Eesti Televisioon

Eesti Televisioon (en galego: «Televisión estoniana»), máis coñecido polas súas siglas ETV, é a primeira cadea de televisión pública de Estonia, controlada pola organización estatal Eesti Rahvusringhääling.

Eesti Televisioon
Eesti Televisioon
Inicio das emisións 19 de xullo de 1955
Propiedade de Eesti Rahvusringhääling
Datos de audiencia 14.3% (xaneiro 2014, TNS Emor)
País Estonia Estonia
Lingua estoniano
Área de emisión Estonia Estonia
Sede central Tallin
Canle/s irmá(s) ETV2

Na rede
http://www.etv.ee

As súas emisións regulares comezaron o 19 de xullo de 1955 como Tallinna Televisioonistuudio (Estudo de Tallin), e durante máis de 35 anos foi a única canle de televisión dispoñible en Estoniana. ETV cumpre funcións de servizo público, e está obrigada a difundir e promover a cultura nacional do país, así como dar cobertura ás comunidades minoritarias. O seu programación é xeral, e está composta por formatos informativos, entretemento, ficción e series documentais. É membro da Unión Europea de Radiodifusión desde 1993.

No ano 2002 foi a cadea encargada de organizar o Festival de Eurovisión, trala vitoria do país no concurso.

O grupo funcionou por separado do servizo de radio ata o 1 de xaneiro de 2007, cando o Goberno estoniano integrou todas as empresas de radiodifusión pública no ente ERR. Nos últimos anos, Eesti Televisioon desenvolveu canles temáticos para a Televisión Dixital Terrestre como ETV24, de información continua, e ETV2, de carácter cultural e creado en 2008.

Financiamento

Eesti Televisioon finánciase a través de impostos directos. A maior parte do orzamento provén de subvencións da administración pública estona. Un 15% do mesmo está sufragado polas televisións comerciais do país, que pagan a cota a cambio do seu dereito exclusivo para emitir publicidade. Desde 2002, ETV ten prohibida a emisión de publicidade en todas as súas canles. Isto impide tanto anuncios como calquera outra modalidade, como teletenda ou patrocinios.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Eesti Televisioon FinanciamentoEesti Televisioon NotasEesti Televisioon Véxase taménEesti TelevisioonEesti RahvusringhäälingEstoniaLingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RibadaviaQuim BarreirosTwitterConil de la FronteraAdánMesopotamiaJean-Claude Van DammeFrancisco Llanos MasSupremme de LuxeO PortughésIndonesia2003Raposo comúnJulian AssangeSylvester Stallonei0tj9Paisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteDemocracia OurensanaXúpiterCasa de BonaparteLista de filmes con versión en galego/CXoán Antón Pérez-LemaManuela ReyShirley ChisholmPortadaRibadeo9 de abrilYan GeFernando AlonsoCopa LibertadoresCarlos II de InglaterraRosalía de CastroRastroDominio públicoIslamNetflixCallitriche stagnalisAna BucetaImperio RomanoJean Shinoda BolenJSONChorimaAntolín FaraldoApartheidRamiro CarregalAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLista de episodios de DoraemonAntas de UllaNapoleón I de FranciaGalicia estremeiraMandiocaEuropaA morte na literatura popular galegaThe ArtistComarcas de GaliciaRiba-roja de TúriaCarlos de Matos GomesKanye WestBieito XVI, papaBDSMFonemaNatalia JunqueraRevolución Rusa de 1917Las Torres de CotillasPorto da LúaNicomedes Pastor DíazGlenn Research CenterJake GyllenhaalLiam NeesonFascismoPaula AlvarellosEsvástica🡆 More