A bandeira dos Estados Unidos de América, tamén chamada bandeira americana, consta de 13 barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul no cantón con 50 estrelas brancas.
As 50 estrelas da bandeira representan os 50 estados do país, e as 13 barras representan ás Trece Colonias orixinais que se independizaron do Reino de Gran Bretaña e se converteron nos primeiros estados da Unión. Ten varios alcumes, como "Stars and Stripes" (estrelas e barras), "Old Glory" (vella gloria), e "The Star-Spangled Banner" (A bandeira das estrelas escintilantes).
Bandeira dos Estados Unidos de América | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 10:19 |
Adopción | 4 de xullo de 1960 |
Cores | Azul Branco Vermello |
O deseño da bandeira foi modificado 26 veces de xeito oficial dende 1777. A bandeira con 48 estrelas foi a oficial durante 47 anos até que a versión con 49 estrelas foi adoptada o 4 de xullo de 1959. A bandeira de 50 estrelas foi proposta durante o goberno do Presidente Eisenhower o 21 de agosto de 1959, e foi adoptada en xullo de 1960. Esta última versión é a que máis tempo leva en uso, (63 anos).
No momento da Declaración de Independencia en xullo de 1776, o Congreso Continental non adoptaría bandeiras con "estrelas brancas nun campo azul" até un ano despois. A bandeira coñecida contemporaneamente como "Continental Colors" está considerada historicamente como a primeira bandeira nacional.
O nome de "Grand Union" foi aplicado por vez primeira por George Preble na súa historia da bandeira americana de 1872.
A bandeira aseméllase á da Compañía Británica das Indias Orientais, e Sir Charles Fawcett suxeriu en 1937 que a bandeira da Compañía inspirou o deseño. Ámbalas dúas puideron terse creado engadindo raias brancas á Red Ensign, unha das tres bandeiras marítimas empregadas daquela polo Imperio Británico.
As primeiras bandeiras americana estaban feitas de cáñamo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Bandeira dos Estados Unidos de América, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.