O budismo tibetano é unha forma de budismo da tradición Vajrayana que se orixinou no Tíbet, pero que tamén se practica nas rexións veciñas do Himalaia e en Asia Central.
Deriva das fases finais do budismo na India e conserva o "status quo tántrico da India do século VIII". Estendeuse fóra do Tíbet por mor do poder mongol da dinastía Yuan (1271–1368), fundada por Kublai Khan, que tamén gobernou a China.
O budismo tibetano emprega prácticas tántricas, especialmente o ioga, e aspiran á iluminación ou corpo arco da vella. O budismo tibetano no Tíbet ten catro grandes escolas, chamadas Nyingma, Kagyu, Sakya e Gelug (desenvolvida a partir da Sakya). A Jonang é unha escola menor, e a Rimé é un movemento ecléctico arredor das escolas Sakya, Kagyu e Nyingma. Entre os expoñentes máis importantes do budismo tibetano están o Dalai Lama e o Panchen Lama, os líderes da escola Gelug do Tíbet.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Budismo tibetano, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.