Cirrípedes

A dos cirrípedes (Cirripedia) é unha infraclase de crustáceos mariños da clase dos maxilópodos e da subclase dos tecóstracos.

Cirripedia
Cirrípedos
Cirrípedes
Pollicipes pollicipes, un percebe.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Thecostraca
Infraclase: Cirripedia
Burmeister, 1834
Superordes e Ordes
    Véxase o texto
Sinonimia
    Véxase o texto

Os seus membros máis coñecidos son os percebes, pero a clase inclúe outras especies como os arneiros ou o percebe da madeira.

A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).

Taxonomía

Descrición

A infraclase foi descrita en 1834 polo naturalista, Wiki Galegopaleontólogo e Wiki Galegozoólogo alemán nacionalizado arxentino Hermann Burmeister (tamén coñecido como Karl Hermann Konrad Burmeister ou Carlos Germán Conrado Burmeister).

Etimoloxía

O nome científico Cirripedia está formado pola unión dos elementos do latín científico cirr- e -pedia, derivados, respectivamente, do latín cirrus, "rizo", "floco", e a raíz pedi- do xenitivo de pes, pedis, "pé", coa adición do sufixo -a para indicar plural.

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a infrasclase coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[Cómpre referencia]

  • Thyrostraca
  • Cirrhopoda
  • Cirrhipoda
  • Cirrhipedia

Clasificación

Cirrípedes 
Piña de percebes.
Cirrípedes 
Arneiros.
Cirrípedes 
Piña de percebes da madeira sobre a cuncha dun náutilo.

Segundo o WoRMS, a clasificación taxonómica dos cirrípedos é a seguinte:

  • Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834
    • Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905
      • Orde Cryptophialida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009
      • Orde Lithoglyptida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009
    • Superorde Rhizocephala Müller, 1862
      • Orde Akentrogonida Häfele, 1911
      • Orde Kentrogonida Delage, 1884
    • Superorde Thoracica Darwin, 1854
      • Orde Ibliformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Lepadiformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Scalpelliformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Sessilia Buckeridge & Newman, 2006

Porén, o ITIS considera esta outra:

  • Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834
    • Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905
      • Orde Apygophora Berndt, 1907
      • Orde Pygophora Berndt, 1907
    • Superorde Rhizocephala Müller, 1862
      • Orde Akentrogonida Häfele, 1911
      • Orde Kentrogonida Delage, 1884
    • Superorde Thoracica Darwin, 1854
      • Orde Pedunculata Lamarck, 1818
      • Orde Sessilia Lamarck, 1818

Características

Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o substrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos.

Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó substrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcáreas.[Cómpre referencia]

Bioloxía

As larvas son sempre de vida libre, e atravesan por dúas fases larvarias:

  • Como larva nauplius, forma parte do zooplancto, flotando nas augas arrastradas polo vento, as ondas e as correntes mariñas. Aliméntanse activamente e alcanzan o segundo estado ó cabo de dúas semanas.
  • Como larva cipris xa non se alimentan e son nadadoras activas.

Cando a larva cipris atopa un lugar adecuado, fíxase e inicia o proceso de metamorfose, dando lugar a un cirrípedo xuvenil, que posúe unha morfoloxía consistente en seis placas externas a modo de armadura. Durante o resto das súas vidas, os cirrípedos son sésiles e aliméntanse por filtración, grazas ás correntes de auga creadas ó axitar os seus apéndices. Unha vez completada a metamorfose e alcanzada a forma adulta, seguen crecendo pero xa sen sufrir mudas, senón por adición de material á cuberta calcificada.

Como outros invertebrados, os cirrípedos son hermafroditas e alternan o estado masculino e feminino temporalmente. É dicir un mesmo individuo pode ser inicialmente macho e logo femia, ou viceversa.

Algúns cirrípedos, como as especies do xénero Sacculina, son parasitos doutros crustáceos. Outros, como os chamados "amorfos" ou Verrucomorfa son comensalistas e viven sobre as espinas dos ourizos ou sobre a pel das baleas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Cirrípedes TaxonomíaCirrípedes CaracterísticasCirrípedes BioloxíaCirrípedes Galería de imaxesCirrípedes NotasCirrípedes Véxase taménCirrípedesClase (bioloxía)CrustáceosMarMaxilópodosTecóstracos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Shaquille O'NealLista de presidentes da República PortuguesaLingua casteláHTML5Armando RequeixoAranoCandela PeñaPantera RodríguezTristán UlloaAmorodoCarro galegoBubelaLisboaSistema solarWill SmithIsidoro de SevillaBibiana FernándezA HabanaQueiroaNerónJuan Jacobo Durán LorigaDover (banda)Fragas do EumeGuillermo VicenteArredor de siExaculaciónGerardo Pardo de VeraAlcaldes da CoruñaAC-418Deportivo da CoruñaMaría do Socorro Ortega RomeroTarragonaJoe BidenIria MorgadeAC-960Riro KāingaMoucho comúnAlexandra TargaryenVladimir PutinAnxo AngueiraTeléfonoSayenUrueñaLista de filmes con versión en galegoTráfico de influenciasEsther EstévezAntolín FaraldoXosé Antonio TouriñánJavier GutiérrezMads MikkelsenPazo BaiónEstadio Municipal de AnoetaJosé Manuel Rodríguez PuenteCXogo da chaveMustafa Kemal AtatürkPirámide de necesidades de MaslowAnxo QuintanaCayetana Guillén CuervoGacelaLugares de ArteixoShishuo xinyuNacho CastañoDía das Letras GalegasWinston ChurchillSimón BolívarSímbolos de GaliciaReal Academia GalegaCouselo (planta)Pachi VázquezDodroLuka ModrićGoretti SanmartínLos MotoresPablo PicassoHaxix🡆 More