Convenio De Schengen

O Convenio de Schengen é un acordo polo que varios países de Europa suprimiron os controis nas fronteiras interiores entre eles e trasladaron eses controis ás fronteiras exteriores, con países terceiros.

O convenio, firmado na cidade luxemburguesa de Schengen en 1985 e en vigor desde 1995, establece un espazo común –denominado espazo Schengen– polo que pode circular libremente toda persoa que entrara regularmente por unha fronteira exterior ou resida nun dos países que aplican o Convenio.

Convenio De Schengen
     Estados-membros pertencentes á Unión Europea      Estados-membros non pertencentes á Unión Europea      Estados-membros que esperan a adherirse      Estados-membros que so cooperan policial e xudicialmente

En total, os países que forman parte do espazo Schengen son 26: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Suecia e Suíza. Este último país votou o 9 de febreiro de 2014 en referendo, restrinxir o acceso dos cidadáns de Europa ao seu territorio, o que pode levarlle a abandonar o espazo Schengen.

Existen países que pertencen ao convenio de Schengen pero que teñen excepcións na aplicación dalgúns puntos do acordo e non pertencen ao espazo Schengen. Por exemplo, Reino Unido e Irlanda non forman parte do espazo Schengen pero participan na cooperación policial e xudicial e na loita contra estupefacientes. Outros como Bulgaria, Romanía e Chipre aínda non pertencen ao espazo de Schengen porque non cumpren cos requisitos de seguridade establecidos, aínda que si aplican outras partes do convenio. Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, que non son membros da Unión Europea, chegaron a un acordo para formar parte da zona Schengen, Croacia, último país en incorporarse á UE, quería integrarse no acordo en 2015.

Historia

Convenio De Schengen 
Un simple sinal indica a entrada a España desde Portugal, polos municipios de Tui (Pontevedra) e Valença do Minho (Viana do Castelo).

Durante a década de 1980 iniciouse un debate sobre o significado do concepto de libre circulación de persoas. Para algúns Estados membros, esta só debía aplicarse aos cidadáns da Unión Europea, o que implicaba manter os controis nas fronteiras para distinguir entre cidadáns europeos e nacionais de terceiros países. Outros Estados membros, pola contra, desexaban establece unha libre circulación para todos e, polo tanto, suprimir estes controis fronteirizos. Ante a imposibilidade de chegar a un acordo na Comunidade Europea, cinco deses países con fronteiras comúns (Francia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e os Países Baixos) decidiron en 1985 crear entre eles un territorio sen fronteiras: o espazo Schengen, que recibía o seu nome da cidade luxemburguesa de Schengen, onde se asinaron os primeiros acordos. Elixiuse este lugar por estar enclavado nunha zona na que é moi difícil moverse sen cruzar unha fronteira.

A partir deste acordo, elaborouse un convenio, que se asinou o 19 de xuño de 1990 polos mesmos estados membros, que completa o acordo e define as condicións e as garantías de aplicación desta libre circulación. Este convenio non entrou en vigor ata o 26 de marzo de 1995.

Con obxecto de conciliar liberdade e seguridade, esta libre circulación acompañouse de medidas chamadas «compensatorias». Tratábase de mellorar a cooperación e a coordinación entre os servizos de policía e as autoridades xudiciais para protexer a seguridade interior dos estados membros e, en particular, para loitar contra a delincuencia organizada. Ese era o contexto no que se creou o Sistema de Información Schengen (SIS). O SIS é unha base de datos sofisticada que permite ás autoridades responsables dos Estados Schengen intercambiar datos sobre determinadas categorías de persoas e de bens.

Nos anos anteriores á firma do Tratado de Ámsterdan en 1997, os restantes estados membros da Unión Europea, excepto Reino Unido e Irlanda, asinaron protocolos de adhesión ao Convenio de Schengen: Italia, o 27 de novembro de 1990; España e Portugal, o 25 de xuño de 1991; Grecia, o 6 de novembro de 1992; Austria, o 28 de abril de 1995; e Dinamarca, Finlandia e Suecia, o 19 de decembro de 1996. A República Checa, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta, Polonia, Eslovenia e Eslovaquia sumáronse o 21 de decembro de 2007. Bulgaria, Chipre, Romanía e Croacia, aínda non son membros de pleno dereito do Espazo de Schengen: os controis fronteirizos entre estes países e o Espazo de Schengen manteranse ata que o Consello da UE determine que se cumpren as condicións para suprimilos.

Outros terceiros países, non membros da Unión Europea, asinaron coa UE acordos de adhesión ao Acordo de Schengen: Noruega e Islandia, o 19 de decembro de 1996; Suíza, o 26 de outubro de 2004; e Liechtenstein, o 28 de febreiro de 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Convenio De Schengen HistoriaConvenio De Schengen NotasConvenio De Schengen Véxase taménConvenio De Schengen19851995Espazo SchengenEuropaLuxemburgo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Kevin LoveÁcido palmitoleicoDodecágonoLleidaO Canon da MedicinaAna BucetaCarlos GardelJuan Carlos Rodríguez CebriánDelta do Río das PerlasJohn Horton ConwayCerebrósidoAtaque de denegación de servizoVienaCoraciiformesCobaiaCabassous unicinctusAncaraLista de nomes masculinos en galegoParafiléticoIstambulLista de nomes femininos en galegoAngkor WatGallus gallus domesticusLingua samoanaPobo xudeuMontederramoLingua latinaTeruelEster ExpósitoRoko (actriz)Lance StrollJudy CollinsPobo galegoSábado SantoFauna de GaliciaVocalización das avesWilliam Smith (lexicógrafo)A CoruñaHarry BelafonteKylian MbappéCirrio de chemineaSt. LouisRuth BrownLuca (filme de 2021)Linguas de EuropaCosworthFernando Salgado VarelaEleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016Rakel WinchesterTerreo (xeoloxía)LingüísticaDarío Caramés RuzaGran Premio de España de 2013GuamGlícidoDon't ask, don't tellCobra viperinaBatoideaLesotoInés ArrimadasChadGuitarraTriglicéridoA lei de Lidia PoëtÁcido graxo sintaseTrondheimActinopterygiiMúsica das películas de Chano PiñeiroClanTroitaGetty Thesaurus of Geographic Names1801Sistema Internacional de Unidades🡆 More