Fallout 2

Fallout 2 é un videoxogo de rol, orixinalmente para PC, pertencente á saga de Fallout e desenvolvido por Black Isle Studios, foi publicado por Interplay o 30 de setembro de 1998.

Trátase dun título de rol postapocalíptico como todo os da saga Fallout. O xogo toma lugar no ano 2241, 80 anos logo dos sucesos de Fallout. Conta a historia do descendente do heroe da primeira entrega, o cal emprende unha busca para salvar a súa tribo da fame e os efectos dos Baldíos, para isto debe conseguir o G.E.C.K (Garden of Eden Creation Kit).

Fallout 2
Fallout 2
Desenvolvedor(es)Black Isle Studios
Distribuidora(s)Interplay Entertainment
Director(es)Tim Cain
Chris Avellone
Produtor(es)Brian Fargo
Eric DeMilt
Fred Hatch
Deseñador(es)Chris Avellone
Matthew J. Norton
Escritor(es)Tim Cain
R. Scott Campbell
Jason Taylor
Artista(s)Gary Platner
Jason D. Anderson
Leonard Boyarsky
Compositor(es)Mark Morgan
Lanzamento30 de setembro do 1998
XéneroVideoxogo de rol e mundo aberto
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónESRB = M, PEGI = 16, USK = 16
Formato(s)CD-ROM
SerieFallout
Na rede
Web oficial
IMDB: tt0183066 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xogabilidade

O xogo consiste basicamente en viaxar e interactuar cós habitantes dos Baldíos (tamén chamados Ermo, Yermo ou Wastelands). Na busca de completar o noso principal obxectivo van aparecendo misións secundarias así como partes da historia tanto do noso personaxe como do seu ascendente. As decisións do xogador modifican a historia do xogo e darán lugar a distintos finais para cada unha das cidades ou faccións. O xogo tamén po en funcionamento un sistema de Karma, o cal serve para determinar a bondade-maldade do personaxe. Tamén, ao obrar dunha ou outra forma obtense reputación ou fama coas distintas localidades e faccións. O sistema de creación de personaxes está baseado no sistema de puntos SPECIAL (Strength, Perception, Endurance, Charisma, Intelligence, Agility e Luck).

Trama

No ano 2241 Arroyo sofre os efectos da radiación. A líder da aldea decide acudir a ti, como elixido da tribo e descendente do primeiro colono de vault 13 (protagonista da primeira entrega do xogo) e eres coñecido como o Elixido (Chosen One). Este encargalle recuperar o Garden of Eden Creation Kit (G.E.C.K) para así poder salvar a aldea. Este dispositivo foi deseñado antes da guerra e é capaz de crear extensas zonas verdes e restaurar parte da destrución reinante nos Baldíos causados pola radiación. O protagonista é deixado á súa sorte con tan só un traxe do Vault pertencente ao seu ascendente, un PipBoy 2000 e unha cantimplora do Vault 13, unha lanza e un pouco de diñeiro. O xogador eventualmente encontra o Vault 13 e o G.E.C.K. Ao regresar á súa aldea encóntrase co lugar devastado e todos os seus habitantes secuestrados polos remanentes do goberno dos Estados Unidos, agora coñecido como o Enclave. A misión principal agora é rescatar aos membros da tribo. Para isto o protagonista debe viaxar á principal base do Enclave, nunha plataforma petrolera, enfrontar ao actual presidente dos Estados Unidos e rescatar aos habitantes do teu pobo: Arroyo.

Recepción

Reviews
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings87%
Metacritic86/100
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
AllGameFallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 
CGWFallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 
GamePro5/5
GameSpot8.8/10
IGN8.9/10
PC Gamer (US)89%
Computer Games Strategy PlusFallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 
Next GenerationFallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 Fallout 2 
PC Gaming World9.5/10

Fallout 2 recibiu críticas maioritariamente positivas. Metacritic outorgoulle unha puntuación de 86 sobre 100 baseado nunha enquisa. As críticas positivas eloxian maiormente a xogabilidade, a trama e a súa fidelidade como verdadeiro sucesor do primeiro Fallout. Os detractores atacaron principalmente o exceso de Bugs e a falta de desenvolvemento en comparación coa primeira entrega.

Versións internacionais e censura

Algunhas das versións Non-Norteamericanas, principalmente as versións Europeas foron severamente censuradas. Se ben o título sempre foi polémico polo seu contido de prostitución e alto grado de violencia, esta segunda entrega incluía a aparición de nenos pequenos aos cales o xogador, de así desexalo, podía dispararlles ou matar como quixese. Nas versións Europeas do xogo estes nenos foron eliminados (entre outras cosas) aínda que isto comprometeu a integridade do xogo, chegando a eliminar a posibilidade de realizar varias misións, sobre todo na localidade de Modoc. Os parches realizados maiormente por desenvolvedores independentes permiten hoxe en día actualizar o Fallout 2 Europeo e poder gozar de todo contido censurado como o Americano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Fallout 2 XogabilidadeFallout 2 TramaFallout 2 RecepciónFallout 2 Versións internacionais e censuraFallout 2 NotasFallout 2 Véxase taménFallout 21998Black Isle StudiosFalloutFallout (videoxogo)Videoxogo de rol

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfabeto galegoLuís SeoaneTeoría de númerosReino UnidoLeonardo da VinciXosé Ramón GayosoAbril na cultura popular galegaLongueirón (molusco)Victoria Núñez LópezDavid SuchetDodroFrancisco Porto MellaAeroporto de VigoTeresa García-SabellGabriel RufiánXunta de GaliciaBreogánPonte 25 de AbrilJorge LorenzoTeoÁnxel CasalEva CárdenasConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesCarles PuigdemontHeraldo de ViveroCamilo Nogueira RománDiego González RivasJoan Manuel SerratBipartito galegoMoisés Rodríguez PérezMaría JamardoMiguel de CervantesLista de nomes masculinos en galegoBeteluHarvey WeinsteinNoiaMergullón cristadoAna Luísa BouzaAs leis de CelavellaPosición do misioneiroBárbara ReyMarcelo Rebelo de SousaCanle (comunicación)TwitterIsabel Díaz AyusoCunnilingusTransformador Luis Mateo DíezRoko (actriz)Rías Baixas (serie de televisión)Alexander VórticePello OtxandianoJava (linguaxe de programación)EuropaFernando AlonsoPontedeumeProvincia da CoruñaAntónio de Oliveira SalazarCamiño de SantiagoUnión AfricanaPaulino PereiroGonzalo Pérez JácomeProvincias de EspañaLista de exónimos en galegoOurioloScarlett JohanssonRoberto Vidal BolañoLabor Gallega (A Habana)Reino de GaliciaCorzoMarçal Moliné1868VichelocregoÁlex Fidalgo🡆 More