O Cádiz CF é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, en Andalucía.
Foi fundado en 1910 e actualmente compite na Primeira División.
Cádiz CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Cádiz Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Piratas Submarino Amarillo | ||
Fundación | 10 de setembro de 1910 (113 anos) | ||
Estadio | Ramón de Carranza, Cádiz, España | ||
Inauguración | 1955 | ||
Capacidade | 25.724 | ||
Propietario | Locos por el Balón, SL | ||
Presidente | Manuel Vizcaíno | ||
Adestrador | Sergio González | ||
Liga | Primeira División | ||
2021–22 | Primeira División, 17.º de 20 | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Vespa | ||
Na rede | |||
Sitio web oficial | |||
| |||
Fundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935-36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.
Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989-90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.
O estadio Ramón de Carranza é o actual estadio do Cádiz. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.
|
|
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cádiz Club de Fútbol, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.