Bares, Mañón: Parroquia civil do concello de Mañón

Santa María de Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor.

No ano 2011 tiña 197 habitantes.

Bares
Bares, Mañón: Historia, Lugares e parroquias, Notas
Igrexa de Santa María
Bares, Mañón: Historia, Lugares e parroquias, Notas
ConcelloMañón
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°46′16″N 7°41′02″O / 43.771111111111, -7.68398388888897°41′02″O / 43.771111111111, -7.6839838888889
Poboación197 hab. (2011)
Entidades de poboación5
editar datos en Wikidata ]

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Historia

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un mosteiro sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias mámoas.

O peirao do porto de Bares, unha gran construción de grandes pelouros coñecida co nome do Coído, pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no noroeste da Península Ibérica, talvez de orixe fenicia[Cómpre referencia]. Moitos expertos, incluíndo Federico Maciñeira e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achados efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao século XIII ou XIV, cando se xeneralizou a caza da balea no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os barcos baleeiros.

Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencente ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 trala caída do pano de aceiro e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.

No alto do monte de Bares hai unha garita de pedra que entraba en comunicación con outras dúas en Espasante e no alto do Ortegal, cumprindo unha misión de vixilancia do territorio. A súa orixe estímase no século XVIII.

Lugares e parroquias

Lugares de Bares

Lugares da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Anido | Campelo | O Faro da Estaca de Bares | O Porto de Bares | A Vila de Bares | Vilela

Parroquias de Mañón

Bares, Mañón: Historia, Lugares e parroquias, Notas 
As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Bares, Mañón HistoriaBares, Mañón Lugares e parroquiasBares, Mañón NotasBares, Mañón Véxase taménBares, MañónMañónRío Sor

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sexo analJoe BidenAmiantoSusana FortesReal Academia GalegaIker MuniainGoretti Sanmartín20 de setembroPaulino PereiroGroenlandiaEspañaAda LovelaceDepartamento de ApurímacGatipedroJesús Hidalgo BermejoNicolás González CasaresCélula amácrina2015José Rodríguez Martínez (médico)ShinovaMonomitoMaría Jesús MonteroElena RivoPaula GodinhoISBNC++Apolonio de AtenasCórdoba, EspañaXosé Manuel PereiroEduardo PondalDía das Letras GalegasPrimeira división española de fútbolDores TembrásDon Quixote da ManchaStellantisJorge Cuña CasasbellasLista de voces dos animaisVincent van GoghTeixugoPartido PopularProvincia da CoruñaBatalla de CovadongaCascudaSabela (Operación Triunfo)ComensalismoEl NiñoSelena GomezCoprofiliaMar MediterráneoIgnacio GarrigaAlexandre o GrandeNomes de fumeThe Good DoctorAlmudena ChacónAguacateOs PinosChachoLingua inglesaO CarballiñoCuntisPere AragonèsHorteláFreixoRenda básica universalArco da vellaRosario DúrcalProxyElvira Fernández BalboaLingua betawiRías Baixas (serie de televisión)BarónDodroEverton F.C.Arte posmoderna🡆 More