Bernardo Antonio Barreiro de Vázquez Varela, nado en Santiago de Compostela o 21 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1850 Santiago de Compostela, España |
Morte | 27 de novembro de 1904 (54 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , autor , escritor , historiador , arquiveiro |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Fillo dun zapateiro chamado Bernardo Barreiro Borraxeiros, de familia compostelá, e de Florentina Vázquez Penedo, cuxos pais procedían de Nemenzo e de Deixebre, foi o cuarto fillo do matrimonio, sendo bautizado na igrexa de Salomé, na rúa Nova.
Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no Arquivo de Simancas. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Gallego de Buenos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.
Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a Inquisición en Galicia. Foi redactor de La Ilustración Gallega y Asturiana e colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e El Diario de Santiago.
Unha rúa de Santiago ten o seu nome, ó carón do IES do Sar.
Os seguintes textos foron publicados na revista Galicia Diplomática, que dirixía:
Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición, e unha novela titulada Los judíos de Ribadavia, sobre os sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo .
This article uses material from the Wikipedia Galego article Bernardo Barreiro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.