Celso Dourado: Artista e empresario galego

Celso Dourado, nado en Barreiros en abril de 1960, é un artista e empresario galego.

Infotaula de personaCelso Dourado
Celso Dourado: Desenvolvemento artístico, Exposicións, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Barreiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , artista plástico Editar o valor em Wikidata

Facebook: Eido-Dourado Flickr: eidodourado Editar o valor em Wikidata

Unha experiencia traumática que tivo como consecuencia a amputación de ámbalas dúas mans, marcou a súa vida ós oito anos, deixando unha forte impronta na súa provocadora obra. Fixo estudos de Arte en Madrid, Lugo e A Coruña. Milita no activismo artístico, social e cultural.

Desenvolvemento artístico

Expón con regularidade a partir dos anos 80 e colabora como ilustrador nalgunhas publicacións.

Xunto coa súa compañeira, Tereixa Barcia, ten rexentado o Cámping Gaivota ata a actualidade, en San Miguel de Reinante, e promovido nel diversas actividades artísticas.

A finais do século XX concibiu a idea de Eido Dourado, espazo artístico persoal en San Miguel de Reinante, preto da praia das Catedrais, que abriu as súas portas de 2009 a 2018. As obras de dito espazo estaban realizadas principalmente con materiais de refugallo. Constaba de vivenda, obradoiro e exposición permanente interior e exterior. O espazo foi un dinamizador cultural, usado para actuacións diversas, tendo pasado polo mesmo Mini e Mero, Ugia Pedreira, Comba Campoy ou Miguel de Lira, entre outros. Para Celso, a traxectoria de Eido Dourado foi "moi gratificante" e de "realización persoal", unha tempada da que só lle queda mal sabor de boca dos políticos.

Dende a súa clausura e ata o momento (2022) está a crear outro espazo adicado á arte con museo e multicentro cultural (incluíndo café e sala de exposicións), en Ribadeo.

As características das súas creacións inclúen o uso dunha figuración con partes surrealistas, onde as mans son protagonistas. Predomina a liña fronte á cor, tendo usado técnicas non habituais como o pirogravado ou as “boligrafías” (grafías feitas a bolígrafo), a máis do uso de tinturas, vernices, lapis, cristais ou area. A súa obra pictórica que non está concibida para o simple desfrute, senón que obriga a pensar e a reflexionar até o extremo.

Exposicións

Conxuntas

Proxecto Abertal, Lugo 2008

Retrospectivas

“Arredor do debuxo”, Museo Provincial de Lugo, 2009

Notas

Tags:

Celso Dourado Desenvolvemento artísticoCelso Dourado ExposiciónsCelso Dourado NotasCelso Dourado1960ArtistaBarreiros

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Heraldo de Galicia (A Habana)Charles DarwinEuphoria (serie de televisión)Unión Europea de RadiodifusiónLedicia CostasAustraliaMartiño de DumioCarballo comúnCogomeloLiga Feminina de BaloncestoBloque Nacionalista GalegoGonzalo MellaRebeliom do InframundoJorge PeteiroLola FloresBernardino GrañaGuerras púnicasIasir ArafatLeonardo da VinciRoberto VerinoJerry Lee LewisSunnismoSalgueiroIsaac Díaz PardoIvana BaqueroPornografíaSuleiman IMaría Antonieta de AustriaRamón Alonso MartínezDomingo García-SabellEstragónCampo Municipal de Las LlanasO divino saineteGrupo RompenteLiteratura galega do século XXHTMLMaría a BalteiraXabier FortesO CarballiñoJosé Galera MorenoCIker CasillasMadridSayenTea Rooms. Mujeres obrerasDavid PerdomoManuel FragaKirsten DunstMondraShakiraPalas de ReiManuel Curros EnríquezPenélope CruzA viaxe de ChihiroXHamsterJava (linguaxe de programación)Mela CasalLuar (programa)Cándido Conde-Pumpido Varela1890Clara CampoamorEl laberinto del faunoSonsoles EspinosaCarballoRepública ChecaXulloJosé Castiñeira PardoMartina Aneiros BarrosJosé Ramón Soraluce BlondFragas do EumePorto, PortugalAndoriñaAreso🡆 More