
30 de marzo de 1907 – 15 de setembro de 1923
← Luis Armiñán Pérez (en) Traducir
Circunscrición electoral: Q65210009 Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEstat Català
Esquerra Republicana de Catalunya Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForzas Armadas de España Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente coronel Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEugènia Lamarca i de Mier
FillosJosefina Macià i Lamarca (en) Traducir, Q113551823 Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Francesc Macià: Político e militar catalán Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 15031932 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Aos quince anos ingresou na Academia de Enxeñeiros Militares de Guadalaxara. Aos seis meses termina formación e pasa destinado como tenente a Madrid na sección de telegrafía. Foi destinado a Sevilla co grao de Capitán (1882) e despois a Lleida, onde chegaría a Tenente Coronel. Casou con Eugenia Lamarca filla de terratenentes leridanos.

Con todo tivo que saír da institución militar logo de condenar o ataque dalgúns oficiais do exército ao semanario La Veu de Catalunya en 1905. Daquela, algúns oficiais asaltaron a imprenta na que se elaboraba o semanario que publicara unha caricatura da revista Cu-Cut que consideraron vexatoria para os oficiais destinados en Cataluña. No canto de tomarse medidas contra os militares déuselles a razón e os autores da caricatura foron xulgados por un Tribunal Militar.

Francesc Macià: Político e militar catalán 
Monumento a Macià en Barcelona

Logo dunha fracasada viaxe a Moscova para pedir axuda ás autoridades comunistas decidiu contar exclusivamente coas súas forzas e organizar directamente unha incursión armada en Cataluña.

En 1922 fundou o partido separatista Estat Català (Estado Catalán), en 1931 o partido fusiónase con Esquerra Republicana de Catalunya gozando de autonomía interna. En 1926 con Estat Català intentou unha acción armada contra a ditadura de Primo de Rivera, desde Prats-de-Mollo-la-Preste (o denominado «complot de Prats de Molló»), en Francia. Este intento foi abortado pola Gendarmería francesa, pero lle fará gañar moita popularidade en Cataluña. Abortado o complot, Macià foi detido e desterrado a Bélxica. Tras residir uns cantos meses en Bruxelas, entrou clandestinamente na Arxentina, onde residiu máis de medio ano. Fundou na Habana o Partido Separatista Revolucionario de Cataluña, do cal foi presidente e no que estudou por primeira vez a posibilidade de constituír unha República Catalá (setembro-outubro de 1928).

Caída a ditadura do xeneral Primo de Rivera (xaneiro de 1930), Macià regresa a Cataluña finalmente o 22 de febreiro de 1931.

En 1931, logo dunhas eleccións que deron a maioría ao seu novo partido, Esquerra Republicana de Catalunya, Macià proclamou a República Catalá desde o Palacio da Generalitat de Cataluña. Máis adiante, cando o proxecto de constituír España como un estado federal non saia adiante, verase obrigado a aceptar un Estatuto de Autonomía para Cataluña. Foi presidente da Generalitat ata a súa morte, acaecida en 1933. Foi substituído á fronte da Generalitat de Cataluña por Lluís Companys.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Francesc Macià: Político e militar catalán 
Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep de Vilamala
Francesc Macià
Precede a:
Lluís Companys
President

Tags:

1859193321 de outubro25 de decembroBarcelonaCataluñaEsquerra Republicana de CatalunyaEstat CatalàGeneralitat de CataluñaIndependentismo catalánLluís CompanysMilitarPolíticoPresidencia da Generalitat de CataluñaRepublicanismoVilanova i la Geltrú

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Pedrouzo, Arca, O PinoA EstradaCataluñaPCoco (bacteria)Doenza de Paget de mamaIrene FerrerasMarçal MolinéLista de voces dos animaisSegunda guerra mundialCamiño de SantiagoLista de filmes coas maiores recadaciónsÁlex Fidalgopxhj6Perífrases verbais galegasEstatua de Che Guevara en OleirosLista de presidentes da República PortuguesaEscudo de GaliciaÁcido dipicolínicoLuis Mateo DíezVacaEscáncerSete SabiosRexina VegaPablo Iglesias TurriónCarrasco (planta)Daniel de la TorreMúsica tradicional galegaCarlos de Matos GomesBenito MussoliniO comparativo galegoAC-312LesakaMártires de CarralCessna T-37 TweetGonzalo MellaLisboaZeca AfonsoXogo da chaveRocco SiffrediCanle (enxeñaría)Canle (comunicación)Sistema operativoSonia MéndezComarcas de GaliciaBolboretaTonhito de PoiManuel RivasMerloBlogMilánFrancisco PazosFalange EspañolaXunta de GaliciaA CoruñaManuel Otero MartínezNeptunoBaby ReindeerEsther EstévezFederico García LorcaFrancisco FrancoFernando Salgado GarcíaJosé María Barreiro GómezTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaGran Guerra IrmandiñaDe NinghuresAvenida da Liberdade (Lisboa)BrasilSelección de fútbol de GaliciaAlberte PagánUnión AfricanaPaís Vasco (rexión histórica)David BeckhamXogos florais🡆 More