Copa Do Rei De Fútbol 1922: 20ª edición da Copa do Rei

A Copa do Rei de 1922 foi a 20ª edición da competición.

Foi conquistada polo FC Barcelona, que derrotou ao Real Unión de Irún na final disputada no Campo de Coia de Vigo, sumando o seu quinto título. Disputouse ao longo dos meses de marzo, abril e maio do ano 1922 polos equipos campións dos distintos torneos rexionais celebrados no territorio estatal na tempada 1921-22.

Copa do Rei de fútbol 1922
Liga Copa do Rei
Deporte fútbol
Duración marzo-maio de 1922
Partidos 17
Equipos 8
Campión FC Barcelona (5º título)
Subcampión Real Unión
Máximo goleador España Alcántara
Galicia Monjardín (8 goles)

Equipos clasificados

Nesta edición da Copa participaron os gañadores dos 8 torneos autonómicos que se disputaron en España durante a primeira metade da tempada 1921-22.

Campionato Representante
Campionato de Asturias Sporting de Gijón
Campionato de Cataluña FC Barcelona
Campionato Rexional Centro Real Madrid
Campionato de Galicia Fortuna de Vigo
Campionato de Guipúscoa Real Unión
Campionato de Biscaia Arenas de Getxo
Campionato do Levante España FC
Copa de Andalucía Sevilla FC

Fase final

Consistiu en dúas roldas a dobre partido cos partidos decididos segundo a rexión de procedencia do club. No caso de empatar a vitorias, disputaríase un partido de desempate en terreo neutral. Os dous últimos contendentes enfrontáronse na final nun só partido en campo neutral.

  Cuartos de final Semifinais Final
                                         
 Arenas de Getxo 4 0    
 Real Madrid 2 5    
     Real Madrid 2 1    
     Real Unión 1 4    
 Real Unión 4 5  
 Fortuna 0 0    
     Real Unión 1    
     Barcelona 5    
 Sporting de Gijón 6 7    
 España FC 0 0    
     Sporting de Gijón 1 2  
     Barcelona 1 7    
 Sevilla 0 1  
 Barcelona 1 7    

Cuartos de final

Os partidos correspondentes á eliminatoria de cuartos disputáronse todos o mesmo día, xogándose a ida o 12 de marzo e a volta o 19 de marzo. Todas as fases de clasificación foron dominadas con bastante facilidade polos equipos gañadores da mesma, agás a que enfrontou ao Real Madrid e o Arenas de Getxo, que requiriu ata tres desempates e unha prórroga para que finalmente o Real Madrid pasase a rolda. Os desempates disputáronse nun campo neutral en Madrid os días 22, 23 e 29 de marzo.

Arenas de Getxo - Real Madrid

Real Unión - Fortuna

Sporting de Gijón - España FC

Sevilla - FC Barcelona

Semifinais

As semifinais xogáronse nos seus partidos de ida o 2 de abril e nos de volta unha semana despois, o 9 de abril. Curiosamente, no empate entre o Real Madrid e o Real Unión tamén foi necesario un desempate xa que os dous equipos gañaron os seus partidos como locais. Pero esta vez o eliminado foi o equipo madileño, que viu como o 11 de abril en San Sebastián perdía todas as opcións de regresar a unha final de Copa despois de varios anos sen xogala. Na outra eliminatoria, o empate 1-1 en Barcelona semellaba dar esperanzas aos "sportinguistas" pero un rotundo 7-2 en Xixón deu o pase ao Barça.

Real Madrid - Real Unión

Sporting de Gijón - FC Barcelona

Final

A final disputouse nun ateigado campo de Coia en Vigo. Na primeira parte dominou o Real Unión, pero adiantouse o FC Barcelona cun gol de Ramón Torralba, que foi empatado pouco despois cun tanto de Patricio Arabolaza. Samitier e Alcántara puxeron dous goles máis no marcador pouco antes do descanso. Na segunda parte o Real Unión buscou o empate pero no canto diso recibiu dous goles máis, obra de Gràcia e Alcántara.

Copa Do Rei De Fútbol 1922: Equipos clasificados, Fase final, Notas 
Campión
FC Barcelona
Quinto título

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arnáiz, Luis; Salazar, Bernardo; Martialay, Félix (2002). 100 Finales de Copa "Historia del Campeonato de España" (en castelán). Interviú, RTVE e RFEF.  

Ligazóns externas

Tags:

Copa Do Rei De Fútbol 1922 Equipos clasificadosCopa Do Rei De Fútbol 1922 Fase finalCopa Do Rei De Fútbol 1922 NotasCopa Do Rei De Fútbol 1922 Véxase taménCopa Do Rei De Fútbol 19221922Campo de CoiaCopa do Rei de fútbolFútbol Club BarcelonaIrúnReal Unión ClubVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Torrada (doce)Ácido nervónicoGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezNacionalismo galegoForcareiCryptosporidiumArcade, SoutomaiorPresidenciaIlla de NadalKingston, OntarioO Canon da MedicinaVilar de SantosClanCharadriiformesBantengChordataCervo virxinianoArolaXamaicaSexo analFátima PegoAlbatros viaxeiroLophiiformesTeatro de EpidauroPremios Mestre MateoLynx rufusÁcido palmitoleicoContratoCoraciiformesElvis PresleyCarlos de Matos GomesCameloÁcido sapiénicoCidadeVía da pentosa fosfatoGalileo GalileiÁcido graxo sintaseReal Academia GalegaSabuguido, Vilariño de ConsoMela CasalLeón, EspañaColectivizaciónLingua osetaAC-960Termodinámica dos ácidos nucleicosCB San Pablo BurgosEtanolAmieiroGuitarraCallosobruchus chinensisWilliams Grand Prix EngineeringAtaque de denegación de servizoChadBeadeJohn GarciaResolución de ecuaciónsSteven AdamsGlícidoTerreo (xeoloxía)Ed O'BrienLista de episodios de DoraemonAnfipáticoArvicola amphibiusGrafenoAbdul KalamEscitasKaren UhlenbeckÁcido succínicoLinguas altaicasADN polimeraseVilamartín de ValdeorrasMelbourne Grand Prix CircuitCrónica troianaBudismoViktoryja AzarankaKevin MagnussenColes🡆 More