Federación Internacional Da Industria Fonográfica

Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, do inglés International Federation of the Phonographic Industry) é a organización que representa os intereses da industria da gravación por todo o mundo.

É unha organización sen animos de lucro por parte dos seus membros rexistrada en Suíza. A súa secretaría está situada en Londres, Reino Unido. Representa a máis de 1.450 compañías de rexistro, grandes e pequenas, en 75 países. Unha das súas políticas máis importantes é acabar coa piratería musical.

Ademais da súa secretaría internacional, a IFPI ten oficinas rexionais en Bruxelas, Hong-Kong, Miami, Atenas e Moscova.

Desde o 1 de xaneiro de 2005, o presidente da IFPI é John Kennedy, substituíndo a Jay Berman.

Historia

A IFPI foi fundada polas principais discográficas de Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido durante un congreso da industria discográfica en Roma, o 14 de novembro de 1933, invitados pola Confederazione Generale Fascista dell'Industria Italiana. e rexistrou a súa primeira oficina en Zürich, Suíza Un dos seus principais obxectivos foi promover os dereitos conexos para que os creadores debesen compartir a propiedade intelectual das súas obras cos produtores musicais.

Incidentes con The Pirate Bay

En outubro de 2007 ifpi.com, un dos dominios da IFPI caducou. O dominio foi transferido a The Pirate Bay por un doador anónimo. Os administradores de The Pirate Bay montaron unha web en ifpi.com titulada "International Federation of Pirates Interests", un retroacrónimo para IFPI. A propiedade do dominio foi devolta á IFPI a finais de novembro, cando o consello de mediación da OMPI decidiu que The Pirate Bay estaba a utilizar unha marca rexistrada da IFPI de mala fe.

Nun incidente posterior, o 18 de febreiro de 2009, ifpi.se, o dominio da división sueca da IFPI foi hackeado por simpatizantes de The Pirate Bay. Isto ocorreu o terceiro día do xuízo aos fundadores de The Pirate Bay en Suecia. O sitio foi substituído por unha mensaxe dirixida ao fiscal Håkan Roswall e á acusación ("Warner Brothers etc"). Estaba asinado como "The New Generation". Peter Sunde, portavoz de The Pirate Bay pediu a través de Twitter que cesasen os ataques.

O 19 de abril de 2009, trala sentenza en contra de The Pirate Bay, os dominios ifpi.org e ifpi.se forón suxeitos dun ataque DDoS.

Incidente con OiNK.cd

O 23 de outubro de 2007, OiNK.cd, unha web de descargas por BitTorrent foi pechada. A web mostraba unha mensaxe sobre unha investigación levada a cabo pola IFPI, BPI, a policía de Cleveland, e o FIOD ECD sobre "sospeitas de distribución ilegal de música".

A IFPI publicou unha nota de prensa afirmando que a web era "a principal fonte de música pre-release ilegal do mundo"; que o seu administrador conseguiu grandes sumas de diñeiro mediante doazóns e que os usuarios debían contribuír con material para manter as súas contas. Con todo, ningunha destas afirmacións foi probada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Federación Internacional Da Industria Fonográfica HistoriaFederación Internacional Da Industria Fonográfica Incidentes con The Pirate BayFederación Internacional Da Industria Fonográfica Incidente con OiNK.cdFederación Internacional Da Industria Fonográfica NotasFederación Internacional Da Industria Fonográfica Véxase taménFederación Internacional Da Industria FonográficaLondresPiratería (dereito de autor)Reino Unido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BakúNatalia Puente PradoIgnacio CodesidoEva Iglesias MiguénsPoallaFala de EstremaduraViveiroJusto Martínez MartínezGaio (ave)Marta Fernández-TapiasLista de xentilicios de concellos galegosCaldas de ReisMoldaviaCindy CrawfordManuel DopazoTamara AndrésBaiuca (banda)Fontao, A TeixeiraBatalla de CacheirasGerardo Pardo de VeraTribadismoDaniel BasteiroAna RomaníYolanda DíazXosé Luís BernalNTuiÁngel García SeoaneVictoria Álvarez Ruiz de OjedaEduardo PondalSica RomeroChatGPTDonicelaVilalbaXaime Isla Couto25IMuiñeiraQueen e SlimOrchataAL-VJosé Manuel Rodríguez PuenteLuís Álvarez PousaMúsica tradicional galegaMarina CastañoCasa de AndradeArzúaMártires de CarralUJorge BlassCristovo ColónManuel López PoyMarta DarribaOs AtlánticosFolgoso, Castro CaldelasSuso VaamondePediastrumGalería de imaxes de arañas de GaliciaÁcido oxalacéticoOhioLuísa MerelasFerreiriñoFrancisco FrancoXosé Luís Franco GrandePauletaLista de nomes masculinos en galegoA BañaÁlvaro CunqueiroTonhito de PoiConfessions of a Teenage Drama QueenMaría VázquezValentín Alfonsín SomozaIslamNigránSexo analMiñato común🡆 More