Climatoloxía

A climatoloxía é a ciencia que estuda os diferentes climas da Terra e as súas manifestacións.

É a rama da xeografía que se ocupa do estudo do clima e do tempo meteorolóxico. Esta disciplina foi desenvolvida polos xeógrafos dende os seus comezos da xeografía, incluso o pai da Xeografía, Eratóstenes de Cyrene, no seu libro "Geographia" dedica un terzo deste á variación global dos climas. Das condicións atmosféricas dependen moitas actividades humanas, dende a agricultura ata un simple paseo polo campo. Por iso fíxose un esforzo inxente por predicir o tempo tanto a curto como a medio prazo.

Climatoloxía
Clasificación climática de Köppen-Geiger (1980-2016)
Climatoloxía
Mapa da temperatura media anual.

Cando unha comarca, cidade, ladeira etc., ten un clima diferenciado do clima zonal dicimos que é un topoclima, este caracterízase por estar maiormente afectado polo estado local do resto dos factores xeográficos (xeomorfoloxía, hidrografía etc.). Amais, chamamos microclima ó que non ten divisións inferiores, como o que hai nunha habitación, debaixo dunha árbore ou nunha determinada esquina dunha rúa.

O clima tende a ser regular en períodos de tempo moi longos, incluso xeolóxicos, determinando de gran maneira a evolución do ciclo xeográfico dunha rexión, o que permite o desenvolvemento dunha determinada vexetación e un solo perfectamente equilibrado, solos climáticos. Pero, en períodos de tempo xeolóxicos, o clima tamén cambia de forma natural, os tipos de tempo modificanse e pásase dun clima a outro na mesma zona.

Para estudar un clima é necesaria a observación durante un lapso de tempo longo (mínimo quince anos). As observacións de temperatura, precipitacións, humidade e tipo de tempo recóllense nas estacións meteorolóxicas. Con estes datos se elaboran táboas que se expresan en climogramas.

Notas

Véxase tamén


Climatoloxía 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

AgriculturaClimaEratóstenesMeteoroloxíaTerraXeografía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Verbos galegos facer, dicir e haberRevolución dos caraveisCatedral de la Seu d'UrgellProvincia da CoruñaLingua casteláDolores IbárruriCatedral de Santiago de CompostelaLeninismoHeraldo de Galicia (A Habana)Alfabeto galegoAlfonso Basterra CamporroArboRelación sexual humanaCarlos CasaresMoucho comúnAngelina JolieBillardaHoliDjalminhaBóvedaRakel WinchesterXabarín ClubMarie CurieForo (contrato)PaleolíticoWikipediaNoiaEstados Unidos de AméricaXHamsterFalange EspañolaAdolfo GacioAriadna GilTransexualidadeCogomeloGoizuetaPedro MadrugaRamón Otero PedrayoZeca AfonsoSíndrome do aceite tóxicoHTML5Francisco PazosBernardino GrañaLista de nomes femininos en galegoOrraca de Galicia, Castela e LeónVivir sin permisoMasturbaciónManuel MurguíaFrancisco AñónListenbourgXosé Antonio TouriñánElena CandiaCanle (enxeñaría)María Xosé QueizánA ira dos mansosJosé Luis Rodríguez ZapateroJosé Ramón Soraluce BlondPoboMario CaneiroIrúnNervoA EstradaPantera RodríguezMoinanteRamón CamposMartiño de DumioSusana FortesHarry StylesCarlos García BayónAldaoladoRonda de NelleAlejandra MurguíaJosé Valle ArmestoGaliciaPrisciliano🡆 More