Ferrol Estrada De Castela: Vía entre Ferrol e a ponte de Xuvia

8°12′20″O / 43.495385, -8.205643

A estrada de Castela é unha vía urbana que comunica a praza de España de Ferrol coa ponte de Xuvia, en Neda, pasando por Narón. A estrada forma parte da AC-862.

Estrada de Castela
Ferrol Estrada De Castela: Vía entre Ferrol e a ponte de Xuvia
Mapa de Ferrol de 1859.
TipoloxíaRúa residencial e comercial
Dimensións
Lonxitude7,3 km
Formato1 carril por sentido, beiravías e máis beirarrúas
Localización
InicioPraza de España (Ferrol)
FinPonte de Xuvia, Neda

Descrición

Ferrol Estrada De Castela: Vía entre Ferrol e a ponte de Xuvia 
Estrada de Castela vista dende o Alto do Castiñeiro, Narón. Ao fondo Ferrol.

A estrada de Castela, proxectada no século XIX, foi ata finais do século XX o principal acceso a Ferrol.

Nos seus máis de sete quilómetros de percorrido urbano, a estrada ten cinco curvas. O tramo máis longo en liña recta, de tres quilómetros, vai dende a praza de España ata o Alto do Castiñeiro, en Narón. Nas súas orixes a estrada chegaba ata as murallas da cidade de Ferrol, onde está a actual praza de España.

En 1904 creouse a empresa Tranvías del Ferrol. A liña do tranvía unía a praza de España e Xuvia pola estrada de Castela. En 1913 inaugurouse o ferrocarril como novo acceso a Ferrol. O outro xeito de chegar a Ferrol eran as lanchas que unían a cidade coa outra banda da ría. Durante o franquismo a estrada pasou a chamarse Avenida del Generalísimo, nome que volvería a trocar polo actual xa ben entrada a democracia. Ata os anos 90 Ferrol non tiña estación de autobuses, e a praza de España facía esa función.

A finais dos anos 60 inaugurouse a ponte das Pías, que evitaba ir ata Xuvia, unha volta de máis de 15 km. Ata a inauguración a principios dos anos 2000 da autoestrada AP-9, a Estrada de Castela continuou como principal comunicación entre Narón e Ferrol, e o acceso cara ás Pontes. A nova autoestrada permitiu que o tráfico de camións ao porto de Ferrol, Megasa e As Pontes xa non teña que ir pola estrada de Castela. Dende entón pasou a ser unha rúa comercial e residencial.

A estrada ten catro rotondas que ligan con importantes estradas.

  • Rotonda de San Xoán: avda. Nicasio Pérez, polígono da Gándara e a autoestrada AP-9.
  • Rotonda da Ponte das Cabras: estrada da Trincheira
  • Rotonda de Freixeiro: autoestrada AP-9.
  • Rotonda do Ponto: autoestrada AP-9.

Os edificios da estrada numéranse, na banda de Ferrol, dende a praza de España ata a Ponte das Cabras, o límite entre os concellos de Ferrol e Narón. En Narón a numeración vai dende a Ponte das Cabras ata Xuvia. Son case 400 números da banda de Ferrol e case 1000 da de Narón.

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Moucho comúnXogo da chaveNervoPablo ArangüenaSíndrome do aceite tóxicoSandroFauna de GaliciaMartina Aneiros BarrosAdolf HitlerMadridEva MejutoManuel LourenzoFran AlonsoPeneLabios (xenitais)Alfonso MolinaLobernoTereixa ConstenlaJosé Antonio Rueda CrespoLU-170CurmánCristovo ColónAC-422WikipediaPonte das PíasLos MotoresRedondelaBragaAresXurxo GonzálezJuan MagánDepartamento de ApurímacPriscilianoJuana AcostaBiblioteca Gabriel García MárquezHelena SalgueiroGalería de imaxes de arañas de GaliciaGacelaRomán Rodríguez GonzálezSobreiraÁlex GonzálezDaniel de la TorreFélix BolañosCariorrexeDiego González RivasIker CasillasDiego Martínez PenasPatricia Argerey VilarMúsica tradicional galegaPedro RieloPazo BaiónLeonardo da VinciPremios Follas Novas do Libro GalegoAlejandra MurguíaDaniel BasteiroValladolidÁlex AnguloFederico García LorcaIvana BaqueroAnxo QuintanaRenda básica universalLista de nomes femininos en galegoCuruxa comúnToni KroosIdade MediaVladimir PutinAltriRepública ChecaPublicacións impresas da diáspora galegaHarry StylesPeníscolaVietnamCarlos Casares🡆 More