O escudo de Bélxica está composto por un cuartel de sable cun león rampante de ouro, linguado e uñado de goles.
A ambos os dous lados do escudo aparecen dous leóns de ouro sostendo unha bandeira de Bélxica cada un, e o brasón aparece rodeado polo colar da Orde de Leopoldo e, en ocasións os dous cetros do monarca belga de ouro.
Escudo de Bélxica | |
---|---|
Versións | |
Detalles | |
Armiger | Filipe, Rei dos belgas |
Adoptado | 17 de marzo de 1837 |
Divisa | francés: L'union fait la force neerlandés: Eendracht maakt macht (A unión fai a forza) |
Ordes | Orde de Leopoldo |
O lema nacional tamén aparece recollido no escudo: L'union fait a force (en francés) ou Eendracht maakt macht (en holandés), que significa "A unión fai a forza".
O escudo aparece rematado por unha coroa real e, no escudo grande, (empregado como brasón persoal polo monarca belga) engádeselle un helmo, o manto real, dúas coroas reais (unha sobre o helmo e outra sobre o manto) e as bandeiras das provincias de Bélxica (a bandeira central representa as dúas provincias do Brabante e Bruxelas). O escudo de armas grande foi adoptado o 17 de maio de 1837.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Escudo de Bélxica, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.