Chiara Sacchi: Activista climática arxentina

Chiara Sacchi, nada en Buenos Aires en 2002, é unha activista polo clima arxentina.

Infotaula de personaChiara Sacchi
Biografía
Nacemento2002 Editar o valor em Wikidata (21/22 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista climática Editar o valor em Wikidata

Vida persoal

Chiara Sacchi naceu e creceu en Haedo, Buenos Aires, e estudou en Elmina Paz de Gallo, en El Palomar. Segundo unha entrevista realizada por Slow Food, Sacchi creceu nunha contorna familiar na que sempre estivo moi preocupada pola alimentación saudable, e por iso moitas das súas accións como activista polo clima viran ao redor deste tema. Tamén destacou en varios discursos e entrevistas que se viu impulsada a actuar polo cambio climático xa que a aterrorizaban os cambios bruscos de temperatura na súa terra natal.

Activismo

Chiara Sacchi formou parte do histórico movemento "A mocidade contra a crise climática", xunto con Greta Thunberg e outros 16 mozos activistas. Tratábase dunha iniciativa que pedía ao Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas que responsabilizase a Arxentina, Brasil, Francia, Alemaña e Turquía pola súa inacción ante a crise climática. Esta petición foi a primeira denuncia formal presentada por un grupo de nenos menores de 18 anos sobre o cambio climático no marco da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno.

Sacchi participou como activista militante na Rede Slow Food Arxentina, un grupo global que traballa para a protección da biodiversidade e a alimentación boa, limpa e xusta. Con respecto ao activismo relacionado coa alimentación saudable, tamén participou en Terra Madre Salone del Gusto e nas actividades da comunidade Cocina Soberana de Buenos Aires, unha comunidade alimentaria que forma parte do movemento Slow Food en Buenos Aires. Foi unha referencia sobre soberanía alimentaria:

Promovo os principios de Slow Food porque creo que hai outras maneiras de producir comida, que non sexan daniñas coa natureza e as persoas...Os gobernos non só non están a tomar medidas para regular e previr os danos causados polo sistema alimentario, se non que ademais están a permitir que sustancias tóxicas continúen contaminando nosa comida.

Sacchi é tamén unha activista comprometida coa acción climática colectiva:

Todo gran cambio provén das masas, do pobo... Cando falo de saír á rúa, falo de mobilizar, de crear forza colectiva.

Coñecida polo seu lema "Devólvannos o noso futuro", Sacchi forma parte dun crecente movemento xuvenil que promove a equidade interxeneracional na acción climática.

Notas

Tags:

ArxentinaBuenos Aires

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lucas VázquezEmilia Pardo BazánPedro SánchezCristina LosadaSistema solarImmanuel KantErros e TánatosDodroNiloRocco SiffrediJerry Lee LewisAresSobreiraDiego Martínez PenasFentoSéculos EscurosA EstradaRafael LouzánIker CasillasApóutegaTarragonaGondar, SanxenxoWIria Carreira PazosBergantiños Fútbol ClubRede privada virtualPachi VázquezForo (contrato)Lista de programas de Televisión EspañolaMiguel Ángel Zabalza BerazaDistritos de PortugalPartido Nazonalista Republicán de OurenseCharles DarwinPoboBurgosPemento de PadrónTranvía de ZaragozaAsunta Basterra PortoBurroIgnacio Gómez PérezTransexualidadePeneGarcía II de GaliciaPeníscolaCirco de los MuchachosIdade MediaApp Store (iOS)Deportivo da CoruñaRevolución dos caraveisFuga de cerebrosPontevedraBorussia DortmundAntón FraguasMártires de CarralManuel MurguíaGalipediaGuerras púnicasAbegondoSímbolos de GaliciaAndrés PajaresBibiana FernándezBatalla de CacheirasÁrbores senlleiras de GaliciaCarralAntolín FaraldoAlberto FortesFrancisco FrancoOurenseReal Federación Española de FútbolBloque Nacionalista GalegoDaniel de la TorreRúa das Rodas (Santiago de Compostela)María Victoria MorenoAliança CatalanaCantante🡆 More