Cabelo Longo

O cabelo longo é un peiteado no que se deixa medrar o pelo ata unha lonxitude considerable.

A percepción do cabelo longo pode cambiar dunha cultura a outra, ou mesmo entre culturas. Por exemplo, unha muller co cabelo longo até o queixo pode considerarse como curto, mentres que un home coa mesma lonxitude considérase como cabelo longo.

Cabelo Longo
Emperatriz Isabel de Wittelsbach (1837-1898) co cabelo longo, retrato de Franz Xaver Winterhalter (1805–1873).

Que os homes leven o cabelo curto é visto por moitas culturas como baixo o control da sociedade, mentres que os que o levan longo considérase como fóra do común. O cabelo longo feminino é visto como un elemento atractivo entre homes e mulleres de moitas culturas. A tricofilia (o fetichismo do cabelo) é común entre o 7% da poboación, e o cabelo moi longo é suxeito da admiración deste grupo de persoas.

Importancia biolóxica

Os humanos (xunto cos cabalos e orangutáns) forman parte das poucas especies que poden deixar medrar o cabelo da testa moi longo. Crese que os humanos perderon a súa peluxe hai 2,5-3 millóns de anos, cando pasaron dun hábitat forestal á sabana aberta, como produto da selección natural. Esta evolución fixo posible correr máis rápido e cazar animais ata a zona do ecuador sen sufrir de exceso de calor. A excepción a esta perdida foi o cabelo da testa, que se mantivo como illante térmico e para protexer o coiro cabeludo da radiación ultravioleta.

A habilidade de medrar do cabelo foi observada en subgrupos de Homo sapiens en rexións menos solleiras, e os científicos determinaron que é resultado da selección sexual, xa que o cabelo san é sinal de fertilidade e xuventude.

Notas

Tags:

CabeloPeiteado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Santoalla do Monte, PetínXosé Luís Méndez FerrínProvincia da CoruñaCastroverdeLugoEucaliptoPGBracara AugustaXoniaDeputación de OurenseRaposo comúnA Pedreira, Leiro, RianxoBorja VereaLuísa MerelasElena CandiaCeutaPortadaA sementeiraJanja Lula da SilvaAtaque EscampeVila de CrucesPimpín comúnMaría José CaldelasRío UrumeaRío MiñoOurense77Juan Carlos Rodríguez Cebrián1Cervo comúnJosé Manuel Baltar BlancoAlejandra SilvaPosición do misioneiro invertidaEduardo PondalMaría Xosé CarideBoyanka Kostova (grupo musical)Real Academia GalegaLago ComoDolores O'RiordanTomás Notario VacasMuiñeiraÁlvaro CunqueiroRequiarioMasculino e feminino en galegoPremios da Cultura GalegaPartido Galeguista (histórico)SubstantivoA CoruñaCarbohidratoLobiosRulaGuarda, PortugalVictoria Álvarez Ruiz de OjedaPremio Antón Losada DiéguezXosé Luís BaltarVómito (grupo musical)Península do BarbanzaLaosXabier DeiveO reino medieval de Galicia na historiografíaCarrizo (paxaro)De catro a catroCarmen Martín GaiteMaría Xosé QueizánBradley CooperFentoCódigo QRManuel LourenzoAs aves na cultura popular galegaA FonsagradaVigoEscáncerGalipediaDonicelaIlves NaisetLista de nomes masculinos en galego🡆 More