Christine Hakim: Actriz indonesia

Herlina Christine Natalia Hakim, nada en Kuala Tungkal o 25 de decembro de 1956, é unha actriz, produtora e activista indonesia.

Infotaula de personaChristine Hakim
Christine Hakim: Actriz indonesia
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Kuala Tungkal, Indonesia Editar o valor em Wikidata
Embaixadora de Boa Vontade da UNESCO
marzo de 2008 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaIacarta Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeIndonesia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMinangkabau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , produtora , modelo , activista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua indonesia Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0354604 Allocine: 17392 Allmovie: p139840
Facebook: christinehakimfanpage Twitter: HakimChristine Instagram: christinehakimofficial Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Hakim naceu na provincia de Jambi en Sumatra, pero creceu en Yogyakarta. A orixe familiar é diversa, con antepasados procedentes de Padang, Aceh, Banten, Pekalongan, Madiun e o Oriente Medio; esa orixe diversa fixo que de nena e adolescente cuestionase a súa identidade.

Hakim non tiña intención de ser actriz, pero realizaba traballos como modelo e o director Teguh Kary viuna nunha revista e deulle un papel protagonista no filme de 1973 Cinta Pertama. Polo seu traballo na película recibiu un premio Citra á mellor actriz, o que foi determinante para continuar na profesión.

O ano seguinte, Hakim protagonizou outro filme de Karya, Kawin Lari e en 1976 nun filme de Wim Umboh, Sesuatu yang Indah, usou por primeira volta a súa propia voz nun filme; nos filmes anteriores fora Titi Qadarsih quen lle dobrara a voz ao considerarse a súa "dura de máis". En 1977 protagonizou Badai Pasti Berlalu, a película de Karya con máis éxito comercial.

Christine Hakim: Actriz indonesia 
Hakim nunha sinatura de autógrafos en 1982 no Festival do Filme Indonesio

No Festival dos Tres Continentes en novembro de 1983, Hakim presentou 14 filmes indonesios, e ela actuaba na metade deles. Dous anos despois, en 1985, invitárona a acudir ao Festival de Cannes.

En 1988 no filme de Eros Djarot Tjoet Nja' Dhien Hakim interpretou a líder da guerrilla aceh Cut Nyak Dhien e a película revelouna como unha das actrices indonesias máis completas, e a película fíxose co premio ao mellor filme internacional no Festival de Cannes de 1989 e tamén foi a que presentou Indonesia á 62ª edición dos Óscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa aínda que non chegou a ser seleccionada para a final

O seu primeiro traballo como produtora foi o filme Daun di Atas Bantal que tamén protagonizou e que tivo a súa estrea en 1998. Para o filme elixiu un director novo, Garin Nugroho, mais a produción foi laboriosa, xa que nun intento de abaratar os custos do filme Hakim cometeu un erro de principiante, ao non enviarlle ao laboratorio o material ata xuntar un cento de rolos de película o que fixo que non detectaran que a cámara tiña un problema técnico, que podería ser facilmente corrixido de lle enviar os rolos a medida que se ían filmando.

A súa seguinte produción foi a película Pasir Berbisik que tamén protagonizou e que se estreou en 2001, sen máis problemas na produción, e que levou premios no Festival do Cinema Asiático de Deauville e no Festival Internacional de Cinema de Singapur. En 2002 estivo no xurado do Festival de Cannes e en 2005 recibiu un tributo especial durante a cerimonia de apertura do Festival do Cinema Asiático de Deauville.

A súa primeira experiencia en Hollywood foi en 2010 ao interpretar a Wayan, unha vendedora balinesa de jamu (produtos da medicina tradicional) no filme Eat Pray Love que protagonizou Julia Roberts.

Tamén produciu varios documentais, sobre os lugares Patrimonio da Humanidade de Indonesia, sobre o autismo ou sobre o pobo dayak de Kalimantan.

Activismo

A partir dos primeiros anos da década de 2000, Hakim converteuse en activista, en especial no relativo á educación e máis tarde estableceu unha fundación para promover a educación pública sobre o autismo e urxiu ao goberno a eliminar as ideas falsas sobre o autismo e afirmou que o rexetamento a aceptar estudantes autistas nas escolas públicas constituía unha violación dos dereitos humanos. Polo seu activismo no eido da educación en 2008 a UNESCO seleccionouna como embaixadora de boa vontade e como tal meteu presión por reformas educativas no seu país e promoveu a creación de programas de axuda contra das catástrofes no sueste asiático.

Notas

Tags:

195625 de decembroIndonesia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EscáncerBRicardo Carballo CaleroCarolina DariasCopia por contactoPorscheJean-Claude Van DammeMarc MárquezXabier DíazNormativa oficial do galegoJosé Miñones CondePenafielRomán Rodríguez GonzálezCecilia Baena26Xosé Manuel BeirasMalores VillanuevaTCoalaFausto CercignaniIntelixencia artificialCesáreo Sánchez IglesiasHomosexualidadeLaxeRMS TitanicInstituto de Montes do PennBillardaRomaTECOR societarioAcademia Chinesa de Ciencias99Yolanda DíazVoo 498 de CrossairXestaJosé Luis VergaraWilliam JoycePablo DíazIES PerdouroDanza e contradanza de DarboSamuel JuárezLaosConcello de CanedoMasculino e feminino en galegoDaniel de la TorreFTrisónJules VerneAndrea MaceirasExtremo, Arcos de Valdevez2021Ledicia CostasFernando AbreuJaime Alguersuari4FerroFeliciano RolánCangasCarlos PajaresCarbúnculoGrecia antigaJusto González BallestaMiñocaO Castrillón, A CoruñaTomas DeLoreyCastros da provincia de OurensePartido dos Socialistas de GaliciaCastiñeiroNavarraAs bestasFacebookIndiaEspañaXosé Luís Franco GrandeOhrid🡆 More