José Luis Cantero, coñecido profesionalmente como El Fary, nado en Madrid o 20 de agosto de 1937 e finado o 19 de xuño de 2007, foi un cantante español.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Cantero Rada 20 de agosto de 1937 Madrid (España) |
Morte | 19 de xuño de 2007 (69 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de pulmón ) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Altura | 1,55 m |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actor de cinema |
Período de actividade | 2007 - |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Ariola Records |
Lista |
José Luis Cantero naceu nunha familia humilde, chegada de Buenache de Alarcón (Cuenca), no barrio de Las Ventas en Madrid, preto da praza de Touros. De rapaz adoitaba faltar á escola, preferindo pasar o tempo imitando o seu ídolo, o cantante de copla Rafael Farina. Foi de Farina de quen El Fary tomou o seu nome. Antes foi coñecido no seu barrio como «El Farina de Ventas» pola súa afección a imitar ó seu cantante favorito e a outras estrelas da copla española.
Antes de ter éxito, El Fary traballou como xardineiro e taxista para conseguir os cartos que lle permitisen gravar as súas primeiras cancións. Unha vez gravados e editados os discos, el mesmo os vendía no Rastro de Madrid. Nesa época tamén participaba en competicións de cantantes na radio e actuaba en festas locais. Foi cumpridos os 30 cando El Fary empezou a gañar cartos como cantante cando foi chamado a Pozoblanco, Córdoba (España) para substituír a outro cantante (Pepe Blanco). Máis tarde, o lendario Antonio Molina contratouno para unha xira de dous meses.
Nos anos 1970 a copla caeu en desgraza co público español, pero iso non desanimou a El Fary e de cara a finais da década estaba gravando cancións máis pop, que subiron as listas de éxitos españolas.
Nos anos 1990 El Fary acadou o éxito no mundo da televisión, cando protagonizou a serie Menudo es mi padre no papel do taxista. O papel fíxose a medida para el, e incluso o título da serie era un xogo de palabras coa estatura do cantante.
Durante esta época, estivo suxeito a especulacións e rumores sobre a drogadicción do seu fillo e o maltrato á súa muller. Malia que a publicidade sensacionalista da súa vida privada puido resultar desagradable, mantívoo na conciencia do público durante bastante tempo.
De cara a finais da década, a súa carreira viuse de novo impulsada cando o director de cine Santiago Segura estreou a súa comedia Torrente, el brazo tonto de la ley. O protagonista, José Luis Torrente (papel realizado polo mesmo Santiago Segura), é un policía maleducado, racista, machista, franquista e corrupto que é fan de El Fary. A película contiña unha canción de El Fary especialmente gravada para a película, chamada Apatrullando la ciudad. Tanto a canción como a película foron un éxito, que levou a gravar dúas secuelas, Torrente 2: Misión en Marbella e no 2005 El Fary realizou unha pequena intervención en Torrente 3: El protector, a terceira entrega da serie, interpretándose a si mesmo. Ademais, realizouse unha peza de merchandising única: o Carrofary, unha pequena figura de goma do cantante deseñada para ser colgada do espello retrovisor do coche.
Apadriñou a varios artistas novos coma Melody e o seu propio fillo, Javi Cantero, ambos cantantes de pop.
En xaneiro de 2007, tralo Nadal, diagnosticóuselle un cancro de pulmón dificilmente curable, polo que lle daban un ano e medio de vida. A familia quixo mantelo na intimidade, pero en abril de 2007, ó facerlle unha entrevista (a derradeira que ofreceu), fixo público que padecía dita enfermidade. Faleceu o 19 de xuño de 2007, con 69 anos, nun hospital de Madrid.
This article uses material from the Wikipedia Galego article El Fary, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.